Logo da Universidade da Coruña

Mestrado Universitario en Tecnoloxías de Edificación Sostible

2015/2016 · 90 créditos

Introdución

O estudo está verificado e publicado

Por que estudar a titulación

Porque é imprescindible reelaborar novos paradigmas/principios desde os que propor un salto cualitativo nas estratexias existentes ao redor da edificación.

Porque da mesma forma en que se rexeneran os principios básicos do sector da edificación, a formación dos/as profesionais que interveñen no proceso edificatorio, nomeadamente na dirección de execución do proceso construtivo, debe ser complementada cunha clara orientación cara ao logro da sustentabilidade.

Ese é, precisamente, o obxectivo fundamental do Mestrado: propor, con argumentos, estratexias e instrumentos, a necesaria reconversión do sector da edificación para facer fronte ao reto da sostibilidade, formando os profesionais e desenvolvendo as competencias necesarias para liderar este profundo cambio sectorial.

O Mestrado confórmase como unha oportunidade de formación claramente orientada cara á evolución do sector e capacita, ademais, para o desenvolvemento de actividades de investigación, innovación e transferencia tecnolóxica.

 Folleto informativo

Folla de ruta

Curso de comezo 2012/2013
Data última modificación/verificación ACSUG 08/03/2013
Data autorización Consello Xunta 01/02/2013
Data publicación BOE de carácter oficial 23/04/2013
Data publicación plan estudos BOE 01/01/2032