Logo da Universidade da Coruña

Mestrado Universitario en Enxeñaría Informática

2016/2017 · 90 créditos

Introdución

O Mestrado Universitario en Enxeñaría Informática (MUEI) é un mestrado universitario oficial, de carácter profesionalizante, que culmina o proceso de adaptación da oferta da Facultade de Informática da UDC (FIC) ao EEES e que asegura a adquisición de todas as competencias que debe posuír un titulado superior en Enxeñaría Informática, seguindo as recomendacións que establece o marco profesional. Idiomas: clases en castelán e galego; materiais en inglés, castelán e galego. Máis información: web do MUEI na Facultade de Informática

O estudo está verificado e publicado

 

Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE
Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
1.789€
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE
Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
3.130€
Prazas ofertadas para o curso 2016/2017
30

Por que estudar a titulación

Fundamentalmente por dúas razóns:

  • Para ampliar, actualizar e consolidar coñecementos informáticos multidisciplinares e especializados, tanto no campo da xestión e control, como no das tecnoloxías informáticas.
  • Para ter a oportunidade de adquirir un intenso contacto coa realidade de empresas e institucións grazas ao gran número de conferencias e seminarios que imparten destacados profesionais e á realización de prácticas en empresa, o que axudará a coñecer os problemas que se afrontan no ámbito profesional e o papel que pode achegar na súa solución unha persoa que sexa titulada superior en Enxeñaría Informática.

 Folleto informativo

Folla de ruta

Curso de comezo 2012/2013
Data última modificación/verificación ACSUG 23/03/2015
Data autorización Consello Xunta 01/02/2013
Data publicación autorización DOG 12/02/2013
Data publicación BOE de carácter oficial 23/04/2013
Data publicación plan estudos DOG 08/01/2016
Data publicación plan estudos BOE 04/01/2016