Logo da Universidade da Coruña

Mestrado Universitario en Ciencias, Tecnoloxías e Xestión Ambiental

2017/2018 · 60 créditos

Introdución

O Mestrado Universitario en Ciencias, Tecnoloxías e Xestión Ambiental conta cunha longa traxectoria docente, xa que se imparte na Facultade de Ciencias desde o ano 1991, primeiro como titulación propia da Universidade da Coruña (dentro do Programa Commett da Unión Europea de colaboración entre universidades e empresas), posteriormente, como programa oficial de posgrao e xa como mestrado universitario verificado en 2007. Durante este tempo contou coa colaboración de profesorado, persoal investigador e outro persoal de industrias, universidades e centros de investigación, mantendo unha ampla demanda e unha boa inserción laboral do alumnado egresado. No ano 2012 unificouse co Mestrado Universitario en Química Ambiental e Fundamental da Universidade da Coruña coa finalidade de optimizar recursos humanos e infraestruturas, mais mantendo unha docencia de calidade.

O estudo está verificado e publicado

 

Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE
Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
1.882€
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE
Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
3.481€
Prazas ofertadas para o curso 2017/2018
25

Por que estudar a titulación

O Mestrado Universitario en Ciencias, Tecnoloxías e Xestión Ambiental ofrece unha formación avanzada e interdisciplinar de especialistas con competencias nos ámbitos do medio ambiente e da química a través de dous itinerarios de especialización que o alumno pode elixir en función dos seus intereses, obxectivos e formación previa. Ambos os itinerarios propostos abarcan un enorme mercado económico e laboral con gran demanda de especialistas titulados e posibilidades de emprego, orientado á mellora do sector produtivo, á protección do medio e da saúde, á formación continua de profesionais, entre outros. A especialización obtida no Mestrado mellora as competencias profesionais dos titulados. Todos os alumnos que o cursen deben realizar un traballo de fin de mestrado de tres meses de duración, incluídas as prácticas obrigatorias cunha orientación aplicada de carácter investigador ou profesional. No caso da orientación investigadora desenvólvese baixo a supervisión dun investigador pertencente a un grupo de investigación acreditado, e servirá de iniciación á investigación para aquelas persoas que desexaren continuar co doutoramento. O traballo de fin de mestrado con orientación profesional realízase nunha empresa ou institución pública, onde o alumno ten a oportunidade de aplicar nun ambiente profesional real os conceptos e as habilidades aprendidos. O Mestrado presta especial atención á orientación profesional e dispón de convenios de colaboración para a realización de prácticas externas con numerosas empresas e organismos públicos de distintos ámbitos, o que permite ofrecer ao alumnado unha ampla oferta de prácticas profesionais.

TITULACIÓN INTERNACIONAL

A ligazón para o sitio web da dobre titulación é:

http://rethink.fa.ulisboa.pt/index.php/report-info/workpackage-3/double-degree-agreements

Folla de ruta

Curso de comezo 2012/2013
Data autorización Consello Xunta 08/11/2012
Data publicación autorización DOG 19/11/2012
Data publicación BOE de carácter oficial 23/04/2013
Data publicación plan estudos DOG 26/08/2015
Data publicación plan estudos BOE 18/08/2015