Logo da Universidade da Coruña

Mestrado Universitario en Avogacía

2015/2016 · 90 créditos

Introdución

Coa a nova normativa establecida pola Lei 34/2006, do 30 de outubro, sobre o acceso ás profesións de Avogado e Procurador e polo Real Decreto 775/2011, do 3 de xuño, polo que se aproba o Regulamento da Lei 34/2006 do 30 de outubro, sobre o acceso ás profesións de Avogado e Procurador dos Tribunais, a realización dunha formación previa convértese en requisito obrigatorio para poder desenvolver a profesión de avogado.

Mestrado en Avogacía, que habilita para o acceso á proba de capacitación para obter o título de avogado/a, impártese de forma conxunta entre a UDC e o ICACOR a través da Escola de Práctica Xurídica "Decano Igrexas Corral".

O obxectivo principal do mestrado diríxese a lograr que o estudante obteña as competencias, habilidades e destrezas que lle permitan exercer a profesión de avogado unha vez que supere a proba estatal correspondente. Deste xeito, poderá colexiarse e abrir o oportuno despacho profesional.

O estudo está verificado e publicado

Por que estudar a titulación

A cidade da Coruña e a súa área metropolitana contan cun importante desenvolvemento dos sectores de servizos e industria que precisa de profesionais do mundo da avogacía. Na cidade ten a súa sede o máximo órgano xudicial da Comunidade Autónoma, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, ademais de contarse cun importante número de salas xudiciais tanto de primeira como de segunda instancia.

Asimesmo, na capital herculina aséntase a Delegación do Goberno en Galicia e un bo número de organismos autonómicos, o que determina unha gran relación xurídica coa Administración pública nos seus diferentes ámbitos territoriais. Polo que respecta á iniciativa privada, son especialmente significativas as empresas dedicadas ao mundo da banca e ao sector téxtil, todas elas cunha clara necesidade de contar con gabinetes ou servizos xurídicos.

Este Máster presenta unha orientación laboral ou práctica clara. Ademais, o Máster considera 30 créditos de prácticas externas obrigatorias a desenvolver preferentemente en despachos de avogados, pero tamén noutras institucións de relevo para o que desexe exercer como letrado (principalmente, asesorías xurídicas de empresas privadas ou institucións públicas de ámbito autonómica ou municipal).

 Folleto informativo

Folla de ruta

Curso de comezo 2012/2013
Data última modificación/verificación ACSUG 19/09/2012
Data autorización Consello Xunta 08/11/2012
Data publicación autorización DOG 19/11/2012
Data publicación BOE de carácter oficial 23/04/2013
Data publicación plan estudos BOE 01/01/2032