Logo da Universidade da Coruña

Máster Universitario en Enxeñaría Industrial

2018/2019

Introdución

O Mestrado Universitario en Enxeñaría Industrial, continuación das titulacións oficiais dos graos en Enxeñaría Industrial, proporciona os coñecementos científicos e tecnolóxicos necesarios para acceder aos postos de maior responsabilidade na industria.

Trátase dun título de mestrado oficial cunha orientación profesional e coas competencias que se establecen na Orde CIN/311/2009 (BOE n.º 42, do 18 de febreiro de 2009), polo que habilita para o exercicio da profesión regulada de enxeñeiro/a industrial.

Así mesmo, este mestrado permite entrar en contacto directo cos grupos e programas de investigación que se desenvolven na Escola Politécnica Superior e que teñen a súa continuidade no doutoramento.

O estudo está pendente de verificación

 

Por que estudar a titulación

Unha carreira con futuro... Formamos profesionais altamente cualificados e preparados para acceder a postos de responsabilidade na industria, con multitude de campos de actuación.

Unha profesión fascinante... Este mestrado capacitarate para traballar en diversos sectores ligados ao ámbito da enxeñaría industrial: electricidade, automática e electrónica, mecánica, construción, máquinas, materiais, organización industrial, química e técnicas enerxéticas, entre outros.

Formación práctica en empresas... Poderás realizar prácticas dentro dun amplo abano de empresas concertadas que abranguen practicamente todos os sectores da profesión.

 Folleto informativo