O título de Máster Universitario en Enxeñaría Naval e Oceánica impártese na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) no Campus de Esteiro. A EPEF naceu no ano 2021 como resultado da fusión das dúas escolas de enxeñaría da cidade, a Escola Universitaria Politécnica e a Escola Politécnica Superior, con máis de 50 anos de traxectoria na formación no ámbito da enxeñaría.
Este título proporciona os coñecementos científicos e tecnolóxicos necesarios para acceder a postos de maior responsabilidade na industria mariña, sendo a continuación das titulacións oficiais dos graos en Arquitectura Naval, en Enxeñaría en Propulsión e Servizos do Buque e Enxeñaría Naval e Oceánica.
Trátase dun título de Máster Oficial con orientación profesional coas competencias que se establecen na Orde CIN/354/2009 e, por tanto, habilita para o exercicio da profesión regulada de Enxeñeiro/a Naval e Oceánico.
O máster permite entrar en contacto directo cos grupos e programas de investigación que se desenvolven na EPEF e que teñen a súa continuidade no doutoramento.
O estudo está verificado e publicado
Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE. |
836€ |
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España. |
1.045€ |
Prazas ofertadas para o curso 2024/2025 |
20 |
Unha carreira cun futuro... Formamos profesionais altamente cualificados e preparados para acceder a postos de responsabilidade nun mercado laboral con multitude de campos de actuación.
Unha profesión fascinante... Esta profesión capacitaravos para traballar en sectores ligados ao ámbito da Enxeñaría Naval e Oceánica (proxecto, enxeñaría de fabricación, dirección de obra, inspección técnica, seguridade, salvamento e rescate, apoio loxístico, plans de mantemento, transformacións, reformas e grandes reparacións, xestión de industrias mariñas, etc.) desenvolvéronse, principalmente, sobre os seguintes sistemas tecnolóxicos:
Formación práctica en empresas... Poderedes realizar prácticas dentro dun amplo abano de empresas concertadas que abarcan practicamente todos os sectores da nosa profesión.
Curso de comezo | 2018/2019 |
Data autorización Consello Xunta | 13/06/2018 |
Data publicación autorización DOG | 29/06/2018 |
Data publicación BOE de carácter oficial | 07/09/2018 |
Data publicación plan estudos DOG | 10/11/2020 |
Data publicación plan estudos BOE | 13/11/2020 |