Logo da Universidade da Coruña

Mestrado Universitario en Enxeñaría Naval e Oceánica

2016/2017 · 90 créditos

Introdución

O Mestrado Universitario en Enxeñaría Naval e Oceánica, continuación das titulacións oficiais dos graos en Arquitectura Naval, en Enxeñaría en Propulsión e Servizos do Buque e en Enxeñaría Naval e Oceánica, proporciona os coñecementos científicos e tecnolóxicos necesarios para o acceso aos postos de maior responsabilidade na industria mariña.

Trátase dun título de mestrado oficial cunha orientación profesional e coas competencias que se establecen na Orde CIN/354/2009 (BOE n.º 44, do 20 de febreiro de 2009), polo que habilita para o exercicio da profesión regulada de enxeñeiro/a naval e oceánico/a.

Así mesmo, este mestrado permite entrar en contacto directo cos grupos e programas de investigación que se desenvolven na Escola Politécnica Superior e que teñen a súa continuidade no doutoramento.

O estudo está verificado e pendente de publicación

 

Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE
Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
1.789€
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE
Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
3.130€
Prazas ofertadas para o curso 2016/2017
20

Por que estudar a titulación

Unha carreira con futuro... Formamos profesionais altamente cualificados e preparados para acceder a postos de responsabilidade, con multitude de campos de actuación.

Unha profesión fascinante... Este mestrado capacitarate para traballar en sectores ligados ao ámbito da enxeñaría naval e oceánica (proxecto, enxeñaría de fabricación, dirección de obra, inspección técnica, seguridade, salvamento e rescates, apoio loxístico, plans de mantemento, transformacións, reformas e grandes reparacións, xestión de industrias marítimas etc.) que se desenvolven, principalmente, sobre os seguintes sistemas tecnolóxicos:

  • Buques e embarcacións de todo tipo
  • Plataformas e artefactos flotantes e fixos (diques flotantes, dragas e artefactos auxiliares para a construción e o mantemento de portos e costas, artefactos para a explotación e o aproveitamento de recursos mariños etc.)
  • Tecnoloxía en mar aberto (offshore)
  • Acuicultura e sistemas de pesca
  • Industrias marítimas (estaleiros, navieiras etc.)

Formación práctica en empresas... Poderás realizar prácticas dentro dun amplo abano de empresas concertadas que abranguen practicamente todos os sectores da profesión.

 Folleto informativo

Folla de ruta

Curso de comezo 2014/2015
Data última modificación/verificación ACSUG 09/01/2013
Data autorización Consello Xunta 01/02/2013
Data publicación autorización DOG 12/02/2013
Data publicación BOE de carácter oficial 23/04/2013