Logo da Universidade da Coruña

Mestrado Universitario en Materiais Complexos: Análise Térmica e Reoloxía

2017/2018 · 60 créditos

Introdución

O Mestrado Universitario en Materiais Complexos: Análise Térmica e Reoloxía é unha titulación dupla(obtense un título en Francia e outro en España) nunha temática con presente e futuro: os materiais complexos.

Este mestrado duplo dá a oportunidade de poder estudar na Universidade da Coruña e a prestixiosa Université Paris Diderot (pertencente á Sorbonne Paris Cité), con acceso aos seus laboratorios e con prácticas remuneradas en empresas francesas.

Os materiais complexos abranguen os nanomateriais, polímeros, metamateriais etc. con aplicacións en biomedicina, nanotecnoloxía, cosmética, farmacia, alimentación, enxeñaría civil... Un dos piares do avance tecnolóxico actual é o desenvolvemento de novos materiais. Os materiais complexos constitúen un campo emerxente en que as grandes compañías necesitan profesionais altamente especializados.

O estudo está verificado e publicado

 

Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE
Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
1.882€
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE
Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
3.481€
Prazas ofertadas para o curso 2017/2018
20

Por que estudar a titulación

O Mestrado Universitario en Materiais Complexos: Análise Térmica e Reoloxía proporciona:

  • Formación práctica e altamente especializada nos materiais complexos e as principais técnicas de investigación asociadas a estes materiais.
  • Formación en técnicas avanzadas con base na gran variedade de equipamento científico das universidades participantes e un profesorado con experiencia investigadora contrastada.
  • Experiencia internacional, ao se desenvolver nas dúas universidades asociadas (Université Paris 7-Paris Diderot e Universidade da Coruña).
  • Prácticas remuneradas. A maiores, o Traballo de Fin de Mestrado pode levarse a cabo en empresas españolas e francesas, así como na Universidade de Oregón (EUA).
  • Dous títulos de mestrado, un en “Materiais complexos: análise térmica e reoloxía” pola UDC e outro en “Physique de la matière molle” pola Université Paris Diderot.
  • Apertura ao mercado laboral europeo e americano (EUA).

 Folleto informativo

Folla de ruta

Curso de comezo 2013/2014
Data autorización Consello Xunta 06/06/2013
Data publicación autorización DOG 18/06/2013
Data publicación BOE de carácter oficial 15/11/2013
Data publicación plan estudos DOG 28/04/2014
Data publicación plan estudos BOE 09/04/2014