Logo da Universidade da Coruña

Mestrado Universitario en Banca e Finanzas

2016/2017 · 60 créditos

Introdución

A UDC presenta o Mestrado Universitario en Banca e Finanzas da UDC con validez en todo o territorio español. O programa estrutúrase nun curso de 60 créditos ECTS , en que todas as materias son cuadrimestrais. O obxectivo xeral do Mestrado en Banca e Finanzas é proporcionar unha formación académica avanzada no ámbito financeiro que lles permita aos estudantes converterse en futuros profesionais polivalentes con elevada cualificación técnica e capacidade de xestión. Tamén se persegue que sexan capaces de aplicar os coñecementos á práctica cun espírito crítico e creativo, e que, a través do estímulo da cultura do risco e a iniciativa nas ideas e os razoamentos, consigan adaptarse no futuro dun xeito flexible a novas situacións; esixencia esta ineludible no contorno empresarial actual, complexo e permanentemente cambiante.

O estudo está verificado e publicado

O estudo renovou a sua acreditación o mércores, 11 de marzo de 2015.

Por que estudar a titulación

O Mestrado en Banca e Finanzas é un completo programa que persegue proporcionar unha formación financeira avanzada e actual concibida para satisfacer a demanda dun sector esixente e en continua expansión.

Con este mestrado facilítase a inserción laboral dos estudantes, ao formalos e adestralos para que se convertan en profesionais polivalentes con capacidade de xestión e elevada cualificación técnica.

 Folleto informativo

Folla de ruta

Curso de comezo 2009/2010
Data última modificación/verificación ACSUG 29/07/2009
Data autorización Consello Xunta 13/03/2008
Data publicación autorización DOG 28/03/2008
Data publicación BOE de carácter oficial 11/05/2011
Data publicación plan estudos BOE 18/01/2012