Logo da Universidade da Coruña

Mestrado Universitario en Matemática Industrial

2015/2016 · 90 créditos

Introdución

O Máster interuniversitario de Matemática Industrial (M2i) está organizado polas tres universidades galegas, xunto coas universidades Carlos III e Politécnica de Madrid.

Consta das especialidades de Modelización Matemática e Simulación Numérica. O título obtense tras superar 90 créditos, dos cales 30 corresponden ao proxecto de Máster, que se desenvolve en colaboración cunha empresa.

Información actualizada na Web do M2i

O estudo está verificado e pendente de publicación

Por que estudar a titulación

As necesidades de formación a nivel de máster de profesionais en Matemática Industrial están postas de manifesto tanto pola UE coma pola OCDE no seu documento Global Science Forum. Report on Mathematics in Industry

O interese científico/tecnolóxico de Máster en Matemática Industrial apóiase en tres piares:

1. Ampliar a capacidade analítica e os coñecementos dos estudantes que conformarán os equipos de investigación e profesionais futuros.

2. Proporcionar habilidades concretas no relativo ao deseño, construción e manexo de software específico dun dos sectores industriais polo menos.

3. Introducir os estudantes nos temas de investigación e desenvolvemento relacionados coas materias que conforman o presente programa.

 Folleto informativo