Logo da Universidade da Coruña

Mestrado Universitario en Asesoramento Xurídico Empresarial

2016/2017 · 90 créditos

Introdución

A formación do alumnado do Mestrado en Asesoramento Xurídico Empresarial (MAXE) estará dirixida a afondar nas materias relevantes no ámbito empresarial e no coñecemento de novos recursos, xurídicos e doutro tipo, que permitan afrontar con seguranza a multitude de situacións diversas. Os contidos formativos estarán adaptados aos conflitos e necesidades xurídicas propias da empresa, adquirindo as habilidades necesarias para poder actuar de modo autónomo nun ámbito complexo ou descoñecido.

O estudo está pendente de verificación

O estudo renovou a sua acreditación o xoves, 30 de abril de 2015.

 

Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE
Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
1.297€
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE
Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
2.269€
Prazas ofertadas para o curso 2016/2017
35

Por que estudar a titulación

Folla de ruta

Data última modificación/verificación ACSUG 29/07/2009
Data publicación BOE de carácter oficial 26/02/2010