Logo da Universidade da Coruña

Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada

2017/2018 · 60 créditos

Introdución

O Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada permite que os estudantes adquiran e/ou reforcen unha formación lingüística avanzada e se especialicen nun dos bloques temáticos de carácter esencialmente aplicado nos cales están agrupados as materias optativas:

  • Adquisición e ensino de linguas
    • Lingüística aplicada á adquisición de linguas
    • Ensino de segundas linguas
    • Lingua de signos española
  • Comunicación e recursos lingüísticos
    • Linguas e tecnoloxías
    • Comunicación profesional
    • Mediación e planificación
  • Léxico, gramática e variación
    • O universo do léxico
    • Semántica, gramática e pragmática
    • Lingüística contrastiva e variación

O estudo está verificado e publicado

 

Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE
Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
1.297€
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE
Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
2.399€
Prazas ofertadas para o curso 2017/2018
10

Por que estudar a titulación

  • Permite afondar na lingüística aplicada e na súa relación cos problemas sociais máis relevantes: educación, aplicacións dixitais, cambios socio-políticos, plurilingüismo, medios de comunicación, comunicación multimodal etc.
  • Proporciona os fundamentos teórico-metodolóxicos e críticos para iniciarse na investigación, desde unha perspectiva interdisciplinar.
  • Prepara o alumnado para saber actuar en contornos profesionais multidisciplinares e diversificados.
  • Conta cun profesorado altamente cualificado e profesorado convidado de recoñecido prestixio.
  • Oferta prácticas en empresas, institucións públicas e ONGs.
  • Posibilita a matrícula a tempo completo ou parcial, e validación de materias cursadas previamente nas condicións estipuladas polas universidades responsables.

 Folleto informativo

Este estudo é interuniversitario, ademais da Universidade da Coruña , participan na súa docencia as seguintes universidades:

  • Universidade de Santiago de Compostela
  • Universidade de Vigo

Folla de ruta

Curso de comezo 2013/2014
Data última modificación/verificación ACSUG 25/09/2013
Data autorización Consello Xunta 05/12/2013
Data publicación autorización DOG 21/12/2012
Data publicación BOE de carácter oficial 11/03/2014
Data publicación plan estudos BOE 16/04/2014