Logo da Universidade da Coruña

Mestrado Universitario en Bioloxía Molecular, Celular e Xenética

2016/2017

Introdución

O Mestrado proporciona unha formación académica que permite unha especialización, logo de obter a correspondiente titulación de acceso da rama de ciencias experimentais ou das ciencias da saúde. No ámbito científico o alumnado que curse este mestrado estará capacitado para traballar en laboratorios de investigación de orientación celular, molecular ou xenética. Poderá tamén proseguir a formación investigadora e realizar unha tese de doutoramento. No ámbito profesional preténdese a formación de especialistas que poidan optar con vantaxe a postos de traballo nos distintos sectores I+D+i: clínicos e bioindustriais, e tamén no ensino superior e na Administración pública. O Mestrado pode servir, ademáis, á formación continuada de profesionais en activo, tanto dos distintos sectores industriáis como do ensino e da Administración pública. Pode cursarse en modalidade presencial ou semipresencial. Información: http://ciencias.udc.es/

O estudo está verificado e publicado

O estudo renovou a sua acreditación o mércores, 03 de xuño de 2015.

 

Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE
Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
1.882€
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE
Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
3.293€
Prazas ofertadas para o curso 2016/2017
25

Por que estudar a titulación

O Mestrado responde a necesidade de ofrecer formación de calidade para os futuros profesionais da Bioloxía Molecular Celular e Xenética. Se tés interese polo apaixonante mundo da Bioloxía Fundamental en calquera das súas facetas (Molecular/ Celular/ Xenética) este mestrado proporcionarache unha base sólida para te enfrontares ao mundo profesional, académico-investigador.

O enlace coa información detallada sobre o mestrado está en: http://ciencias.udc.es/"

TITULACIÓN INTERNACIONAL

Desde o curso de 2014-15, os estudantes da Universidade da Coruña e os da Universidade de Palermo que cursen o Mestrado na UDC (60 ECTS) ou na Universidade de Palermo (Master of Science (MSc) in Cellular and Molecular Biology. 120 ECTS), segundo un currículo específico, poden obter un grao dobre en dous anos lectivos. Hai bolsas de estudo Erasmus específicas para estudos no estranxeiro, no marco deste acordo. Para os alumnos que aceden desde un grao de 180 ECTS, o grao dobre permítelles acadar os 120 créditos ECTS necesarios para acceder ao doutoramento.

A ligazón para o sitio web de estudos Palermo é http://portale.unipa.it/dipartimenti/stebicef/cds/biologiacellulareemolecolare2008/English-Version/Presentation/

Folla de ruta

Curso de comezo 2009/2010
Data última modificación/verificación ACSUG 06/07/2009
Data autorización Consello Xunta 03/12/2009
Data publicación autorización DOG 15/12/2009
Data publicación BOE de carácter oficial 16/12/2010
Data publicación plan estudos BOE 19/12/2011