Logo da Universidade da Coruña

Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas. Especialidade en Artes (Artes Plásticas e Visuais).

2017/2018

Introdución

O Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas é un título da Facultade de Ciencias da Educación pertencente á área das Ciencias Sociais e Xurídicas que conta con 60 créditos ECTS teórico-prácticos distribuídos da seguinte maneira: módulo xenérico, 16 créditos; módulo específico, 26 créditos; Prácticum e Traballo de Fin de Mestrado, 18 créditos.

O módulo xenérico é común para todo o estudantado matriculado e ten carácter presencial obrigatorio. No tocante ao módulo específico e o prácticum, son distintos en función das peculiaridades de cada itinerario ou especialidade. O Prácticum ten tamén carácter presencial e desenvólvese nos centros de educación secundaria que se sinalaren por convenio coa Xunta de Galicia.

O estudo está verificado e publicado

O estudo renovou a sua acreditación o mércores, 03 de xuño de 2015.

 

Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE
Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
1.215€
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE
Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
2.248€
Prazas ofertadas para o curso 2017/2018
15

Por que estudar a titulación

Este mestrado habilita para o exercicio da docencia e é requisito específico para o ingreso nos corpos de profesorado de ensino secundario, profesorado técnico de formación profesional, profesorado de música e artes escénicas, profesorado de artes plásticas e deseño, mestres de taller de artes plásticas e deseño e profesorado de escolas oficiais de idiomas.

 Folleto informativo

Folla de ruta

Data publicación plan estudos BOE 26/02/2010