Grao en Arquitectura Técnica

2025/2026 · 240 créditos

Introdución

O Grao en Arquitectura Técnica habilita para o exercicio da profesión regulada de Arquitecto Técnico. Impártese na Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da Coruña, e é o único grao destas características que se imparte en Galicia. 

A duración dos estudos é de catro anos, con modalidade presencial. A docencia sedesenvolve nos idiomas oficiais da Universidade da Coruña: castelán e/ou galego.

O estudo está verificado e publicado

 

Prazas ofertadas para o curso 2025/2026
50

Por que estudar a titulación

Este grao ten numerosas saídas profesionais, non só no territorio español senón tamén no ámbito internacional.

Unha parte da reactivación da nosa economía pasa pola rehabilitación do patrimonio arquitectónico existente e a creación de edificacións de obra nova eficientes, o que fai necesaria a formación de profesionais ben capacitados para exerceren como técnicos e dirixentes do proceso edificatorio.

A edificación, en todas as súas vertentes, absorbe gran parte de man de obra de técnicos e traballadores, tanto en empresas construtoras de calquera tamaño, como en empresas de industrias auxiliares.

 Folleto informativo

Folla de ruta

Curso de comezo 2020/2021
Data última modificación/verificación ACSUG 18/05/2020
Data autorización Consello Xunta 19/06/2020
Data publicación autorización DOG 01/07/2020
Data publicación BOE de carácter oficial 17/09/2020
Data publicación plan estudos DOG 01/06/2021
Data publicación plan estudos BOE 29/05/2021