Logo da Universidade da Coruña

Programa Oficial de Doutoramento en Saúde, Discapacidade, Dependencia e Benestar

2016/2017

Garantía de calidade

A EIUDC dispón dun Sistema de Garantía Interna de Calidade (SGIC), de acordo cos Criterios e Directrices de Garantía de Calidade do EEES, aplicable a todos os programas de doutoramento verificados de acordo co Real Decreto 99/2011 impartidos na UDC. Se precisas máis información, podes consultar a documentación relativa ao SGIC da EIDUDC (Normativa para a implantación e o desenvolvemento do SGIC da EIDUDC nos programas oficiais de doutoramento verificados polo RD 99/2011; Manual do SGIC da EIDUDC; e Procedementos do SGIC da EIDUDC).

Os procedementos do SGIC establecen quen e como debe realizar o seguimento e a supervisión dos resultados e do proceso de aprendizaxe do estudante na titulación, establecendo os órganos e mecanismos de coordinación, avaliación e mellora continua dos estudos, que son:

Comisión Académica do Programa de Doutoramento: é o órgano colexiado responsable da coordinación académica dos programas de doutoramento. Toma as decisións académicas relativas ao título e os seus estudantes. Establece as directrices e o marco de actuación do/a coordinador/a do título e de todas as persoas implicadas na titulación. Todos os programas de doutoramento verificados de acordo co Real Decreto 99/2011 e impartidos na UDC, incluídos os programas interuniversitarios non coordinados pola UDC, dispoñen dun coordinador do programa na UDC.

Comisión da Garantía de Calidade (CGC) da EIDUDC: é o órgano que participa nas tarefas de planificación e de seguimento do SGIC e dos títulos do centro, actuando ademais como un dos vehículos de comunicación interna da política, os obxectivos, os plans, os programas e as responsabilidades do centro. É a responsable de realizar os informes anuais de seguimento. Esta función é asumida pola Comisión Permanente da EIUDC.

Resultados

O Sistema de Garantía Interna da Calidade (SGIC) da EIDUDC establece o modo no que as Comisións Académicas dos programas de doutoramento que se imparten na UDC miden e analizan os resultados da aprendizaxe. Para iso, o SGIC utiliza taxas e indicadores globais que permiten avaliar cada curso académico a calidade da formación. Inclúense entre os resultado obtidos o número de teses defendidas e as que recibiron a mención internacional, e as taxas de éxito (número de teses realizadas en 3 ou 4 anos), de graduación e de abandono e duración media da tese de doutoramento.

Asegurando a calidade

Para asegurar que o título se desenvolve de acordo coa memoria de verificación presentada o centro realiza anualmente un informe de seguimento de acordo cos procedementos do SGIC do centro e os resultados obtidos. Este informe é revisado por a ACSUG, axencia externa de avaliación.

Do resultado desta análise desprenderanse as accións correctivas e propostas de mellora que permitan alcanzar os obxectivos previstos e a mellora da titulación.

Comisións

Para garantir a calidade, crearase unha comisión de xestión académica específica do programa.

Indicadores de seguemento

Periodo Valor
Prazas ofertadas
Número de prazas para estudantes de novo ingreso no doutoramento
2015/2016 10
Demanda
Número de persoas solicitantes de admisión no doutoramento
2015/2016 21
Matrícula de novo ingreso
Número de alumnos matriculados por primeira vez no doutoramento
2015/2016 15
Matrícula de novo ingreso por adaptación
Número de alumnos matriculados por primeira vez no programa e que proveñan doutros estudos de doutoramento en extinción
2015/2016 7
Matrícula total
Número total de estudantes matriculados no curso
2015/2016 15
Matrícula de novo ingreso procedentes de outras universidades
Número de alumnos matriculados por primeira vez no programa procedentes doutras universidades
2015/2016 20
Porcentaxe de estudantes estranxeiros
Relación entre o número de estudantes estranxeiros matriculados e o número total de estudantes matriculados no programa
2015/2016 0
Porcentaxe de matriculados a tempo completo
Relación entre o número de estudantes matriculados con dedicación completa e o número total de estudantes matriculados no programa
2015/2016 73,33
Porcentaxe de matriculados a tempo parcial
Relación entre o número de estudantes matriculados con dedicación parcial e o número total de estudantes matriculados no programa
2015/2016 20
Porcentaxe de matriculados a tempo mixto
Relación entre o número de estudantes matriculados con dedicación mixta e o número total de estudantes matriculados no programa
2015/2016 6,67
Porcentaxe de alumnos con estadías aprobadas pola CAPD (Saíntes)
Relación entre o número de estudantes matriculados que fixeron estadías de investigación aprobadas pola CAPD (alumnos saíntes) e o número total de estudantes matriculados no programa
2015/2016 0
Total de alumnos con estadías aprobadas pola CAPD na UDC (Entrantes)
Número de alumnos que fixeron estadías de investigación na universidade aprobadas pola CAPD (alumnos entrantes)
2015/2016 0
Porcentaxe de estudantes con bolsa ou contrato predoutoral
Relación entre o número de estudantes matriculados que gozan dunha bolsa ou contrato predoutoral e o número total de estudantes matriculados no programa
2015/2016 0
Porcentaxe de teses defendidas en réxime de codirección
Relación entre o número de teses defendidas por alumnos do programa que tiveron varios directores e o número total de tesis defendidas no programa
2015/2016 n/a
Número de teses defendidas
Número total de teses defendidas vencelladas ao programa
2015/2016 0
Porcentaxe de teses realizadas a tempo completo
Relación entre o número total de tesis defendidas por alumnos con dedicación completa e o número total de tesis vencelladas ao programa
2015/2016 0
Porcentaxe de teses realizadas a tempo parcial
Relación entre o número total de tesis defendidas por alumnos con dedicación parcial e o número total de tesis vencelladas ao programa
2015/2016 0
Porcentaxe de teses realizadas a tempo mixta
Relación entre o número total de tesis defendidas por alumnos con dedicación mixta e o número total de tesis vencelladas ao programa
2015/2016 0
Duración media dos estudos a tempo completo
Duración media dos estudos para os alumnos con dedicación completa que defenderon tese (en días)
2015/2016 n/a
Duración media dos estudos a tempo parcial
Duración media dos estudos para os alumnos con dedicación parcial que defenderon tese (en días)
2015/2016 n/a
Duración media dos estudos a tempo mixto
Duración media dos estudos para os alumnos con dedicación mixta que defenderon tese (en días)
2015/2016 n/a
Taxa de éxito. Porcentaxe de doutorandos que defenderon a súa tese sen pedir prórroga
Relación entre o número de doutorandos que defenderon a súa tese sen pedir prórroga e o número total de teses defendidas vencelladas ao programa
2015/2016 n/a
Taxa de éxito. Porcentaxe de doutorandos que defenderon a súa tese despois da primeira prórroga
Relación entre o número de doutorandos que defenderon a súa tese despois de pedir a primeira prórroga e o número total de teses defendidas vencelladas ao programa
2015/2016 n/a
Taxa de éxito. Porcentaxe de doutorandos que defenderon a súa tese despois da segunda prórroga
Relación entre o número de doutorandos que defenderon a súa tese despois de pedir a segunda prórroga e o número total de teses defendidas vencelladas ao programa
2015/2016 n/a
Porcentaxe de teses"cum laude"
Relación entre o número de teses defendidas vencelladas ao programa que obtiveron a calificación "cum laude" e o número total de teses defendidas vencelladas ao programa
2015/2016 n/a
Porcentaxe de teses con mención internacional
Relación entre o número de teses defendidas vencelladas ao programa con mención internacional e o número total de teses defendidas vencelladas ao programa
2015/2016 n/a

Oferta de prazas

curso 2015/2016
Oferta xeral 10