Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática

2019/2020 · 240 créditos

Que se aprende

Estudarás en primeiro lugar a base científica e técnica común a todo enxeñeiro, para continuar con coñecementos da rama industrial; finalmente, cursarás as materias da especialidade de electrónica industrial e automática. En optatividade, ademais de elixir Prácticas en Empresa ou Prevención de Riscos Laborais, poderás optar por unha intensificación en Industria 4.0 con materias de plena actualidade como: Fabricación aditiva, Realidade aumentada e simulación de procesos, Internet das cousas (IoT), Robótica, Big Data e Análise de Datos ou outra na que afondarás en Robótica, Electrónica e Control: BIM e edificios intelixentes, Robótica Industrial, Control Avanzado, Control Intelixente e Sistemas de Supervisión e Deseño de Equipos Electrónicos.

Competencias completas do estudo

Saídas profesionais e académicas

Contorno profesional no que se sitúa

Podemos atopar enxeñeiros en sectores tan diversos como o sanitario, servizos, docente, xestión, I+D+I, produción ou administracións públicas.

Adquirirás coñecementos e saber facer que te permitirán acceder a postos de traballo e perfís moi variados como poden ser: proxectos e dirección de obra, mantemento, organización industrial e da produción, asistencia técnica e/o comercial, xestión de compras e aprovisionamentos, calidade e medio ambiente, asesoría e consultoría, seguridade e saúde, ou Investigación Desenvolvemento e Innovación.

Saídas profesionais e académicas

Os graduados en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática poden exercer a profesión de Enxeñeiro Técnico Industrial, tanto no ámbito da Administración e Organismos Públicos (incluíndo a docencia), como no da empresa privada, ou ben exercela como profesional libre en calquera sector da industria.

Traballarás en:

Sistemas electrónicos industriais...

  • Automatización de procesos, visualización e control de plantas industriais...
  • Robótica, informática industrial...
  • Xestión electrónica da enerxía, domótica...
  • Tecnoloxías habilitantes da Industria 4.0

Empresas e institucións colaboradoras

A Escola Universitaria Politécnica dispón de convenios de colaboración educativa con máis de 80 empresas, entre as que se atopan: ALCOA, ENDESA GENERACIÓN S.A., FERROVIAL, GAMESA, GAS NATURAL SDG S.A., NAVANTIA, RED ELÉCTRICA, REGANOSA…

Planificación do ensino

Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

Estrutura do estudo

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Cálculo Formación básica 6 ECTS
Física I Formación básica 6 ECTS
Química Formación básica 6 ECTS
Expresión Gráfica Formación básica 6 ECTS
Xestión Empresarial Formación básica 6 ECTS
Informática Formación básica 6 ECTS
Álxebra Formación básica 6 ECTS
Física II Formación básica 6 ECTS
Estatística Formación básica 6 ECTS
Ciencia de Materiais Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Ecuacións Diferenciais Formación básica 6 ECTS
Termodinámica Obrigatorio 6 ECTS
Fundamentos de Electricidade Obrigatorio 6 ECTS
Enxeñaría Medioambiental Obrigatorio 6 ECTS
Teoría de Máquinas Obrigatorio 6 ECTS
Tecnoloxías de Fabricación Obrigatorio 6 ECTS
Mecánica de Fluídos Obrigatorio 6 ECTS
Fundamentos de Automática Obrigatorio 6 ECTS
Fundamentos de Electrónica Obrigatorio 6 ECTS
Resistencia de Materiais Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Sistemas Eléctricos Obrigatorio 6 ECTS
Electrónica Analóxica Obrigatorio 6 ECTS
Electrónica Dixital Obrigatorio 6 ECTS
Automatización I Obrigatorio 6 ECTS
Informática Industrial Obrigatorio 6 ECTS
Enerxías Renovables Con restriccións Optativo 6 ECTS
Sistemas Dixitais I Obrigatorio 6 ECTS
Instrumentación Electrónica I Obrigatorio 6 ECTS
Enxeñaría de Control Obrigatorio 6 ECTS
Debuxo Industrial e CAD Con restriccións Optativo 6 ECTS
Mantemento Industrial Con restriccións Optativo 6 ECTS
Instalacións Eléctricas e Industriais Con restriccións Optativo 6 ECTS
Polímeros en Electrónica Con restriccións Optativo 6 ECTS
Robótica Industrial Optativo 6 ECTS
Fabricación Aditiva Optativo 6 ECTS
Realidade Aumentada e Simulación de Procesos Optativo 6 ECTS
BIM e Edificios Intelixentes Optativo 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Sistemas Dixitais II Obrigatorio 6 ECTS
Oficina Técnica Obrigatorio 6 ECTS
Electrónica de Potencia Obrigatorio 6 ECTS
Automatización II Obrigatorio 6 ECTS
Organización de Empresas Obrigatorio 6 ECTS
Instrumentación Electrónica II Con restriccións Optativo 6 ECTS
Deseño de Equipos Electrónicos Optativo 6 ECTS
Robótica Industrial Con restriccións Optativo 6 ECTS
Control Avanzado Optativo 6 ECTS
Sistemas de Control Intelixente Optativo 6 ECTS
Diagnóstico e Supervisión de Sistemas Optativo 6 ECTS
Traballo Fin de Grao Obrigatorio 12 ECTS

 BOE co plan de estudos (PDF)

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo de docentes dos departamentos de: Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información, Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña, Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e Aeronáuticas, Economía, Empresa, Enxeñaría de Computadores, Enxeñaría Industrial, Enxeñaría Naval e Industrial, Física e Ciencias da Terra, Matemáticas e Química.

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.

Accións concretas do centro

A Escola mantén convenios de intercambio con universidades e institucións de educación superior de toda Europa. Cada ano publícanse varias convocatorias de mobilidade para que poidas cursar parte dos teus estudos nunha delas, obtendo pleno recoñecemento académico no teu expediente.