Logo da Universidade da Coruña

Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática

2015/2016 · 240 créditos

Que se aprende

Estudarás en primeiro lugar a base científica e técnica común a todo enxeñeiro, para continuar con coñecementos da rama industrial; finalmente, cursarás as materias da especialidade de electrónica industrial e automática.

Competencias completas do estudo

Saídas profesionais e académicas

Os graduados en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática poden exercer a profesión de Enxeñeiro Técnico Industrial, tanto no ámbito da Administración e Organismos Públicos (incluíndo a docencia), como no da empresa privada, ou ben exercela como profesional libre en calquera sector da industria.

A actividade profesional céntrase frecuentemente na elaboración de proxectos eléctricos, electrónicos ou de automatización, no control electrónico de máquinas ou procesos ou ben dalgún dos seus compoñentes, no desenvolvemento de novos produtos e mantemento de instalacións industriais, etc.

Continuación de estudos:

  • Permite o acceso directo ao Mestrado de Enxeñaría Industrial, segundo a Orde CIN/311/2009, que habilita para a profesión regulada de Enxeñeiro Industrial.
  • Outros Mestrados de especialización.

Contorno profesional no que se sitúa

Podemos atopar Enxeñeiros en sectores tan diversos como o sanitario, servizos, docente, xestión, I+D+i, produción ou administracións públicas.

Os seus coñecementos e saber facer permítenlle acceder a postos de traballo e perfís moi variados como poden ser: proxectos e dirección de obra, mantemento, organización industrial e da produción, asistencia técnica e/ou comercial, xestión de compras e aprovisionamentos, calidade e medio ambiente, asesoría e consultoría, seguridade e saúde, ou Investigación, Desenvolvemento e Investigación.

Empresas e institucións colaboradoras

Ao cursar os estudos, o alumno ten a posibilidade de realizar prácticas en empresa durante os meses de verán ou mesmo compaxinando estas con os estudos.

A Escola Universitaria Politécnica dispón de numerosos convenios activos para a realización de prácticas como:

  • Aldesa Ingeniería y Servicios S.A.
  • Altenex, Equipos y Servicios Energéticos S.L.
  • Alumina Española S.A.
  • ARA SOLUTIONS, S.L.
  • Applus Norcontrol S.L.U.
  • Elecnor S.A.
  • Electrónica y Comunicaciones del Noroeste S.L.
  • Elpe Sistemas S.L.
  • Endesa Energía S.A.U.
  • Etiem Textil S.L.
  • Feriraco S. Coop. Galega
  • Ferroatlantica S.A.U.
  • Frimarte S.L.
  • Fundación Galicia Innova
  • Gas Natural SDG S.A.
  • GT Motive S.L.
  • Hallman Energy
  • ICOEUME Instalaciones y Comunicaciones del Eume S.L.
  • ISOWAT Electric Engineering S.L.
  • Kilovatio Galicia S.A.U.
  • Marem Servicios de Ingeniería S.L.
  • Narontec Gestión S.L.
  • Navantia S.A.
  • Norinver Montajes e Ingeniería S.L.
  • PROA Gestión Integral S.L.
  • Red Electríca de España S.A.U.
  • SEMI S.A.
  • Sergas
  • Siemsa Industria S.A.
  • SMG IBERIA S.L.
  • Soluciones de Gestión Productiva S.L.U.
  • STE Galicia S.C.
  • Técnica 4 Ingeniería y Montajes S.L.U.
  • Teshire Com S.L.
  • Tetrain Ingeniería S.L.P.
  • Tuimil Electricidad S.A.
  • Unión de Distribuidores de Electricidad (UDESA)
  • Verdiberia Aqualab, S.L.
  • VIAQUA Gestión Integral de Aguas de Galicia S.A.U.

Planificación do ensino

Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

Estrutura do estudo

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Cálculo Formación básica 6 ECTS
Física I Formación básica 6 ECTS
Química Formación básica 6 ECTS
Expresión Gráfica Formación básica 6 ECTS
Xestión Empresarial Formación básica 6 ECTS
Informática Formación básica 6 ECTS
Alxebra Formación básica 6 ECTS
Fisíca II Formación básica 6 ECTS
Estatística Formación básica 6 ECTS
Ciencia de Materiais Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Ecuacións Diferenciais Formación básica 6 ECTS
Termodinámica Obrigatorio 6 ECTS
Fundamentos de Electricidade Obrigatorio 6 ECTS
Enxeñaría Medioambiental Obrigatorio 6 ECTS
Tecnoloxías de Fabricación Obrigatorio 6 ECTS
Mecánica de Fluídos Obrigatorio 6 ECTS
Fundamentos de Automática Obrigatorio 6 ECTS
Fundamentos de Electrónica Obrigatorio 6 ECTS
Resistencia de Materiais Obrigatorio 6 ECTS
Teoría de Máquinas Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Sistemas Eléctricos Obrigatorio 6 ECTS
Electrónica Analóxica Obrigatorio 6 ECTS
Electrónica Dixital Obrigatorio 6 ECTS
Automatización I Obrigatorio 6 ECTS
Informática Industrial Obrigatorio 6 ECTS
Sistemas Dixitais I Obrigatorio 6 ECTS
Instrumentación Electrónica I Obrigatorio 6 ECTS
Enxeñaría de Control Obrigatorio 6 ECTS
Debuxo Industrial e CAD Optativo 6 ECTS
Mantemento Industrial Optativo 6 ECTS
Enerxías Renovables Optativo 6 ECTS
Instalacións Eléctricas e Industriais Optativo 6 ECTS
Polímeros en Electrónica Optativo 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Sistemas Dixitais II Obrigatorio 6 ECTS
Oficina Técnica Obrigatorio 6 ECTS
Electrónica de Potencia Obrigatorio 6 ECTS
Automatización II Obrigatorio 6 ECTS
Organización de empresas Obrigatorio 6 ECTS
Instrumentación Electrónica II Optativo 6 ECTS
Deseño de Equipos Electrónicos Optativo 6 ECTS
Robótica Industrial Optativo 6 ECTS
Control Avanzado Optativo 6 ECTS
Sistemas de Control Intelixente Optativo 6 ECTS
Diagnóstico e Supervisión de Sistemas Optativo 6 ECTS
Traballo Fin de Grao Obrigatorio 12 ECTS

 BOE co plan de estudos (PDF)

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo de docentes dos departamentos de: Análise Económica e Administración de Empresas, Computación, Economía Aplicada 1, Electrónica e Sistemas, Enxeñaría Industrial, Enxeñaría Industrial 2, Enxeñaría Naval e Oceánica, Física, Matemáticas, Química Analítica, Química Física e Enxeñaría Química 1, Química Fundamental e Tecnoloxía da Construción.

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.

Accións concretas do centro

A Escola mantén convenios de intercambio con universidades e institucións de educación superior de toda Europa. Cada ano publícanse varias convocatorias de mobilidade de para que poidas cursar parte dos teus estudos nunha desas, obtendo pleno recoñecemento académico no teu expediente.