Logo da Universidade da Coruña

Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos

2016/2017 · 240 créditos

Que se aprende

  • Os coñecementos necesarios para comprender a complexidade e o carácter dinámico e interrelacional do traballo, atendendo de forma integrada ás súas perspectivas xurídica, organizativa, psicolóxica, sociolóxica, histórica e económica.
  • Aplicación dos coñecementos teóricos e prácticos adquiridos nos seus diversos ámbitos de actuación: asesoramento laboral, xestión e dirección de persoal, organización do traballo e xestión e mediación no mercado de traballo.
  • Uso das TIC.

Competencias completas do estudo

Competencias xenéricas

O Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos fomenta, no marco dunha conduta ética e responsable, a identificación, análise, planificación e resolución de situacións propias das actividades dos xestores de persoas nas organizacións en relación coa sociedade, primando o traballo en equipo e rede; e inspira, igualmente, a capacidade crítica e a cultura emprendedora.

Competencias específicas

Estes estudos permítenlles aos estudantes adquirir coñecementos e a experiencia necesaria para exercer a súa profesión tanto no xurídico como no organizativo dos recursos humanos por medio dun acercamento multidisciplinar ás relacións laborais e ao emprego, tanto desde o estudo da normativa laboral como desde unha dimensión social e psicolóxica.

Competencias transversais

Trabállase de forma específica cos alumnos a adquisición de competencias no uso das TIC aplicadas ao ámbito laboral, a consolidación das linguas estranxeiras mediante programas de formación propios e programas de mobilidade, e o achegamento ao mundo laboral a través das prácticas en empresas. Asemade, propíciase o traballo en equipo, a capacidade de xestión de información e a toma de decisións baseadas na calidade, e foméntase a flexibilidade e o liderado en ámbitos multiculturais.

Saídas profesionais e académicas

As múltiplas saídas que ofrece esta titulación convértenna nunha das máis polivalentes no mercado de traballo. Segundo as pautas curriculares, o perfil dos egresados no Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos responde a profesionais independentes, responsables e con valores baseados na xustiza social que poden exercer a súa actividade en diversos postos de traballo, así como en diferentes sectores de actividade.

Contorno profesional no que se sitúa

  • Empresas
  • Administracións Públicas
  • Despachos profesionais
  • Sindicatos
  • ONG e outras entidades sen ánimo de lucro
  • Docencia
  • Saídas profesionais e académicas

  • Graduado/a social ou asesor/a laboral
  • Dirección e xestión de recursos humanos
  • Axentes de emprego e desenvolvemento local
  • Prevención de riscos laborais
  • Auditor/a sociolaboral
  • Empresas e institucións colaboradoras

  • Empresa
  • Administracións públicas
  • Despacho profesional
  • Sindicatos
  • ONG e outras entidades sen ánimo de lucro
  • Docencia
  • Planificación do ensino

    O Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos estrutúrase en 240 créditos ao longo dunha secuencia formativa de catro anos académicos (60 ECTS por curso), que á súa vez se dividen en dous cuadrimestres. O plan de estudos conta cunha oferta total de 276 créditos. Esta oferta inclúe toda a formación práctica e teórica que o/a estudante debe adquirir segundo a distribución que o Grao en Relación Laborais e Recursos Humanos mantén canto ás materias básicas da rama, materias obrigatorias e materias optativas, Traballo de Fin de Grao e outras actividades formativas.

    Esta titulación dispón de guía docente
    Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

    Estrutura do estudo

    Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

      Guía Carácter Cuadr. créditos
    Introdución ao Dereito Formación básica 6 ECTS
    Introdución á Economía Formación básica 6 ECTS
    Organización de Empresa Formación básica 6 ECTS
    Psicoloxía do Traballo Formación básica 6 ECTS
    Informática Básica Obrigatorio 6 ECTS
    Dereito Societario e Cooperativo Formación básica 6 ECTS
    Economía e Empresa Formación básica 6 ECTS
    Métodos de Traballo Formación básica 6 ECTS
    Historia Social e Política Contemporánea Formación básica 6 ECTS
    Teoría das Relacións Laborais Obrigatorio 6 ECTS
      Guía Carácter Cuadr. créditos
    Dereito do Traballo I Obrigatorio 6 ECTS
    Dereito Sindical I Obrigatorio 6 ECTS
    Dirección e Xestión de RRHH I Obrigatorio 6 ECTS
    Socioloxía do Traballo Formación básica 6 ECTS
    Estatística Descritiva Formación básica 6 ECTS
    Dereito do Traballo II Obrigatorio 6 ECTS
    Dereito Sindical II Obrigatorio 6 ECTS
    Dirección e Xestión de RRHH II Obrigatorio 6 ECTS
    Comportamento Organizacional Obrigatorio 6 ECTS
    Técnicas de Investigación Social Obrigatorio 6 ECTS
      Guía Carácter Cuadr. créditos
    Prácticas Externas Optativo anual 12 ECTS
    Técnicas de Negociación Obrigatorio 6 ECTS
    Dirección Estratéxica Obrigatorio 6 ECTS
    Prácticas de Dereito do Traballo e da Seguridade Social Obrigatorio 6 ECTS
    Dereito Procesual Laboral Obrigatorio 6 ECTS
    Políticas Sociolaborais Obrigatorio 6 ECTS
    Traballo Fin de Grao Obrigatorio 6 ECTS

     BOE co plan de estudos (PDF)

    Referentes externos

    Para a elaboración do proxecto final e unha vez recibidas as alegacións oportunas, tivéronse en conta os informes emitidos polas seguintes entidades

  • Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia
  • Consello Galego de Relacións Laborais
  • Colexios oficiais de graduados sociais da Coruña e Ourense
  • Cámara de Comercio de Ferrol
  • UGT Galicia
  • CC.OO.
  • Confederación Intersindical Galega (CIG)
  • Asociacións e confederacións empresariais de Ferrol e Comarca
  • Libro Branco do título de Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos elaborado pola Conferencia de Decanos e Directores de Relacións Laborais e Ciencias do Traballo dentro do Programa de Converxencia Europea da ANECA
  • Procedementos de consulta empregados

    Logo de consultar os departamentos con docencia neste centro, designáronse os membros da Comisión Redactora do Título de Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos da UDC, que se encargaron de elaborar a proposta. Esta comisión estivo formada por sete profesores, dous estudantes e un membro do PAS do centro de Ferrol, así como o director e dous profesores do centro da Coruña. A través dos profesores membros da Comisión estiveron representados todos os departamentos e a maior parte das áreas de coñecemento con docencia na titulación. Unha vez aprobada a composición da Comisión Redactora do Título de Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos da UDC mantivéronse unha serie de reunións orientadas á elaboración do plan de docencia co obxecto de acordar a definición das materias básicas e obrigatorias, así como as optativas, da titulación; os descritores das materias; a distribución das materias por cuadrimestre; os profesores responsables das materias, e as competencias da titulación etc. A súa proposta foi aprobada pola Xunta de Facultade o 31 de outubro de 2008.

    Profesorado

    O ensino do plan de estudos está a cargo de docentes dos departamentos de: Ciencias da Saúde, Computación, Dereito Privado, Dereito Público, Humanidades, Matemáticas e Psicoloxía.

    Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

    Accións para a mobilidade do estudantado

    A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

    Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

    As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

    As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.