Logo da Universidade da Coruña

Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica

2016/2017 · 240 créditos

Que se aprende

Proporciona coñecementos científicos e tecnolóxicos para deseñar, construír, reparar e inspeccionar as plataformas dos buques, artefactos oceánicos e instalacións mariñas ou industriais da súa competencia, así como para levar a cabo todos os cálculos relacionados coa arquitectura naval, os sistemas de propulsión e o resto dos sistemas auxiliares e equipos do buque.

Saídas profesionais e académicas

O ámbito en que os enxeñeiros navais e oceánicos terán competencias para redactar, asinar e desenvolver proxectos é o deseño de buques e artefactos oceánicos, así como dos seus sistemas de propulsión e auxiliares.

Contorno profesional no que se sitúa

Este grao habilita para a profesión regulada de enxeñeiro/a técnico/a naval (Orde CIN/350/2009) coas atribucións profesionais dos actuais enxeñeiros técnicos navais, tanto na especialidade de estruturas mariñas como na de propulsión e servizos do buque. Así mesmo, dá acceso ao Mestrado en Enxeñaría Naval e Oceánica, que habilita para exercer esa profesión regulada.

Saídas profesionais e académicas

Estaleiros, compañías navieiras, sociedades de clasificación, industria auxiliar da construción naval, fabricantes de motores e turbinas, consultorías, oficinas de enxeñaría, enxeñaría en xeral, portos, explotación de recursos mariños, industria en alta mar (offshore), centros de investigación, administracións e organismos públicos, e docencia.

Empresas e institucións colaboradoras

ARDAGH, SAU; Astilleros Armon, SA; Astilleros Canarios, SA; Astilleros Lagos Atein Naval, SL;: Balearía, SA; Balenciaga, SA; Celta Prix, SL; Colexio Oficial de Enxeñeiros Navais e Oceánicos de Galicia; Construcciones Navales del Norte; Construcciones Navales Freire, SA; DETEGASA, Diseño Naval e Industrial, SL; Electrorayma, SL; Fred Olsem, SA; Gestenaval; Ghenova Ingeniería, SL; IN-Ingeniería Naval y Oceánica; Indutec Ingenieros, SL; Intaf, SA; M.P. Yacht Design, SL; Montajes Tubacer, SL; Naviera Armas, SA; Neodyn, SL; PROCESOIL, SL; SAI Calidad, SL; Seatech Consulting, SL; Talleres Mecánicos de Galicia, SL; Tecnología y Montajes, SA; Tecnosub, SL; XOVENORTE, SL etc.

Planificación do ensino

Estrutura do estudo

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Matemáticas 1 Formación básica 6 ECTS
Física 1 Formación básica 6 ECTS
Expresión gráfica Formación básica 6 ECTS
Química Formación básica 6 ECTS
Construción naval e sistemas de propulsión Obrigatorio 6 ECTS
Matemáticas 2 Formación básica 6 ECTS
Física 2 Formación básica 6 ECTS
Organización e xestión da empresa Formación básica 6 ECTS
Métodos informáticos Formación básica 6 ECTS
Debuxo naval Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Ecuacións diferenciais Formación básica 6 ECTS
Estatística Formación básica 6 ECTS
Electrotecnia Obrigatorio 6 ECTS
Termodinámica técnica Obrigatorio 6 ECTS
Mecánica Obrigatorio 6 ECTS
Ciencia e enxeñaría dos materiais Obrigatorio 4,5 ECTS
Automatismos. control e electrónica Obrigatorio 6 ECTS
Elasticidade e resistencia dos materiais Obrigatorio 6 ECTS
Mecánica de fluídos Obrigatorio 6 ECTS
Hidrostática e estabilidade Obrigatorio 7,5 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Enxeñaría da calidade e medioambiente Obrigatorio 4,5 ECTS
Transmisión de calor Obrigatorio 4,5 ECTS
Hidrodinámica naval Obrigatorio 7,5 ECTS
Estruturas mariñas 1 Obrigatorio 6 ECTS
Procesos de fabricación e montaxe Obrigatorio 7,5 ECTS
Tecnoloxía da construción naval Obrigatorio 7,5 ECTS
Estruturas mariñas 2 Obrigatorio 6 ECTS
Máquinas mariñas e sistemas de propulsión 1 Obrigatorio 6 ECTS
Sistemas auxiliares do buque 1 Obrigatorio 6 ECTS
Sistemas Hidráulicos e Pneumáticos Obrigatorio 4,5 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Vibracións e ruídos Obrigatorio 4,5 ECTS
Proxecto de buques e artefactos mariños 1 Obrigatorio 7,5 ECTS
Máquinas mariñas e sistemas de propulsión 2 Obrigatorio 6 ECTS
Sistemas auxiliares do buque 2 Obrigatorio 6 ECTS
Sistemas eléctricos e electrónicos do buque Obrigatorio 6 ECTS
Prácticas en empresa Optativo 4,5 ECTS
Transporte marítimo Obrigatorio 6 ECTS
Proxecto de buques e artefactos mariños 2 Obrigatorio 6 ECTS
Contabilidade. planificación e control de custos Optativo 4,5 ECTS
Mantemento e reparación de buques Optativo 4,5 ECTS
Aproveitamento enerxético do medio mariño Optativo 4,5 ECTS
Traballo fin de grao Obrigatorio 13,5 ECTS
Buques de guerra Optativo 4,5 ECTS

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo de docentes dos departamentos de: Análise Económica e Administración de Empresas, Computación, Economía Financeira e Contabilidade, Electrónica e Sistemas, Enxeñaría Industrial, Enxeñaría Industrial 2, Enxeñaría Naval e Oceánica, Física, Matemáticas, Métodos Matemáticos e de Representación, Química Analítica, Química Física e Enxeñaría Química 1, Química Fundamental e Tecnoloxía da Construción.

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.