Logo da Universidade da Coruña

Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais

2017/2018 · 240 créditos

Que se aprende

Neste título abórdase todo aquilo que poida ser concibido como un sistema de persoas, coñecemento, maquinaria, recursos ou enerxía, nuns estudos que teñen a súa continuación lóxica no Mestrado en Enxeñaría Industrial.

Competencias completas do estudo

Saídas profesionais e académicas

Os graduados en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais son persoal técnico polivalente cunha ampla formación básica e un enfoque multidisciplinar, o que lles dá acceso directo ao mercado laboral ou ben a continuaren a súa formación no Mestrado en Enxeñaría Industrial.

Contorno profesional no que se sitúa

Este grao cumpre os requisitos de acceso ao mestrado que habilita para o exercicio da profesión de enxeñeiro/a industrial, tal e como establece a Orde CIN/311/2009.

Saídas profesionais e académicas

As aplicacións deste grao son múltiplas. Entre elas cabería salientarmos as seguintes:

  • Técnicas enerxéticas
  • Enerxías alternativas
  • Electrónica e automática
  • Enxeñaría eléctrica
  • Electromedicina e bioenxeñaría
  • Química industrial e medio
  • Metalurxia e enxeñaría de materiais
  • Construción
  • Loxística, xestión e organización de empresas
  • Sector automobilístico
  • Modelización matemática e computación en centros tecnolóxicos e de enxeñaría
  • Participación en proxectos multidisciplinares
  • Participación en proxectos de investigación

Empresas e institucións colaboradoras

Airbus; Alen Ingeniería; Ancín Clima, SA; Bilega Energía, SL; Brammer Iberia, SA; CPE Sociedad de Salvamento y Seguridad Marítima; CESPA; CGC Sociedad de Consultoría y Clasificación, SL; Concello de Ferrol; Consulting e Ingeniería Internacional, SA (CIISA); CYE, SL; EPE Sociedad de Salvamento y Seguridad Marítima; Electricidad Narón, SL; Electrorayma, SL; ELINSA, SL; Emalcsa SA; Endesa Generación, SA; Energaia, SL; Enmacosa, SA; Enor; Entei, SL; Envitec‐Wismar GMBH; Eptisa Servicios de Ingeniería; Espina Obras Hidráulicas; Ferrovial Servicios, SL; FISCHERINGENIEROS; FLUE, SL; Fluidmecánica, SL; Forestal del Atlántico; FRISCOS; Gamesa Innovation and Technology, SL; Gauzón Ibérica, SA; Gehon Consulting, SL; GFERGO GALICIC VENTI‐PE Mondoñedo, SL; Ghenova Ingeniería, SL; GOC, SA; Iberdrola; ICS Narón, SC; IDECOM Electrónica, SL; IDON Ingeniería, SA; IMASA, Ingeniería y Proyectos, SA; INDESNOR, SLU; Industrias Losán, SA; Indutec Ingenieros, SLU etc.

Planificación do ensino

Calendarios e Horarios da EPS para o curso 2016/2017.

Descargar arquivo pdf

Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

Estrutura do estudo

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Cálculo Formación básica 6 ECTS
Expresión Gráfica Formación básica 6 ECTS
Física I Formación básica 6 ECTS
Informática Formación básica 6 ECTS
Química Formación básica 6 ECTS
Álxebra Formación básica 6 ECTS
Ciencia dos Materiais Obrigatorio 6 ECTS
Estatística Formación básica 6 ECTS
Física II Formación básica 6 ECTS
Xestión Empresarial Formación básica 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Ecuacións Diferenciais Formación básica 6 ECTS
Fundamentos da Electricidade Obrigatorio 6 ECTS
Termodinámica Obrigatorio 6 ECTS
Enxeñaría Medioambiental Obrigatorio 6 ECTS
Campos e Ondas Obrigatorio 6 ECTS
Resistencia dos Materiais Obrigatorio 6 ECTS
Fundamentos de Automática Obrigatorio 6 ECTS
Fundamentos de Electrónica Obrigatorio 6 ECTS
Mecánica de Fluídos Obrigatorio 6 ECTS
Teoría de Máquinas Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Tecnoloxías da Fabricación Obrigatorio 6 ECTS
Organización de Empresas Obrigatorio 6 ECTS
Enerxías Renovables Obrigatorio 6 ECTS
Máquinas Eléctricas Obrigatorio 6 ECTS
Tecnoloxía Química Obrigatorio 6 ECTS
Calor e Frío Industrial/Refrig Obrigatorio 6 ECTS
Máquinas Térmicas e Hidráulicas Obrigatorio 6 ECTS
Electrónica de Potencia Obrigatorio 6 ECTS
Centrais Enerxéticas Obrigatorio 6 ECTS
Análise e Deseño de Estruturas e Construcións Industriais Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Xestión de Proxectos Obrigatorio 6 ECTS
Enxeñaría do Gas Optativo 6 ECTS
Métodos Numéricos Obrigatorio 6 ECTS
Enxeñaría da Reacción Química Obrigatorio 6 ECTS
Mecánica da Fractura Optativo 4,5 ECTS
Recipientes e Conducións a Presión Optativo 6 ECTS
Tecnoloxía dos Combustibles Optativo 4,5 ECTS
Tecnoloxía dos Materiais Metálicos Con restriccións Optativo 6 ECTS
Tecnoloxía dos Materiais non Metálicos Optativo 6 ECTS
Deseño e Construción de Complexos Industriais e Empresariais Optativo 6 ECTS
Prácticas Externas Optativo 6 ECTS
Planificación Enerxética Optativo 6 ECTS
Tecnoloxía Nuclear Optativo 6 ECTS
Tecnoloxía de Materiais Compostos Optativo 6 ECTS
Tecnoloxía do Procesado de Materiais Con restriccións Optativo 6 ECTS
Simulación de Procesos Industriais e Optimización Optativo 4,5 ECTS
Aplicacións Industriais do Láser Optativo 4,5 ECTS
Traballo Fin de Grao Obrigatorio 12 ECTS

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo de docentes dos departamentos de: Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña, Computación, Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e Aeronáuticas, Empresa, Enxeñaría Civil, Enxeñaría de Computadores, Enxeñaría Industrial, Enxeñaría Naval e Industrial, Física e Ciencias da Terra, Matemáticas e Química.

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.