Logo da Universidade da Coruña

Grao en Enxeñaría Mecánica

2017/2018 · 240 créditos

Saídas profesionais e académicas

Os ámbitos en que os enxeñeiros mecánicos terán competencias para redactar, asinar e desenvolver proxectos son o deseño de máquinas, os procesos de fabricación e a construción industrial.

Contorno profesional no que se sitúa

Este grao habilita para a profesión regulada de enxeñeiro/a técnico/a industrial (Orde CIN/351/2009) coas atribucións profesionais dos actuais enxeñeiros técnicos industriais na especialidade de mecánica. Así mesmo, dá acceso ao Mestrado en Enxeñaría Industrial que habilita para exercer esa profesión regulada.

Saídas profesionais e académicas

  • Análise, deseño e ensaio de máquinas, motores e sistemas mecánicos en xeral
  • Sector automobilístico
  • Desenvolvemento de sistemas robotizados
  • Sistemas de fabricación, así como técnicas de fabricación e organización da produción
  • Proxecto e construción de fábricas e plantas industriais
  • Enxeñaría estrutural
  • Enxeñaría de instalacións industriais e para a edificación
  • Enxeñaría de mantemento
  • Enxeñaría de transporte
  • Xestión e organización de empresas
  • Participación en proxectos multidisciplinares
  • Participación en proxectos de investigación

Empresas e institucións colaboradoras

Airbus; Alen Ingeniería; Ancín Clima, SA; Bilega Energía, SL; Brammer Iberia, SA; CPE Sociedad de Salvamento y Seguridad Marítima; CESPA; CGC Sociedad de Consultoría y Clasificación, SL; Concello de Ferrol; Consulting e Ingeniería Internacional, SA (CIISA); CYE SL; EPE Sociedad de Salvamento y Seguridad Marítima; Electricidad Narón, SL; Electrorayma, SL; ELINSA, SL;, Emalcsa SA; Endesa Generación, SA; Energaia, SL; Enmacosa, SA; Enor; Entei, SL; Envitec‐Wismar GMBH; Eptisa Servicios de Ingeniería; Espina Obras Hidráulicas; Ferrovial Servicios, SL; FISCHERINGENIEROS; FLUE, SL; Fluidmecánica, SL; Forestal del Atlántico; FRISCOS; Gamesa Innovation and Technology, SL; Gauzón Ibérica, SA; Gehon Consulting, SL; GFERGO GALICIC VENTI‐PE Mondoñedo, SL; Ghenova Ingeniería, SL; GOC, SA; Iberdrola; ICS Narón, SC; IDECOM Electrónica, SL; IDON Ingeniería, SA; IMASA, Ingeniería y Proyectos, SA; INDESNOR, SLU; Industrias Losán, SA; Indutec Ingenieros, SLU etc.

Planificación do ensino

Calendarios e Horarios da EPS para o curso 2016/2017: PDF

Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

Estrutura do estudo

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Cálculo Formación básica 6 ECTS
Expresión Gráfica Formación básica 6 ECTS
Física I Formación básica 6 ECTS
Informática Formación básica 6 ECTS
Química Formación básica 6 ECTS
Álxebra Formación básica 6 ECTS
Ciencia dos Materiais Obrigatorio 6 ECTS
Estatística Formación básica 6 ECTS
Física II Formación básica 6 ECTS
Xestión Empresarial Formación básica 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Ecuacións Diferenciais Formación básica 6 ECTS
Fundamentos da Electricidade Obrigatorio 6 ECTS
Termodinámica Obrigatorio 6 ECTS
Enxeñaría Medioambiental Obrigatorio 6 ECTS
Mecánica Obrigatorio 6 ECTS
Resistencia dos Materiais Obrigatorio 6 ECTS
Fundamentos de Automática Obrigatorio 6 ECTS
Fundamentos de Electrónica Obrigatorio 6 ECTS
Mecánica de Fluídos Obrigatorio 6 ECTS
Teoría de Máquinas Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Tecnoloxías da Fabricación Obrigatorio 6 ECTS
Organización de Empresas Obrigatorio 6 ECTS
Resistencia Materiais II Obrigatorio 6 ECTS
Tecnoloxía de Máquinas Obrigatorio 6 ECTS
Construcións Industriais I Obrigatorio 6 ECTS
Calor e Frio Industrial/Refrix Obrigatorio 6 ECTS
Estruturas Obrigatorio 6 ECTS
Máquinas Térmicas e Hidráulicas Obrigatorio 6 ECTS
Enxeñaría dos Materiais Obrigatorio 6 ECTS
Metroloxía e Control da Calidade Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Xestión de Proxectos Obrigatorio 6 ECTS
Deseño e Análise Asistido por Ordenador Obrigatorio 6 ECTS
Estruturas Metálicas Optativo 6 ECTS
Hidráulica e Pneumática Optativo 4,5 ECTS
Vibracións Optativo 6 ECTS
Construcións Industriais II Optativo 4,5 ECTS
Soldadura Optativo 4,5 ECTS
Actuadores e Sensores Optativo 4,5 ECTS
Fiabilidade Estatística e Métodos Numéricos Optativo 6 ECTS
Prácticas externas Optativo 6 ECTS
Elementos de Máquinas Optativo 4,5 ECTS
Instalacións Industriais Con restriccións Optativo 4,5 ECTS
Estruturas II Optativo 6 ECTS
Estruturas de Formigón Con restriccións Optativo 6 ECTS
Enxeñaría de Vehículos Optativo 6 ECTS
Comportamento en Servizo Optativo 4,5 ECTS
Mantemento Optativo 4,5 ECTS
Traballo Fin de Grao Obrigatorio 12 ECTS

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo de docentes dos departamentos de: Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña, Computación, Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e Aeronáuticas, Empresa, Enxeñaría Civil, Enxeñaría de Computadores, Enxeñaría Industrial, Enxeñaría Naval e Industrial, Física e Ciencias da Terra, Matemáticas e Química.

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.