Logo da Universidade da Coruña

Grao en Información e Documentación

2016/2017 · 240 créditos

Que se aprende

A Facultade de Humanidades e Documentación en xeral, e o Grao en Información e Documentación en particular, ofrecen unha formación de alta calidade tanto no aspecto puramente académico como na faceta máis profesional das diferentes técnicas documentais.

Doutra parte, dada a propia planificación do título, ofrécese tamén contidos de corte humanista que complementan e melloran a formación do alumnado.

Ambos os aspectos forman unha excelente base para o futuro profesional.

Saídas profesionais e académicas

Saídas profesionais e académicas

O Grao en Información e Documentación formúlase como principal obxectivo a formación de profesionais nos métodos de clasificación e catalogación de libros e documentos, os diferentes sistemas de arquivo, as normas de catalogación e clasificación, a organización de bibliotecas e o uso de fontes de información bibliográfica. Ademais será básica a formación en aspectos relacionados coa organización dos centros e coa aplicación das novas tecnoloxías.

Sectores:
  • Bibliotecas xerais e especializadas
  • Arquivos das administracións públicas e empresas
  • Centros de información e documentación (medios de comunicación, editoriais, hospitais, empresas etc.)
  • Empresas de servizos de documentación

    Planificación do ensino

    Estrutura do estudo

    Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

      Guía Carácter Cuadr. créditos
    Introdución á Historia Formación básica 6 ECTS
    Informática Aplicada Formación básica 6 ECTS
    Antropoloxía Socio-Cultural Formación básica 6 ECTS
    Introdución á Ética Formación básica 6 ECTS
    Xestión da Información: Fundamentos e Teoría Formación básica 6 ECTS
    Sistema do Coñecemento: Filosofía, Ciencia e Tecnoloxía Formación básica 6 ECTS
    Socioloxía Formación básica 6 ECTS
    Técnicas Historiográficas Formación básica 6 ECTS
    Bibliografía e Fontes de Información Obrigatorio 6 ECTS
    Arquivística Obrigatorio 6 ECTS
      Guía Carácter Cuadr. créditos
    Xestión de Empresas e Institucións Culturais Formación básica 6 ECTS
    Literatura Galega Formación básica 6 ECTS
    Documentación Xeral Obrigatorio 6 ECTS
    Biblioteconomía Obrigatorio 6 ECTS
    Informática Documental Obrigatorio 6 ECTS
    Análise Documental Obrigatorio 6 ECTS
    Análise Documental de Contido Obrigatorio 6 ECTS
    Estatística Obrigatorio 6 ECTS
    Catalogación Descritiva de Documentos Especiais Obrigatorio 6 ECTS
    Aspectos Xurídicos de Acceso á Información Obrigatorio 6 ECTS
      Guía Carácter Cuadr. créditos
    Planificación e Xestión de Unidades de Información Obrigatorio 6 ECTS
    Catalogación Formal de Documentos Electrónicos Obrigatorio 6 ECTS
    Xestión de Documentos Administrativos Obrigatorio 6 ECTS
    Fontes de Información Especializadas Obrigatorio 6 ECTS
    Bases de Datos Documentais Obrigatorio 6 ECTS
    Linguaxes de Indización Terminolóxicas Obrigatorio 6 ECTS
    Xestión da Colección Obrigatorio 6 ECTS
    Linguaxes de Clasificación Alfanuméricas Obrigatorio 6 ECTS
    Xestión da Calidade nas Organizacións Documentais Obrigatorio 6 ECTS
    Estudos de Usuarios Obrigatorio 6 ECTS

    Profesorado

    O ensino do plan de estudos está a cargo de docentes dos departamentos de: Análise Económica e Administración de Empresas, Computación, Dereito Privado, Dereito Público Especial, Didácticas Específicas, Economía Aplicada 1, Economía Aplicada 2, Filoloxía Española e Latina, Filoloxía Inglesa, Filosofía e Métodos de Investigación en Educación, Galego-Portugués, Francés e Lingüística, Humanidades, Matemáticas, Métodos Matemáticos e de Representación, Pedagoxía e Didáctica, Psicoloxía, Química Analítica, Socioloxía e Ciencia Política da Administración e Tecnoloxías da Información e as Comunicacións.

    Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

    Accións para a mobilidade do estudantado

    A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

    Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

    As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

    As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.