Logo da Universidade da Coruña

Programa de simultaneidade do Grao en Arquitectura Técnica e o Grao en Ciencias Empresariais

2017/2018 · 396 créditos

Que se aprende

Ao finalizar este programa, os estudantes converteranse en profesionais cunha dupla formación:

Por unha parte, O Grao de Arquitectura Técnica da UDC é o único que se imparte en Galicia que habilita para o exercicio da profesión regulada de arquitecto técnico. A Orde ECI/3855/2007, do 27 de decembro, indica as competencias que os/as estudantes deben adquirir, recollidas no plano de estudos da EUAT da Coruña:

  • 1. Dirixir a execución material das obras de edificación, das súas instalacións e elementos, levando a cabo o control cualitativo e cuantitativo do construído mediante o establecemento e a xestión dos plans de control de materiais, sistemas e execución de obra, elaborando os correspondentes rexistros para a súa incorporación ao Libro do Edificio. Levar o control económico da obra elaborando as certificacións e a liquidación da obra executada.
  • 2. Redactar estudos e plans de seguridade e saúde laboral, e coordinar a actividade das empresas en materia de seguranza e saúde laboral en obras de construción, tanto en fase de proxecto como de execución.
  • 3. Levar a cabo actividades técnicas de cálculo, medicións, valoracións, taxacións e estudos de viabilidade económica; realizar peritacións, inspeccións, análises de patoloxía e outros análogos, e redactar os informes, ditames e documentos técnicos correspondentes; efectuar levantamentos de planos en soares e edificios.
  • 4. Elaborar os proxectos técnicos e desempeñar a dirección de obras de edificación no ámbito da súa habilitación legal.
  • 5. Xestionar as novas tecnoloxías edificatorias e participar nos procesos de xestión da calidade na edificación; realizar análises, avaliacións e certificacións de eficiencia enerxética, así como estudos de sustentabilidade nos edificios.
  • 6. Dirixir e xestionar o uso, a conservación e o mantemento dos edificios, redactando os documentos técnicos necesarios. Elaborar estudos do ciclo de vida útil dos materiais, sistemas construtivos e edificios. Xestionar o tratamento dos residuos de demolición e da construción.
  • 7. Asesorar técnicamente nos procesos de fabricación de materiais e elementos utilizados na construción de edificios.
  • 8. Xestionar o proceso inmobiliario no seu conxunto. Exercer a representación técnica das empresas construtoras nas obras de edificación.
  • O anterior demostra que o/a graduado/a en Enxeñaría da Edificación, pola súa preparación académica, desenvolve un repertorio moi amplo de actividades do campo da edificación e da construción en xeral. O plan de estudos inclúe a realización de prácticas en empresas e un traballo de fin de grao.

Por outra parte, O Grao en Ciencias Empresariais impartido na Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña proporciona ao alumnado unha sólida formación en xestión empresarial orientada á resolución de problemas operativos, tácticos e estratéxicos.

Estes titulados están preparados para acceder a postos de traballo de responsabilidade media ou alta en calquera empresa. A súa formación polivalente permítelles coordinar, controlar, organizar, dirixir e planificar os programas de actuación e a política xeral dunha compañía.

O plan de estudos combina materias nos ámbitos das técnicas instrumentais (matemáticas, estatística, econometría etc.), formación económica (teoria micro e macroeconómica, estrutura económica, historia económica etc.), formación xurídica e social (dereito, socioloxía, etc.) e formación empresarial (organización, sistemas de información para a dirección, márketing, finanzas, fiscalidade, dirección e estratexia). O plan de estudos inclúe a realización de prácticas en empresas e un traballo de fin de grao.

Saídas profesionais e académicas

Saídas profesionais e académicas

As saídas profesionais, ao seren as propias de cada unha das titulacións (sendo arquitecto técnico ademais unha profesión regulada), achegan ás persoas que cursen a simultaneidade competencias orientadas ao emprendemento ou a empregabilidade en postos superiores no contorno empresarial ou institucional, nomeadamente naqueles relacionados coa actividade profesional da xestión económica no sector da Edificación. Existe un elevado número de perfís profesionais que no ámbito da Edificación a nivel internacional combinan competencias para a xestión económica e empresarial xunto coas competencias técnicas dos arquitectos técnicos. A doble titulación responde á necesidade da formación precisa para o seu desempeño.

Non só a combinación de competencias responde a novos perfís profesionáis. Individualmente, poden sumarse as saídas propias de cada titulación:

Por unha parte, o Grao en Arquitectura Técnica permitirá adquirir as competencias necesarias para levar a cabo un bo exercicio profesional no campo da Edificación: saberás resolver situacións cotiás e extraordinarias e aprenderás a relacionarte co resto de axentes da edificación: o promotor, o proyectista, o construtor, o director de obra, o director da execución da obra, as entidades e os laboratorios de control de calidade da edificación, os subministradores de produtos e os propietarios e os usuarios.

A modo de exemplo, poden citarse algún perfís profesionais en relación co Grao en Arquitectura Técnica:

  • Proxecto e Dirección de demolicións.
  • Proxecto e Dirección de execución de obras de urbanización de rúas, prazas, xardíns, parques públicos e de leiras privadas.
  • Proxecto Básicos e de Execución e Dirección de obras de nova planta, adaptación, reforma, ampliación, consolidación, rehabilitación e legalización de edificacións que non precisen de proxecto arquitectónico e nas que non se altere a súa configuración arquitectónica.
  • Proxectos básicos e de execución, legalización e/ou Dirección de obras de nova planta, de reformas, ampliacións, rehabilitacións, restauración e conservación. Arquitectura de interiores de instalacións comerciais en edificios existentes, acondicionamento de locais para oficinas, vivendas, comercios, hostalaría.
  • Proxectos de parcelación.
  • Estudos-Valoración. Estimacións de custos. Medicións e Orzamentos.
  • Cálculos de estruturas e de instalacións de fontanaría, electricidade, calefacción, aire acondicionado, demanda enerxética.
  • Levantamentos topográficos.
  • Redacción de Plans de Autoprotección.
  • Redacción de Expedientes de Actividade sen obras.
  • Redacción de Plans de Xestión Ambiental.
  • Sustentabilidade. Certificación de Eficiencia Enerxética.
  • Redacción de Plans de Xestión de Residuos de Construción e Demolición (PGRCyD).
  • Redacción de Plans de Control de Calidade (PCC).
  • Dirección da Execución (e/ou legalización) de obras de nova planta, reformas, ampliacións, rehabilitacións, conservación, decoración, etc.
  • Dirección da execución de obras de urbanización, nova construción, reforma, ampliación.
  • Intervención no Libro do Edificio.
  • Xefatura de obras e axudantía, como profesional ao servizo de empresa construtora. Elaboración de orzamentos de obras e ofertas. Estudos de ofertas de empresas subministradoras. Planificación e control económico das obras. Contratación de materiais e empresas auxiliares. Valoración de obra executada a efectos de liquidacións a empresas auxiliares. Valoracións de obra executada a efectos de certificacións de obra.
  • Control de calidade da execución, de materiais e das instalación.
  • Traballo en empresas especializadas e subcontratas.
  • Redacción de Estudos e de Estudos Básicos de Seguridade e Saúde.
  • Asesoramento e Colaboración en Redacción de Plans de Seguridade e Saúde.
  • Coordinación de Seguridade e Saúde en Fase de Proxecto. Coordinación de Seguridade e Saúde en Fase de Execución. Estudos económicos previos á promoción, como valoración de terreos, de edificacións, custos de promoción, estudos de mercado, estudos de ofertas, etc. Control económico da promoción e resultados, como medicións, e certificacións de obra realizada, análises periódicas comparativos entre custos reais e previstos, conta de resultados, etc. Estudos de gastos de conservación e mantemento dos edificios e as súas instalación. Departamento de vendas. Ao servizo das administracións local, provincial, autonómica, estatal, en labores de xestión urbanística, de vixilancia da legalidade, en control económico, en conservación e mantemento de edificios públicos, xestión técnico-administrativa. Informes. Ditames. Certificados. Arbitraxes. Peritaciones Xudiciais. Inspección Técnica de Edificios (ITE). Tasación inmobiliaria. Estudo e comparación de ofertas. Project Management. Economía da construción, estudos e financiamento, planificación e programación, a contratación e a organización dos traballos. Racionalización de procesos. Asesoramento técnico na investigación, fabricación e comercialización de materiais, medios auxiliares e maquinaria de construcción. Deslindes, medicións e valoracións de chans e edificios. Documento técnico de instalacións provisionais de obra e/ou inspección ou comprobación de instalación. Colaboracións técnicas. Asistencia Técnica. Plans de Mantemento e Conservación. O Técnico de cabeceira do Edificio. Carreira docente en todos os niveis educativos. Acceso a títulos de Máster universitario. Acceso a programas de Doutoramento, con Grao e Máster.
Por outra parte, co Grao en Ciencias Empresariais poderás desenvolver a túa actividade profesional nas áreas de contabilidade, marketing-comercialización, vendas, finanzas, loxística, recursos humanos, organización, estratexia, dirección, sistemas de información etc. A modo de exemplo, cítanse os seguintes perfís:

  • Directivo empresarial nivel medio.
  • Alta dirección.
  • Analista empresarial.
  • Consultoría.
  • Auditoría.
  • Administración pública.
  • Autoemprego e emprendedorismo.
  • Analista de mercados.
  • Exercicio profesional libre.
  • Carreira docente en todos os niveis educativos.
  • Acceso a títulos de Máster universitario.
  • Acceso a programas de Doutoramento, con Grao e Máster.

Planificación do ensino

Estrutura do estudo

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Principios de Microeconomía Formación básica 6 ECTS
Economía da Empresa: Función Organizativa Formación básica 6 ECTS
Matemáticas I Formación básica 6 ECTS
Historia da Empresa Formación básica 6 ECTS
Economía da Empresa: Función Financeira Formación básica 6 ECTS
Introdución á Socioloxía Industrial e da Empresa Formación básica 6 ECTS
Física Aplicada I Formación básica 6 ECTS
Materiais I Formación básica 6 ECTS
Xeometría Descritiva Formación básica 6 ECTS
Dereito Privado da Edificación Formación básica 6 ECTS
Expresión Gráfica Arquitectónica I Formación básica 6 ECTS
Construción I Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Economía Mundial e Española Obrigatorio 6 ECTS
Estatística I Formación básica 6 ECTS
Matemáticas II Formación básica 6 ECTS
Réxime Fiscal da Empresa I Obrigatorio 6 ECTS
Contabilidade Financeira I Obrigatorio 6 ECTS
Macroeconomía Formación básica 6 ECTS
Física Aplicada II Formación básica 6 ECTS
Construción II Formación básica 6 ECTS
Materiais II Obrigatorio 6 ECTS
Instalacións I Formación básica 6 ECTS
Dereito Público da Edificación Obrigatorio 6 ECTS
Xeometría da Representación Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Organización de Empresas Obrigatorio 6 ECTS
Contabilidade Financeira II Obrigatorio 6 ECTS
Estatística II Obrigatorio 6 ECTS
Dirección Financeira I Obrigatorio 6 ECTS
Informática Aplicada á Empresa Obrigatorio 6 ECTS
Réxime Fiscal da Empresa II Obrigatorio 6 ECTS
Expresión Gráfica Arquitectónica II Obrigatorio 6 ECTS
Materiais III Obrigatorio 6 ECTS
Construción III Obrigatorio 6 ECTS
Estruturas I Obrigatorio 6 ECTS
Topografía Obrigatorio 6 ECTS
Instalacións II Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Análise das Operacións Financeiras Obrigatorio 6 ECTS
Bases de Datos para a Empresa Obrigatorio 6 ECTS
Introdución á Econometría Obrigatorio 6 ECTS
Dirección Financeira II Obrigatorio 6 ECTS
Dereito do Traballo e da Seguridade Social Obrigatorio 6 ECTS
Réxime Fiscal da Empresa III Obrigatorio 6 ECTS
Organización, Programación e Control Obrigatorio 6 ECTS
Construción IV Obrigatorio 6 ECTS
Proxectos Técnicos I Obrigatorio 6 ECTS
Estruturas II Obrigatorio 6 ECTS
Equipos, Medios Auxiliares e de Seguridade Obrigatorio 6 ECTS
Direción, Xefatura e Xestión de Obras Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Sistema Financeiro Español Obrigatorio 6 ECTS
Inglés Empresarial Obrigatorio 6 ECTS
Contabilidade de Sociedades Obrigatorio 6 ECTS
Análise de Estados Financeiros Obrigatorio 6 ECTS
Medicións, Orzamentos e Control Económico Obrigatorio 6 ECTS
Xestión Inmobiliaria, Taxacións e peritacions Obrigatorio 6 ECTS
Proxectos Técnicos II Obrigatorio 6 ECTS
Patoloxía e Rehabilitación Obrigatorio 6 ECTS
Seguridade e Prevención Obrigatorio 6 ECTS
Xestión da Calidade, Seguridade e Medio Ambiente Obrigatorio 6 ECTS
Estruturas III Obrigatorio 6 ECTS
Instalacións III Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Sistemas de Información para a Xestión Financeira da Empresa Optativo 6 ECTS
Fundamentos de Mercadotecnia Optativo 6 ECTS
Inglés Técnico Optativo 6 ECTS
Patrimonio Arquitectónico Galego Optativo 6 ECTS
Deseño de Interiores, Xardinaría e Paisaxe Optativo 6 ECTS
Economía e Xestión da Empresa Familiar Optativo 6 ECTS
Traballo Fin de Grao Obrigatorio 12 ECTS
Prácticas Externas Optativo 12 ECTS
Traballo Fin de Grao Obrigatorio 12 ECTS

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo de docentes dos departamentos de: Computación, Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e Aeronáuticas, Dereito Privado, Dereito Público, Economía, Empresa, Enxeñaría Civil, Enxeñaría Industrial, Expresión Gráfica Arquitectónica, Física e Ciencias da Terra, Letras, Matemáticas, Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición e Socioloxía e Ciencias da Comunicación.

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.