Logo da Universidade da Coruña

Grao en Arquitectura Técnica

2017/2018 · 240 créditos

Que se aprende

A lexislación vixente conforma a profesión de arquitecto técnico como profesión regulada cuxo exercicio require estar en posesión do correspondente título oficial de grao. A Orde ECI/3855/2007, do 27 de decembro, establece os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de arquitecto técnico.

A Orde indica as competencias que os/as estudantes deben adquirir, recollidas no plan de estudos da EUAT da Coruña:

1. Dirixir a execución material das obras de edificación, das súas instalacións e elementos, levando a cabo o control cualitativo e cuantitativo do construído mediante o establecemento e a xestión dos plans de control de materiais, sistemas e execución de obra, elaborando os correspondentes rexistros para a súa incorporación ao Libro do Edificio. Levar o control económico da obra elaborando as certificacións e a liquidación da obra executada.

2. Redactar estudos e plans de seguridade e saúde laboral, e coordinar a actividade das empresas en materia de seguranza e saúde laboral en obras de construción, tanto en fase de proxecto como de execución.

3. Levar a cabo actividades técnicas de cálculo, medicións, valoracións, taxacións e estudos de viabilidade económica; realizar peritacións, inspeccións, análises de patoloxía e outros análogos, e redactar os informes, ditames e documentos técnicos correspondentes; efectuar levantamentos de planos en soares e edificios.

4. Elaborar os proxectos técnicos e desempeñar a dirección de obras de edificación no ámbito da súa habilitación legal.

5. Xestionar as novas tecnoloxías edificatorias e participar nos procesos de xestión da calidade na edificación; realizar análises, avaliacións e certificacións de eficiencia enerxética, así como estudos de sustentabilidade nos edificios.

6. Dirixir e xestionar o uso, a conservación e o mantemento dos edificios, redactando os documentos técnicos necesarios. Elaborar estudos do ciclo de vida útil dos materiais, sistemas construtivos e edificios. Xestionar o tratamento dos residuos de demolición e da construción.

7. Asesorar tecnicamente nos procesos de fabricación de materiais e elementos utilizados na construción de edificios.

8. Xestionar o proceso inmobiliario no seu conxunto. Exercer a representación técnica das empresas construtoras nas obras de edificación.

O anterior demostra que o/a graduado/a en Enxeñaría da Edificación, pola súa preparación académica, desenvolve un repertorio moi amplo de actividades do campo da edificación e da construción en xeral.

Saídas profesionais e académicas

Saídas profesionais e académicas

O alumnado adquiriría os coñecementos necesarios para levar a cabo un bo exercicio profesional. Saberá resolver situacións cotiás e extraordinarias e aprenderá a relacionarse co resto de axentes da edificación: o promotor, o proxectista, o construtor, o director de obra, o director da execución da obra, as entidades e os laboratorios de control de calidade da edificación, os subministradores de produtos e os propietarios e os usuarios.

Saídas profesionais:

1. En relación co proxecto:

  • Proxecto e dirección de demolicións.
  • Proxecto e dirección de execución de obras de urbanización de rúas, prazas, xardíns, parques públicos e de leiras privadas.
  • Proxectos básicos e de execución e dirección de obras de nova planta, adaptación, reforma, ampliación, consolidación, rehabilitación e legalización de edificacións que non precisen de proxecto arquitectónico e nas que non se altere a súa configuración arquitectónica.
  • Proxectos básicos e de execución, legalización e/ou dirección de obras de nova planta, de reformas, ampliacións, rehabilitacións, restauración e conservación. Arquitectura de interiores de instalacións comerciais en edificios existentes, acondicionamento de locais para oficinas, vivendas, comercios, hostalaría.
  • Proxectos de parcelación. Estudos-valoración. Estimacións de custos. Medicións e orzamentos.
  • Cálculos de estruturas e de instalacións de fontanaría, electricidade, calefacción, aire acondicionado, demanda enerxética.
  • Levantamentos topográficos.
  • Redacción de plans de autoprotección.
  • Redacción de expedientes de actividade sen obras.
  • Redacción de plans de xestión ambiental (PGM). Sustentabilidade. Certificación de Eficiencia enerxética. Redacción de plans de xestión de Residuos de construción e eemolición (PXRCeD). Redacción de plans de control de calidade (PCC).

2. En relación coa obra:

  • Dirección

Planificación do ensino

Estrutura do estudo

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Matemática I Formación básica 6 ECTS
Física Aplicada I Formación básica 6 ECTS
Materiais I Formación básica 6 ECTS
Xeometría Descritiva Formación básica 6 ECTS
Dereito Privado da Edificación Formación básica 6 ECTS
Matemática II Formación básica 6 ECTS
Física Aplicada II Formación básica 6 ECTS
Expresión Gráfica Arquitectónica I Formación básica 6 ECTS
Construción I Obrigatorio 6 ECTS
Economía e Organización de Empresa Formación básica 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Construción II Obrigatorio 6 ECTS
Materiais II Obrigatorio 6 ECTS
Expresión Gráfica Arquitectónica II Obrigatorio 6 ECTS
Instalacións I Formación básica 6 ECTS
Dereito Público da Edificación Obrigatorio 6 ECTS
Materiais III Obrigatorio 6 ECTS
Construción III Obrigatorio 6 ECTS
Xeometría da Representación Obrigatorio 6 ECTS
Estruturas I Obrigatorio 6 ECTS
Topografía Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Organización, Programación e Control Obrigatorio 6 ECTS
Construción IV Obrigatorio 6 ECTS
Proxectos Técnicos I Obrigatorio 6 ECTS
Instalacións II Obrigatorio 6 ECTS
Estruturas II Obrigatorio 6 ECTS
Equipos, Medios Auxiliares e de Seguridade Obrigatorio 6 ECTS
Proxectos Técnicos II Obrigatorio 6 ECTS
Direción, Xefatura e Xestión de Obras Obrigatorio 6 ECTS
Patoloxía e Rehabilitación Obrigatorio 6 ECTS
Medicións, Orzamentos e Control Económico Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Seguridade e Prevención Obrigatorio 6 ECTS
Xestión da Calidade, Seguridade e Medio Ambiente Obrigatorio 6 ECTS
Xestión Inmobiliaria, Taxacións e peritacions Obrigatorio 6 ECTS
Estruturas III Obrigatorio 6 ECTS
Instalacións III Obrigatorio 6 ECTS
Traballo Fin de Grao Obrigatorio 12 ECTS
Inglés Técnico Optativo 6 ECTS
Historia dos procesos construtivos na edificación Optativo 6 ECTS
Métodos Experimentais de Inspección de Estruturas Optativo 6 ECTS
Medicións Acústicas na Edificación Optativo 6 ECTS
Patrimonio Arquitectónico Galego Optativo 6 ECTS
Deseño de Interiores, Xardinaría e Paisaxe Optativo 6 ECTS
Prácticas Externas Optativo 18 ECTS

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo de docentes dos departamentos de: Computación, Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e Aeronáuticas, Dereito Privado, Dereito Público, Economía, Empresa, Enxeñaría Civil, Enxeñaría Industrial, Expresión Gráfica Arquitectónica, Física e Ciencias da Terra, Letras, Matemáticas e Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición.

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.