Grao en Enfermaría

2023/2024 · 240 créditos

Que se aprende

Nestes estudos capacitase ao futuro profesional para responder as necesidades das persoas e ao seu entorno de maneira dinámica e responsable en distintos lugares de atención e contextos sociais, para o que se abordan diferentes disciplinas (biomédicas, psicosociais, enfermaría,..) estudando o organismo, as súas funcións e o comportamento das persoas no proceso de saúde-enfermidade, o que lle permite prestar coidados de saúde de alta calidade aplicando o coñecemento científico, os métodos e técnicas propios da disciplina.

A formación práctico clínica da titulación representa unha porcentaxe elevada do total de créditos, o que permite ao estudante aplicar e integrar coñecementos, habilidades e actitudes relativos aos coidados de enfermaría nun escenario real da actividade profesional en centros asistenciais da área sanitaria.

Saídas profesionais e académicas

Empresas e institucións colaboradoras

A actividade profesional desenvólvese en: centros sanitarios, socio-sanitarios, sociais, educativos e outros (empresa, ONG, Defensa, centros penitenciarios, exercicio libre...).

Planificación do ensino

Estrutura do estudo

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Anatomía Formación básica anual 9 ECTS
Psicoloxía Formación básica anual 9 ECTS
Fisioloxía Formación básica anual 12 ECTS
Fundamentos da Enfermaría Obrigatorio anual 12 ECTS
Bioloxía Formación básica 6 ECTS
Sistemas da Información e Comunicación en Ciencias da Saúde Formación básica 6 ECTS
Bases para a Interpretación do Coñecemento Científico Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Nutrición Formación básica 6 ECTS
Farmacoloxía Formación básica 6 ECTS
Situacións de Risco para a Saúde e Radioloxía Formación básica 6 ECTS
Estadías Clínicas I Obrigatorio 6 ECTS
Enfermaría Clínica I Obrigatorio 6 ECTS
Enfermaría Comunitaria I Obrigatorio 6 ECTS
Enfermaría da Saúde Mental Obrigatorio 6 ECTS
Ética Profesional, Marco Legal e Filosofía do Coidado Obrigatorio 6 ECTS
Estadías Clínicas II Obrigatorio 6 ECTS
Enfermaría Clínica II Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Enfermaría Clínica III Obrigatorio anual 9 ECTS
Enfermaría Materno-Infantil Obrigatorio anual 9 ECTS
Estadías Clínicas III Obrigatorio anual 18 ECTS
Enfermaría Xerontolóxica Obrigatorio 6 ECTS
Enfermaría Comunitaria II Obrigatorio 6 ECTS
Xestión dos Servizos da Enfermaría Obrigatorio 6 ECTS
Enfermaría Laboral Optativo 6 ECTS
Farmacoterapia Optativo 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Estadías Clínicas IV Obrigatorio 12 ECTS
Estadías Clínicas V Obrigatorio 6 ECTS
Estadías Clínicas VI Obrigatorio 6 ECTS
Estadías Clínicas VII Obrigatorio 6 ECTS
Prácticum Obrigatorio 24 ECTS
Traballo Fin de Grao Obrigatorio 6 ECTS

 BOE co plan de estudos (PDF)

Profesorado

Polo de agora o estudo non ten departamentos encargados da súa docencia.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.