Grao en Logopedia

2023/2024 · 240 créditos

Que se aprende

Saídas profesionais e académicas

Contorno profesional no que se sitúa

Educación

Saídas profesionais e académicas

Logopeda en centros hospitalarios, residencias da terceira idade, fundacións de persoas con discapacidade psíquica e física, asociacións de enfermos crónicos e centros de ensino privados.

Empresas e institucións colaboradoras

No ámbito sanitario (centros hospitalarios, clínicas etc.), educativo (centros de ensino privados, educación especial, equipos psicopedagóxicos etc.) e asistencial (residencias, fundacións, asociacións etc.).

Planificación do ensino

Estrutura do estudo

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Anatomía dos Órganos da Audición e a Linguaxe Formación básica 6 ECTS
Procesos Psicolóxicos Básicos Formación básica 6 ECTS
Psicolingüística Formación básica 6 ECTS
Lingüística Formación básica 6 ECTS
Fundamentos de Intervención Logopédica Obrigatorio 6 ECTS
Fisioloxía dos Órganos da Audición e a Linguaxe Formación básica 6 ECTS
Psicoloxía do Desenvolvemento da Linguaxe Formación básica 6 ECTS
Bases Didácticas da Intervención Logopédica Formación básica 6 ECTS
Metodoloxía da Investigación Formación básica 6 ECTS
Fundamentos de Avaliación e Diagnóstico Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Inclusión Educativa e Adaptación do Currículo Formación básica 6 ECTS
Alteracións de Base Evolutiva Obrigatorio 6 ECTS
Alteracións de Base Conxénita Obrigatorio 6 ECTS
Alteracións de Base Condutual Obrigatorio 6 ECTS
Patoloxía da Audición, Voz e Deglutición Obrigatorio 6 ECTS
Neuropsicoloxía Formación básica 6 ECTS
Avaliación das Alteracións de Base Evolutiva Obrigatorio 6 ECTS
Audioloxía Clínica Obrigatorio 6 ECTS
Avaliación das Alteracións de Base Condutual Obrigatorio 6 ECTS
Rehabilitación das Deficiencias Auditivas Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Intervención Logopédica nos Trastornos da Linguaxe Obrigatorio 6 ECTS
Rehabilitación do Aparato Bucofonador e da Deglutición Obrigatorio 6 ECTS
Lingua Galega Optativo 4,5 ECTS
Lingua Española Optativo 4,5 ECTS
Avaliación de Programas de Intervención Logopédica Optativo 4,5 ECTS
Fisioterapia do Aparato Bucofonador Optativo 4,5 ECTS
A Voz Profesional Optativo 4,5 ECTS
Introdución á Lingua de Signos Española Optativo 4,5 ECTS
Habilidades de Comunicación Terapéutica Optativo 4,5 ECTS
Sociolingüística Optativo 4,5 ECTS
Prácticum II Obrigatorio 20 ECTS
Traballo Fin de Grao Obrigatorio 10 ECTS

 BOE co plan de estudos (PDF)

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo de docentes dos departamentos de: Bioloxía, Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información, Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación, Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas, Letras, Matemáticas, Pedagoxía e Didáctica, Psicoloxía e Química.

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.