Logo da Universidade da Coruña

Grao en Educación Infantil

2015/2016 · 240 créditos

Que se aprende

Os/as graduados/a en Educación Infantil aprenderán a dispoñer dos coñecementos (saber), destrezas (saber facer) e actitudes (saber ser e estar) necesarios para exercer a súa actividade profesional, aprenderán a resolver problemas de maneira autónoma, activa e crítica, á vez que terán a capacidade para colaborar cos centros educativos e co seu contorno.

A pesar de que as competencias que o alumnado debe adquirir, en esencia, débense considerar de maneira integrada, a Universidade da Coruña optou por un modelo de clasificación que se especifica a continuación, para poder facer unha análise dos seus compoñentes.

Competencias completas do estudo

Competencias xenéricas

As competencias xenéricas refírense a competencias transferibles a multitude de situacións e tarefas e son definidas pola propia titulación.

Integran as competencias propias do saber ser e estar que non son exclusivas dun único ámbito disciplinar, senón que son comúns a todos eles.

Por exemplo, toda persoa titulada ten que ter capacidade para traballar en equipo, adaptarse a novas situacións, traballar de forma autónoma, comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional...

Competencias específicas

As competencias específicas integran as competencias propias do saber e do saber facer, que conforman o campo disciplinar propio da titulación. Son competencias relacionadas directamente coa ocupación/profesión. Deste xeito están directamente vinculadas aos diferentes módulos (de formación básica, didáctico e disciplinar e prácticum) do título.

Por exemplo, toda persoa titulada ten que coñecer o desenvolvemento da psicoloxía evolutiva da infancia nos períodos 0-3 e 3-6, e a capacidade para identificar dificultades de aprendizaxe, cognitivas e de atención, coñecer e saber exercer as funcións de profesorado titor e orientador en relación coa educación familiar, identificar trastornos no soño, a alimentación, o desenvolvemento psicomotor, a atención e a percepción auditiva e visual, atender as necesidades do alumnado e transmitir seguridade, tranquilidade e afecto, comprender que a observación sistemática é un instrumento básico para poder reflexionar sobre a práctica e a realidade, así como contribuír á innovación e á mellora, coñecer experiencias internacionais e exemplos de prácticas innovadoras en educación infantil...

Competencias transversais

As competencias transversais son aquelas competencias definidas pola propia universidade que debería posuír calquera persoa universitaria que obtivese unha titulación na Universidade da Coruña.

Enténdense como competencias esenciais comúns ligadas á institución. Pódense abordar de forma integrada no currículo das materias e de forma específica a través de accións formativas desenvolvidas dende servizos da UDC como o Centro de Linguas, o Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa (CUFIE), a Aula de Formación Informática etc.

Por exemplo, toda persoa titulada ten que ter a capacidade para expresarse correctamente nas linguas oficiais da comunidade autónoma, empregar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida, entender a importancia da cultura emprendedora...

Saídas profesionais e académicas

A disposición adicional 12, punto 1 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e o Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, accesos e adquisición de novas especialidades nos corpos docentes a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e se regula o réxime transitorio de ingreso a que se refire a disposición transitoria décimo sétima da citada lei, establecen que o sistema de ingreso na función pública docente será o de concurso-oposición convocado polas respectivas administracións educativas.

Contorno profesional no que se sitúa

Ámbito educativo.

Saídas profesionais e académicas

O Grao en Educación Infantil habilita para a profesión regulada de mestra/e en Educación Infantil.

Docencia en Colexios de Infantil e Primaria públicos, concertados e privados.

Docencia en Escolas Infantís públicas e privadas.

Dinamización sociocultural noutros centros de atención á infancia como ludotecas e salas de xogo que realizan actividades lúdicas ou en ONGs, asociacións e fundacións culturais.

Elaboración de materiais en editoriais relacionadas con Educación Infantil.

Deseño de proxectos educativos de lecer infantil e/ou desenvolvemento dos mesmos. Por exemplo as actividades extraescolares en centro educativos (Luditarde).

Tendas especializadas na venda de materiais e servizos destinados a nenos.

Animador en institucións de difusión cultural especializado en nenos e nenas pequenos por exemplo os museos.

Empresas multimedia e TIC dedicadas ao mundo infantil.

Existen outras saídas académicas que lle permiten ao alumnado continuar os seus estudos na Facultade de Ciencias da Educación:

*Mestrado Universitario en Estudos Avanzados sobre a Comunicación, a Linguaxe e as súas Patoloxías.

*Mestrado Universitario en Innovación, Orientación e Avaliación Educativa.

*Mestrado Universitario en Formación de Profesorado de ESO e Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas.

*Mestrado Universitario en Psicoloxía Aplicada.

Empresas e institucións colaboradoras

*Centros que impartan educación infantil (0-3 e 3-6 anos).

*Docencia na Formación Profesional (Intervención Sociocomunitaria e Servizos á Comunidade).

*Ámbitos onde se requiran as súas competencias básicas.

Planificación do ensino

O ensino organízase en catro cursos académicos cunha estrutura cuadrimestral. Todos os cuadrimestres teñen 30 créditos, agás os de cuarto curso, que constan de 36 créditos o primeiro e 24 o segundo. Este pequeno desaxuste xustifícase pola pretensión de dar maior peso ao Prácticum II e de reservarlle un período específico e exclusivo.

Todas as materias son cuadrimestrais, incluído o Prácticum I e II e o traballo de fin de grao, todas as de rama e obrigatorias teñen 6 créditos e todas as optativas 4,5.

A optatividade ofértase nos segundos cuadrimestres de terceiro e de cuarto. Unha vez implantado o plan na súa totalidade, o alumnado poderá elixir calquera das materias ofertadas con independencia de que cursen en terceiro ou en cuarto.

Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

Estrutura do estudo

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Teoría da Educación Formación básica 6 ECTS
Deseño, Desenvolvemento e Avaliación do Currículo Formación básica 6 ECTS
Socioloxía da Educación Formación básica 6 ECTS
Psicoloxía do Desenvolvemento de 0 a 6 Anos Formación básica 6 ECTS
Tecnoloxías da Información e a Comunicación en Educación Formación básica 6 ECTS
Historia da Educación Formación básica 6 ECTS
Psicoloxía da Aprendizaxe en Contextos Educativos Formación básica 6 ECTS
Valores e Educación para a Igualdade Obrigatorio 6 ECTS
Psicoloxía Clínica Infantil Obrigatorio 6 ECTS
Investigación e Avaliación da Calidade de Proxectos Educativos Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Educación Inclusiva e Multicultural Formación básica 6 ECTS
Organización e Avaliación de Institucións Educativas Formación básica 6 ECTS
Deseño de Ambientes de Aprendizaxe, Materiais e Recursos Didácticos Obrigatorio 6 ECTS
Educación Matemática Obrigatorio 6 ECTS
Didáctica da Lingua Galega Obrigatorio 6 ECTS
Orientación e Titoría Formación básica 6 ECTS
Intervención Psicolóxica no Contexto Familiar Obrigatorio 6 ECTS
Didáctica da Lingua Castelá Obrigatorio 6 ECTS
Ensino das Ciencias da Natureza Obrigatorio 6 ECTS
Didáctica da Expresión Corporal Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Deseño de Proxectos Educativos de 0 a 3 Anos Obrigatorio 6 ECTS
Intervención Psicolóxica e Prevención das Dificultades de Aprendizaxe Obrigatorio 6 ECTS
Didáctica da Expresión Musical Obrigatorio 6 ECTS
Literatura Infantil e a súa Didáctica Obrigatorio 6 ECTS
Medio Social e Cultural e a súa Didáctica Obrigatorio 6 ECTS
Didáctica da Lingua Estranxeira Obrigatorio 6 ECTS
Didáctica da Expresión Plástica Obrigatorio 6 ECTS
Practicum I Obrigatorio 9 ECTS
Medio Histórico e Xeográfico de Galicia e a súa Didáctica Optativo 4,5 ECTS
Xogos Motores Optativo 4,5 ECTS
Matemáticas e Xogo Optativo 4,5 ECTS
Ensino do Corpo Humano e de Hábitos Saudables Optativo 4,5 ECTS
Atención Temperá Optativo 4,5 ECTS
Bases Didácticas da Educación Especial Inclusiva Optativo 4,5 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Practicum II Obrigatorio 36 ECTS
Pedagoxía da Expresión Musical Optativo 4,5 ECTS
Infancia, TV e outras Pantallas Optativo 4,5 ECTS
Procesos Cognitivos na Discapacidade Intelectual Optativo 4,5 ECTS
Educación Psicomotriz e Habilidades Motrices Optativo 4,5 ECTS
Matemáticas na Vida Optativo 4,5 ECTS
Didáctica da Educación Ambiental e para a Sustentabilidade Optativo 4,5 ECTS
Didáctica da Dramatización e do Teatro Infantil Optativo 4,5 ECTS
Linguaxes Audiovisuais e Educación Artística Optativo 4,5 ECTS
Relixión, Cultura e Valores Optativo 4,5 ECTS
Traballo Fin de Grao Obrigatorio 6 ECTS

 BOE co plan de estudos (PDF)

Referentes externos

* Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais (BOE, do 30 de outubro de 2007), modificado polo RD 861/2010.

* Liñas xerais para a implantación dos títulos de grao e posgrao no SUG, aprobadas polo Consello Galego de Universidades o 5 de novembro de 2007.

* Directrices para a elaboración das propostas de títulos de grao na Universidade da Coruña, aprobadas polo Consello de Goberno da UDC o 23 de novembro de 2007.

* Libro Branco. Título de Grao en Maxisterio (Madrid, ANECA, 2005, 2 vols.).

* Orde ECI/3854/2007 (Mestre de Educación Infantil, BOE do 29 de decembro de 2007).

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo de docentes dos departamentos de: Composición, Didácticas Específicas, Filosofía e Métodos de Investigación en Educación, Pedagoxía e Didáctica, Psicoloxía, Psicoloxía Evolutiva e da Educación e Socioloxía e Ciencia Política da Administración.

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

  • Asignada a docentes do estudo

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.