Logo da Universidade da Coruña

Grao en Fisioterapia

2015/2016 · 240 créditos

Que se aprende

Para lograr as competencias que garanten a capacidade de actuación nos devanditos campos, abórdanse materias fundamentalmente dos campos da física, bioloxía, medicina e cirurxía, psicoloxía e fisioterapia desde unha vertente teórica, práctica e clínica. Xa que logo, a titulación require habilidade para integrar os coñecementos teóricos e prácticos de forma razoada e adaptada á situación clínica da persoa e o seu contexto.

Competencias completas do estudo

Competencias xenéricas

Alén de ser recomendable iniciar os estudos de se dispor de vocación e das características de corte clínico iniciais, debe manterse unha actitude de estudo e esforzo durante a carreira para facilitar que ao finalizar os estudos se alcanzasen competencias como as seguintes: unha expresión correcta, oral e escrita, nos idiomas oficiais e nun idioma estranxeiro (inglés); a utilización das ferramientas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións(TIC) para a aprendizaxe ao longo da vida; o desempeño dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade e diagnosticar problemas, así como de formular e implantar solucións; unha cultura emprendedora; a valoración crítica do coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible; ou a valoración da importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Competencias específicas

De forma resumida: coñecer e comprender a morfoloxía, a fisioloxía, a patoloxía e a conduta das persoas; coñecer e comprender as ciencias, os modelos, as técnicas e os instrumentos sobre os que se fundamenta, articula e desenvolve a fisioterapia; coñecer e comprender os métodos, procedementos e actuacións fisioterapéuticos, encamiñados tanto á terápeutica que se aplicará na clínica para a reeducación ou recuperacion funcional como á realización de actividades dirixidas á promoción e o mantemento da saúde; adquirir unha experiencia clínica axeitada, que proporcione habilidades, facilite a incorporación de valores éticos e profesionais e que desenvolva a capacidade de integración; valorar o estado funcional do/a paciente considerando aspectos físicos, psicolóxicos e sociais; valoración diagnóstica; deseñar, executar, dirixir e coordinar o plan de intervención de fisioterapia; avaliar a evolución dos resultados obtidos; elaborar o informe de alta; proporcionar unha atención de fisioterapia eficaz e integral; intervir nos ámbitos da promoción, prevención, protección e recuperación da saúde; saber traballar en equipos profesionais; incorporar os principios éticos e legais da profesión, así como integrar os aspectos sociais e comunitarios na toma de decisións; participar na elaboración de protocolos asistenciais de fisioterapia con base na evidencia científica; levar a cabo intervencións fisioterapéuticas con base nunha atención integral da saúde; comprender a importancia de actualizar os coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes; adquirir habilidades de xestión clínica; e, por último, comunicarse de modo efectivo e claro cos usuarios do sistema sanitario, así como con outros profesionais.

Competencias transversais

De forma resumida, o/a estudante debe traballar de forma autónoma e con iniciativa, e adquirir a capacidade de análise e síntese, de aplicar os coñecementos á práctica e de aprender coñecementos xerais básicos sobre a área de estudo. Habilidades de xestión da información e preocupación pola calidade.

Saídas profesionais e académicas

Os perfís básicos son o clínico-asistencial, de investigación, docente e de xestión.

Contorno profesional no que se sitúa

Os contornos profesionais en que o/a fisioterapeuta pode desenvolver a súa actuación clínica e de xestión son centros sanitarios tanto públicos (hospitais, ambulatorios, centros de saúde...) como privados (gabinetes, hospitais...). Ademais pode desenvolver a súa actuación en contornos non-sanitarios, de carácter social e ligados á saúde comunitaria, como centros sociais, concellos, colexios e centros educativos e de educación especial, asociacións de enfermos, ximnasios, centros lúdicos, empresas e centros de traballo etc. Por outra banda, no desempeño das función de educación e investigación, o/a fisioterapeuta pode traballar tanto en institucións públicas como privadas.

Saídas profesionais e académicas

Institucións sanitarias, centros educativos e de educación especial, servizos sociais, institucións deportivas, consultorios, centros de rehabilitación, ximnasios, balnearios, xeriátricos, centros de investigación, empresas.

Empresas e institucións colaboradoras

A Facultade de Fisioterapia conta cos convenios pertinentes para os estudantes realizaren prácticas clínicas en entidades públicas como poden ser os centros da rede do Servizo Galego de Saúde (por exemplo, o Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, o Pavillón Municipal de Deportes da Coruña ou a Residencia Asistida Torrente Ballester; así como en centros clínicos de carácter privado tanto a nivel hospitalario como de atención sociosanitaria ou en clínicas de fisioterapia. Por outra banda, mantén unha estreita relación co Colexio de Fisioterapeutas de Galicia, coa Asociación Española de Fisioterapeutas e coa Confederación Mundial para Fisioterapia. En todas estas institucións traballan fisioterapeutas nos seus respectivos ámbitos.

Planificación do ensino

Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

Estrutura do estudo

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
FISIOLOXÍA Formación básica anual 9 ECTS
MARCO TEÓRICO DA FISIOTERAPIA E A REHABILITACIÓN FÍSICA Obrigatorio anual 9 ECTS
VALORACIÓN FUNCIONAL E PSICOSOCIAL Obrigatorio anual 9 ECTS
FISIOTERAPIA XERAL Obrigatorio anual 9 ECTS
ANATOMÍA I E HISTOLOXÍA Formación básica 6 ECTS
BIOFÍSICA E BIOQUÍMICA Formación básica 6 ECTS
ANATOMÍA II Formación básica 6 ECTS
CINESITERAPIA XERAL Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
PSICOLOXÍA Formación básica anual 9 ECTS
FISIOTERAPIA NEUROLÓXICA E PSICOMOTRIZ Obrigatorio anual 9 ECTS
BIOMECÁNICA Formación básica 6 ECTS
SEMIOLOXÍA CLÍNICA Formación básica 6 ECTS
CINESITERAPIA: BASES DO EXERCICIO TERAPÉUTICO Obrigatorio 6 ECTS
FISIOTERAPIA MANUAL E OSTEOPÁTICA I Obrigatorio 6 ECTS
PATOLOXÍA MÉDICO-CIRÚRXICA I Formación básica 6 ECTS
FISIOTERAPIA NAS ALTERACIÓNS ESTÁTICAS E DINÁMICAS DA RAQUE Obrigatorio 6 ECTS
FISIOTERAPIA RESPIRATORIA Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
ESTADÍAS CLÍNICAS II Obrigatorio anual 30 ECTS
DOCUMENTACIÓN E ESTATÍSTICA SANITARIA Obrigatorio 6 ECTS
LEXISLACIÓN E ADMINISTRACIÓN SANITARIA Obrigatorio 6 ECTS
FISIOTERAPIA COMUNITARIA E SAÚDE PÚBLICA Obrigatorio 6 ECTS
ECOGRAFÍA EN FISIOTERAPIA Optativo 6 ECTS
FISIOTERAPIA NAS AFECCIÓNS PODOLÓXICAS Optativo 6 ECTS
FISIOTERAPIA ESTÉTICA, PLÁSTICA E REPARADORA Optativo 6 ECTS
TRABALLO FIN DE GRAO Obrigatorio 6 ECTS

 BOE co plan de estudos (PDF)

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo de docentes dos departamentos de: Bioloxía Celular e Molecular, Ciencias da Saúde, Dereito Privado, Dereito Público Especial, Didácticas Específicas, Filoloxía Inglesa, Física, Fisioterapia, Matemáticas, Medicina e Psicoloxía Evolutiva e da Educación.

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.

Accións concretas do centro

As actividades de mobilidade son desenvolvidas e coordinadas a través dos programas Erasmus, Convenio Bilateral, Ciencia sen Fronteiras e SICUE, de tal forma que existe posibilidade de cursar parte dos estudos de grao en Finlandia, Polonia ou o Brasil, alén de en universidades nacionais.

Tanto a coordinadora de mobilidade internacional como a de mobilidade nacional se encargan de informar, axudar e asesorar o alumnado da UDC e o alumnado visitante, e neste caso tamén coordinar o seu proceso formativo na nosa facultade.