Logo da Universidade da Coruña

Grao en Tecnoloxía da Enxeñaría Civil

2016/2017 · 240 créditos

Que se aprende

Saídas profesionais e académicas

Os alumnos que cursan o Grao en Tecnoloxía da Enxeñería Civil teñen como obxectivo a continuación dos seus estudos no Máster Universitario en Enxeñería de Camiños, Canais e Portos; para o que este grado foi específicamente deseñado. Deste xeito os eidos de desenvolvemento deste grao van directamente ligados aos eidos de desenvolvemento dos Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos (que terán cursado este grao xunto co Máster en Enxeñería de Camiños, Canais e Portos).

Saídas profesionais e académicas

Así, unha vez rematado o grao e o Máster poderán desenvolverse profesionalmente en:

  • Deseño e elaboración de proxectos de Exgeñería
  • Planificación, execución e construción en Enxeñería
  • Xestión e dirección de empresas e institucións
  • Planificación e estratexia
  • Asesoramento técnico e científico
  • Consultoría avanzada
  • Mantemento e explotación de infraestruturas
  • Exercicio libre da profesión de Enxeñeiro de Camiños, C. e P.
  • Función pública (administración e enxeñería)
  • Modelización matemática e simulación avanzada
  • Investigación, desenvolvemento e innovación

en eidos como:

  • Os proxectos de Enxeñería Civil
  • A construcción
  • A enerxía (infraestruturas, xeración, produción, distribución,...)
  • As estruturas (pontes, viadutos, pasarelas, muros, naves industriais, instalacións deportivas...)
  • A Enxeñería do Terreo (túneles, obras subterráneas, cimentacións,...)
  • A hidráulica e a hidroloxía (ríos, rías, canais, redes de distribución, cuncas hidrográficas, augas subterráneas,...)
  • A enxeñería sanitaria e ambiental (abastecemento, saneamento, estacións depuradoras,...)
  • Os portos e as actuacións costeiras (portos, portos deportivos, diques e espigóns, rexeneración de praias,...)
  • A loxística e o transporte (mercadorías, persoas, distribución, organización do transporte,...)
  • As estradas, os ferrocarrís e os aeroportos (estradas e autopistas, AVE, aeroportos,...)
  • O urbanismo e a ordenación do territorio (plans xerais de ordenación, ordenación do territorio, …)
  • A edificación

entre outros eidos relacionados coa enxeñería como a aeronáutica, a medicina, etc...

Planificación do ensino

Estrutura do estudo

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Cálculo infinitesimal I Formación básica 6 ECTS
Física aplicada I Formación básica 6 ECTS
Álxebra lineal I Formación básica 6 ECTS
Materiais de construción I Obrigatorio 6 ECTS
Topografía e cartografía Obrigatorio 6 ECTS
Cálculo infinitesimal II Formación básica 6 ECTS
Debuxo en enxeñaría civil I Formación básica 6 ECTS
Física aplicada II Formación básica 6 ECTS
Álxebra lineal II Formación básica 6 ECTS
Materiais de construción II Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Cálculo de probabilidades e estatística Formación básica anual 9 ECTS
Debuxo en enxeñaría civil II Formación básica anual 9 ECTS
Ecuacións diferenciais Formación básica anual 9 ECTS
Resistencia de materiais Obrigatorio anual 9 ECTS
Xeoloxía aplicada Formación básica 6 ECTS
Fundamentos de mecánica computacional Formación básica 6 ECTS
Economía e empresa Formación básica 6 ECTS
Mecánica Formación básica 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Xeotecnia I Obrigatorio 6 ECTS
Métodos Numéricos e Programación Formación básica 6 ECTS
Estruturas I Obrigatorio 6 ECTS
Hidráulica e Hidroloxía I Obrigatorio 6 ECTS
Camiños Obrigatorio 6 ECTS
Xeotecnia II Obrigatorio 6 ECTS
Organización e Xestión de Proxectos e Obras e Legislación Obrigatorio 6 ECTS
Estruturas II Obrigatorio 6 ECTS
Obras Marítimas e Portuarias Obrigatorio 6 ECTS
Hidráulica e Hidroloxía II Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Enxeñaría Ambiental Obrigatorio anual 9 ECTS
Formigón Estrutural, Edificación e Prefabricación I Obrigatorio 6 ECTS
Estruturas Metálicas e Mixtas Obrigatorio 6 ECTS
Urbanismo Obrigatorio 4,5 ECTS
Obras Hidráulicas e Enerxía Obrigatorio 4,5 ECTS
Formigón Estrutural, Edificación e Prefabricación II Obrigatorio 6 ECTS
Ferrocarrís Obrigatorio 6 ECTS
Tecnoloxías dos Recursos Enerxéticos Optativo 6 ECTS
Linguaxes de Programación en Enxeñaría Optativo 6 ECTS
Historia da Enxeñaría Optativo 6 ECTS
Arte e Estética en Enxeñaría Optativo 6 ECTS
Ciencia de Materiais Optativo 6 ECTS
Sistemas Expertos en Enxeñaría Civil Optativo 6 ECTS
Cooperación para o Desenvolvemento en Enxeñaría Civil Optativo 6 ECTS
Traballo Fin de Grao Obrigatorio 12 ECTS

 BOE co plan de estudos (PDF)

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo de docentes dos departamentos de: Análise Económica e Administración de Empresas, Ciencias da Navegación e da Terra, Composición, Computación, Economía Aplicada 1, Enerxía e Propulsión Mariña, Enxeñaría Industrial, Física, Matemáticas, Métodos Matemáticos e de Representación, Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo e Tecnoloxía da Construción.

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.