Logo da Universidade da Coruña

Grao en Enxeñaría de Obras Públicas

2015/2016 · 240 créditos

Saídas profesionais e académicas

Os alumnos que completen o Grao en Enxeñería de Obras Públicas poderán desenvolverse profesionalmente:

  • Na función pública (en eidos relacionados coas obras públicas)
  • Nas empresas consultoras e de enxeñería
  • Nas empresas constructoras
  • No exercicio libre da profesión de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas

en eidos como:

  • Estudo e inspeción de obras públicas
  • Xestión, execución e construción de obras públicas
  • Mantemento, conservación e explotación de obras públicas

entre outros.

Planificación do ensino

Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

Estrutura do estudo

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Álxebra Formación básica anual 9 ECTS
Cálculo Formación básica anual 9 ECTS
Física Formación básica 6 ECTS
Xeoloxía Formación básica 6 ECTS
Debuxo Formación básica 6 ECTS
Introdución á economía e á empresa Formación básica 6 ECTS
Topografía Obrigatorio 6 ECTS
Representación en enxeñaría civil Formación básica 6 ECTS
Ampliación de física Formación básica 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Tecnoloxía dos materiais Obrigatorio anual 9 ECTS
Hidráulica e hidroloxía Obrigatorio anual 9 ECTS
Ampliación de cálculo Formación básica 6 ECTS
Enxeñaría ambiental Obrigatorio 6 ECTS
Enxeñaría enerxética Obrigatorio 6 ECTS
Introdución aos métodos numéricos Formación básica 6 ECTS
Resistencia de materiais Formación básica 6 ECTS
Estatística Formación básica 6 ECTS
Infraestruturas do transporte Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Análise de Estruturas Obrigatorio anual 9 ECTS
Enxeñaría do Terreo I Obrigatorio anual 9 ECTS
Formigón Estrutural e Construción Obrigatorio anual 9 ECTS
Construción Optativo anual 9 ECTS
Mobilidade Metropolitana e Terminais de Transporte Optativo anual 9 ECTS
Lexislación e Proxectos Obrigatorio 4,5 ECTS
Obras Hidráulicas Obrigatorio 4,5 ECTS
Informática e Programación Optativo 4,5 ECTS
Integridade Estrutural e Fractura Optativo 4,5 ECTS
Estadía de Prácticas Optativo 4,5 ECTS
Calidade na Construción Optativo 4,5 ECTS
Servizos Urbanos Optativo 4,5 ECTS
Portos Optativo 4,5 ECTS
Obras Costeiras Optativo 4,5 ECTS
Hidráulica Fluvial Optativo 4,5 ECTS
Medio Ambiente Urbano Optativo 4,5 ECTS
Enxeñaría Sustentable Urbana Optativo 4,5 ECTS
Xestión do Transporte Urbano Optativo 4,5 ECTS
Enxeñaría de Tráfico e Seguridade Vial Optativo 4,5 ECTS
Cartografía e Sistemas de Información Xeográfica Optativo 4,5 ECTS
Cooperación para o Desenvolvemento en Enxeñaría Civil Optativo 4,5 ECTS
Laboratorio de Estruturas de Formigón Optativo 4,5 ECTS
Estética do Deseño Estrutural Optativo 4,5 ECTS
Enxeñaría do Terreo II Optativo 4,5 ECTS
Augas de Transición e Costeiras Optativo 6 ECTS
Calidade de Augas Optativo 4,5 ECTS
Xestión Ambiental Optativo 4,5 ECTS
Hidroloxía Aplicada ás Obras Públicas Optativo 4,5 ECTS
Tratamento de Augas Optativo 4,5 ECTS
Obras Marítimas e Portuarias Optativo 6 ECTS
Obras Públicas e Territorio Optativo 4,5 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Camiños e Aeroportos Optativo anual 9 ECTS
Estruturas Metálicas Obrigatorio 6 ECTS
Camiños e Ferrocarrís Optativo 6 ECTS
Obras Xeotécnicas Optativo 6 ECTS
Análise de Estruturas II Optativo 6 ECTS
Presas e Aproveitamentos Hidroeléctricos Optativo 4,5 ECTS
Obras Hidráulicas II Optativo 6 ECTS
Hidroloxía Superficial e Subterránea Optativo 4,5 ECTS
Ferrocarrís Optativo 6 ECTS
Introdución ao Urbanismo Optativo 4,5 ECTS
Edificación e Prefabricación Optativo 6 ECTS
Análise Territorial Obrigatorio 4,5 ECTS
Abastecemento e Saneamento Optativo 4,5 ECTS
Traballo Fin de Grao Obrigatorio 12 ECTS
Regulación de Recursos Optativo 4,5 ECTS
Sistemas Urbanos Optativo 4,5 ECTS

 BOE co plan de estudos (PDF)

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo de docentes dos departamentos de: Análise Económica e Administración de Empresas, Ciencias da Navegación e da Terra, Computación, Economía Aplicada 1, Enerxía e Propulsión Mariña, Enxeñaría Industrial, Física, Matemáticas, Métodos Matemáticos e de Representación, Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo e Tecnoloxía da Construción.

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.