Logo da Universidade da Coruña

Grao en Tecnoloxías Mariñas

2015/2016 · 240 créditos

Que se aprende

As materias do plan de estudos garanten a aprendizaxe das competencias necesarias para a operación, o mantemento, o deseño, o redeseño e a xestión das instalacións de buques.

Os graduados adquiren unha formación científico-tecnolóxica moi ampla, que tamén lles permite aplicar a metodoloxía e a técnica da enxeñaría nun extenso abano de actividades do sector enerxético, oficina técnica, produción de equipos, xestión e administración etc.

Competencias completas do estudo

Competencias xenéricas

As competencias xenéricas establécense co obxectivo de que os estudantes acaden coñecementos, habilidades e actitudes útiles para desenvolverse non só no ámbito profesional senón tamén na vida cotiá dentro dunha sociedade crítica e en continuo cambio.

Deste xeito, o título recolle entre outras, competencias como:

  • Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria.
  • Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
  • Aplicar os coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional.

Competencias específicas

As competencias específicas garanten os coñecementos propios da profesión de Oficial de Máquinas da Mariña Mercante e desenvólvense nos contidos das materias de formación específica do Grao.

Cabe apuntar as seguintes:

  • Capacidade para a realización de inspeccións, medicións, valoracións, tasacións, peritacións, estudos, informes, planos de labores e certificacións nas instalacións do ámbito da súa especialidade
  • Capacidade para a dirección, organización e operación das actividades obxecto das instalacións marítimas no ámbito da súa especialidade
  • Coñecementos e capacidade para a realización de auditorías enerxéticas de instalacións marítimas

Competencias transversais

As competencias transversais son destrezas que permiten ao alumno desenvolver e aplicar as súas propias competencias en actividades diversas. Podemos destacar, a versatilidade, comunicarse de forma efectiva, traballo en equipo, iniciativa, responsabilidade social, etc.

Saídas profesionais e académicas

Saídas profesionais e académicas

  • Oficial de máquinas da mariña mercante, e xunto co Mestrado en Enxeñaría Mariña da acceso á profesión de Xefe de Máquinas
  • Administración marítima
  • Navieiras
  • Inspección e sociedades de clasificación de buques
  • Estaleiros e instalacións enerxéticas e industriais
  • Oficina técnica en deseño e enxeñaría
  • Ensino e acceso a mestrado e doutoramento

Planificación do ensino

As materias poden impartirse en castelán, galego e/ou inglés, segundo conste nas guías docentes de cada materia.

Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

Estrutura do estudo

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Matemáticas I Formación básica 6 ECTS
Física I Formación básica 6 ECTS
Informática Formación básica 6 ECTS
Inglés Formación básica 6 ECTS
Química Formación básica 6 ECTS
Expresión Gráfica Formación básica 6 ECTS
Matemáticas II Formación básica 6 ECTS
Física II Formación básica 6 ECTS
Empresa e Dereito Formación básica 6 ECTS
Construción Naval e Teoría do Buque Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Mecánica e Resistencia de Materiais Obrigatorio 6 ECTS
Tecnoloxía Mecánica e Mecanismos Obrigatorio 6 ECTS
Electrotecnia, Máquinas Eléctricas e Sistemas Eléctricos do Buque Obrigatorio 6 ECTS
Termodinámica e Termotecnia Obrigatorio 6 ECTS
Hixiene Naval e Riscos Laborais Obrigatorio 6 ECTS
Ciencia e Enxeñaria de Materiais Obrigatorio 6 ECTS
Fundamentos de Regulación e Control Obrigatorio 6 ECTS
Mecánica de Fluidos Obrigatorio 6 ECTS
Seguridade Marítima e Contaminación Obrigatorio 6 ECTS
Matemáticas III Formación básica 6 ECTS

 BOE co plan de estudos (PDF)

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo de docentes dos departamentos de: Ciencias da Navegación e da Terra, Ciencias da Saúde, Computación, Dereito Privado, Dereito Público, Electrónica e Sistemas, Enerxía e Propulsión Mariña, Enxeñaría Industrial, Enxeñaría Industrial 2, Enxeñaría Naval e Oceánica, Filoloxía Inglesa, Física, Matemáticas, Métodos Matemáticos e de Representación, Química Analítica, Química Física e Enxeñaría Química 1, Química Fundamental e Tecnoloxías da Información e as Comunicacións.

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.