Logo da Universidade da Coruña

Grao en Tecnoloxías Mariñas

2017/2018 · 240 créditos

Que se aprende

As materias do plan de estudos garanten a aprendizaxe das competencias necesarias para a operación, o mantemento, o deseño, o redeseño e a xestión das instalacións de buques.

Os graduados adquiren unha formación científico-tecnolóxica moi ampla, que tamén lles permite aplicar a metodoloxía e a técnica da enxeñaría nun extenso abano de actividades do sector enerxético, oficina técnica, produción de equipos, xestión e administración etc.

Competencias xenéricas

As competencias xenéricas establécense co obxectivo de que os estudantes acaden coñecementos, habilidades e actitudes útiles para desenvolverse non só no ámbito profesional senón tamén na vida cotiá dentro dunha sociedade crítica e en continuo cambio.

Deste xeito, o título recolle entre outras, competencias como:

  • Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria.
  • Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
  • Aplicar os coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional.

Competencias específicas

As competencias específicas garanten os coñecementos propios da profesión de Oficial de Máquinas da Mariña Mercante e desenvólvense nos contidos das materias de formación específica do Grao.

Cabe apuntar as seguintes:

  • Capacidade para a realización de inspeccións, medicións, valoracións, tasacións, peritacións, estudos, informes, planos de labores e certificacións nas instalacións do ámbito da súa especialidade
  • Capacidade para a dirección, organización e operación das actividades obxecto das instalacións marítimas no ámbito da súa especialidade
  • Coñecementos e capacidade para a realización de auditorías enerxéticas de instalacións marítimas

Competencias transversais

As competencias transversais son destrezas que permiten ao alumno desenvolver e aplicar as súas propias competencias en actividades diversas. Podemos destacar, a versatilidade, comunicarse de forma efectiva, traballo en equipo, iniciativa, responsabilidade social, etc.

Saídas profesionais e académicas

Saídas profesionais e académicas

  • Oficial de máquinas da mariña mercante, e xunto co Mestrado en Enxeñaría Mariña da acceso á profesión de Xefe de Máquinas
  • Administración marítima
  • Navieiras
  • Inspección e sociedades de clasificación de buques
  • Estaleiros e instalacións enerxéticas e industriais
  • Oficina técnica en deseño e enxeñaría
  • Ensino e acceso a mestrado e doutoramento

Planificación do ensino

As materias poden impartirse en castelán, galego e/ou inglés, segundo conste nas guías docentes de cada materia.

Estrutura do estudo

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Matemáticas I Formación básica 6 ECTS
Física I Formación básica 6 ECTS
Informática Formación básica 6 ECTS
Inglés Formación básica 6 ECTS
Química Formación básica 6 ECTS
Expresión Gráfica Formación básica 6 ECTS
Matemáticas II Formación básica 6 ECTS
Física II Formación básica 6 ECTS
Empresa e Dereito Formación básica 6 ECTS
Construción Naval e Teoría do Buque Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Mecánica e Resistencia de Materiais Obrigatorio 6 ECTS
Tecnoloxía Mecánica e Mecanismos Obrigatorio 6 ECTS
Electrotecnia, Máquinas Eléctricas e Sistemas Eléctricos do Buque Obrigatorio 6 ECTS
Termodinámica e Termotecnia Obrigatorio 6 ECTS
Hixiene Naval e Riscos Laborais Obrigatorio 6 ECTS
Ciencia e Enxeñaria de Materiais Obrigatorio 6 ECTS
Fundamentos de Regulación e Control Obrigatorio 6 ECTS
Mecánica de Fluidos Obrigatorio 6 ECTS
Seguridade Marítima e Contaminación Obrigatorio 6 ECTS
Matemáticas III Formación básica 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Motores de Combustión Interna Optativo 6 ECTS
Turbinas de Vapor e Gas Optativo 6 ECTS
Transferencia de Calor e Xeradores de Vapor Optativo 6 ECTS
Instalacións Marítimas e Propulsores Optativo 6 ECTS
Técnicas de Frío e Aire Acondicionado Optativo 6 ECTS
Máquinas Térmicas Mariñas Optativo 6 ECTS
Equipos Auxiliares do Buque Optativo 6 ECTS
Electrónica Analóxica e de Potencia Optativo 6 ECTS
Electrónica Dixital Optativo 6 ECTS
Máquinas Eléctricas do Buque Optativo 6 ECTS
Electrónica. Sistemas Electrónicos do Buque Optativo 6 ECTS
Automatización de Instalacións Marítimas Optativo 6 ECTS
Transportes Especiais e Mercadorías Perigosas Optativo 6 ECTS
Instalacións Marítimas II Optativo 6 ECTS
Sistemas de Xestión e Mantemento do Buque Optativo 6 ECTS
Redes e Comunicacións Optativo 6 ECTS
Alta Tensión e Distribución Eléctrica do Buque Optativo 6 ECTS
Regulación e Control Optativo 6 ECTS
Instrumentación e Sensórica Optativo 6 ECTS
Mantemento Eléctrico do Buque Optativo 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Oficina Técnica-Proxectos. Mención Enerxía e Propulsión Optativo 6 ECTS
Técnicas Enerxéticas Aplicadas ao Buque Optativo 6 ECTS
Oficina Técnica-Proxectos. Mención E.T.O. Optativo 6 ECTS
Sistemas Electrónicos de Comunicacións e Axuda á Navegación Optativo 6 ECTS
Propulsión Eléctrica do Buque Optativo 6 ECTS
Inglés Técnico Marítimo Optativo 6 ECTS
Sistemas Hidráulicos e Pneumáticos Optativo 6 ECTS
Debuxo Mecánico Optativo 6 ECTS
Combustibles e Lubricantes Optativo 6 ECTS
Propulsión Eléctrica Optativo 6 ECTS
Xestión Enerxética Optativo 6 ECTS
Electrohidráulica e Electropneumática Optativo 6 ECTS
Sistemas de Posicionamento Dinámico Optativo 6 ECTS
Sistemas Eléctricos Optativo 6 ECTS
Fundamentos de Programación Optativo 6 ECTS
Sistemas Electrónicos de Adquisición de Datos Optativo 6 ECTS
Prácticas Externas en Buque Optativo 24 ECTS
Traballo Fin de Grao. Enerxía e Propulsión Optativo 12 ECTS
Prácticas en Simulador Optativo 6 ECTS
Prácticas Externas Optativo 12 ECTS
Traballo Fin de Grao. Oficial Electrotécnico (ETO) Optativo 12 ECTS

 BOE co plan de estudos (PDF)

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo de docentes dos departamentos de: Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña, Ciencias da Saúde, Computación, Dereito Privado, Dereito Público, Enxeñaría Civil, Enxeñaría de Computadores, Enxeñaría Industrial, Enxeñaría Naval e Industrial, Física e Ciencias da Terra, Letras, Matemáticas e Química.

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.