Grao en Paisaxe

2023/2024 · 240 créditos

Que se aprende

A titulación, cun total de 240 créditos distribuídos en 60 créditos de formación básica, 150 de materias obrigatorias, 6 créditos optativos, 6 créditos en prácticas externas obrigatorios e 18 créditos no Traballo Fin de Grao. A formación integra materias e disciplinas moi diversas: bioloxía, economía, expresión gráfica, xeografía, xeoloxía, informática, matemática e estatística aplicada, composición, proxectos e urbanismo, xeomática e topografía, arquitectura, medio ambiente, botánica, edafoloxía, tratamento vexetal, arte, historia, ecoloxía, análise do medio, hidroloxía, construción e instalacións, estruturas e socioloxía. Destacar a importancia das 6 materias de talleres de aplicación transversal dos coñecementos. A docencia se articula en dúas sedes buscando a máxima coherencia académica, deste xeito se programa a docencia del 1º e 2º curso na EPS de Enxeñaría (Campus Terra, Lugo) con desprazamentos programados e organizados á ETSAC (Campus Sostenible, A Coruña). Os cursos de 3º e 4º curso se desenvolven na ETSAC (Campus Sostenible, A Coruña). Ademais, se contempla a participación de profesorado do Departamento de Xeografía da USC. Con este obxectivo se establece a obriga do estudantado de matricularse e cursar (aínda quen non se superen) todas as materias impartidas na sede da EPS de Enxeñaría (Campus Terra, Lugo) antes de acceder ao terceiro curso con sede na ETSAC (Campus Sostenible, A Coruña). Non se exixe superar a totalidade das materias, solo cursalas. Esta exixencia permite articular solucións concretas (traballos complementarios, titorías, correccións de traballos realizados, etc) para unha vez cursada e no caso de non ter superada unha materia permitir a súa superación desde o Campus de A Coruña.

Competencias xenéricas

- Coñecer o papel das belas artes, a historia e as teorías da paisaxe, así como as tecnoloxías e ciencias humanas relacionadas con este. - Coñecer os sistemas de información e representación da paisaxe. - Coñecer a xeografía física e humana, o urbanismo e as técnicas aplicadas no proceso de planificación da paisaxe. - Comprender os problemas da concepción construtiva e estrutural vinculados cos proxectos de paisaxe así como as técnicas de resolución destes. - Coñecemento en materias básicas, científicas e tecnolóxicas que permitan unha aprendizaxe continua, así como unha capacidade de adaptación a novas situacións. - Coñecer os problemas físicos e ambientais; os factores hidrolóxicos e climáticos; a edafoloxía e a calidade vexetal que determinan a paisaxe. - Coñecer as organizacións, os actores, normativas e procedementos para plasmar os proxectos de paisaxe e estudos ambientais. - Comprender as relacións entre o territorio, a cultura, a economía, o clima, as persoas e as edificacións .

Competencias específicas

- Coñecemento dos actores, as modalidades de intervención, institucional e os marcos regulatorios: a Lei do solo e dos documentos de planificación; mellora do patrimonio e proxecto de desenvolvemento, etc.. - Capacidade para formular unha visión de futuro expresando escenarios de evolución e imaxinar diferentes modos de acción sobre a paisaxe. - Capacidade para superar as continxencias dunha situación, sendo creativos, presentando unha proposta pertinente. - Programación, tendo en conta os aspectos sociais, xerárquicos, materiais, técnicos, estéticos, así como as normas dimensionais e funcionais a grande escala proxectual. - Capacidade para negociar e ter en conta as solicitudes en calquera etapa do proxecto. - Capacidade de proxectar unha estratexia orixinal e particular con distancia crítica. - Coñecemento adecuado das teorías xerais da forma, a composición e os tipos de paisaxe. - Coñecemento adecuado da historia xeral da paisaxe. - Coñecemento adecuado da estética e a teoría e historia das belas artes e as artes aplicadas. - Capacidade para expresar o diagnóstico e prognóstico dunha situación paisaxe de xeito racional, articulando características sensíbeis; organización espacial física e humana; elementos vivos, a evolución morfolóxica e histórica, que describe os factores e axentes no traballo. - Capacidade para proporcionar e integrar no deseño dos elementos dinámicos, fluxos e usos escalábeis e variábeis, os desastres naturais, etc. Capacidade de simular estes

Competencias transversais

- Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. Capacidade de análise e síntese. Capacidade para o razoamento e a argumentación. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible. Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente. - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC). Capacidade para obter información axeitada, diversa e actualizada. Utilización de información bibliográfica e de Internet. - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respetuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero. Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva. - Adquirir habilidades para a vida. e hábitos, rutinas e estilos de vida saudábeis. - Estimular a capacidade para traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sustentábel ambiental, económico, político e social. - Capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, estabelecer prazos e cumprilos. Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica. - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultura da sociedade. - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.

Saídas profesionais e académicas

Este perfil profesional está relacionado con diversos sectores estratéxicos de Galicia, tales como o urbanismo, a planificación, a agricultura, a gandería, a pesca, a piscicultura, o turismo, os servizos públicos, a cultura, a sustentabilidade, a industria, as infraestruturas, o transporte… Algúns deles, ademais de estratéxicos, na actualidade son sectores emerxentes dentro da demanda social e económica.

Contorno profesional no que se sitúa

Dunha forma un máis concreta descríbense as saídas profesionais: - Deseño, restauración, xestión, mantemento e administración de espazos abertos privados e públicos como xardíns, parques, viarios ou prazas axardinados, contornas de complexos turísticos, industriais, comerciais, deportivos ou educativos, etc., así como a contorna de infraestruturas públicas como estradas, presas, minas, vertedoiros, etc. - Desenvolvemento e aplicación de estratexias e procesos de deseño, xestión e plans paisaxísticos a todas as escalas do territorio. - Restauración de espazos alterados coa aplicación das oportunas medidas de corrección ambiental. - Realización de avaliacións de impacto ambiental. - Realización de estudos sobre clima, chan, flora, fauna, augas superficiais e subterráneas e drenaxes para proxectos relacionados co paisajismo e a contorna construída. - Realización de estudos económicos e proxectos de paisaxismo. - Asesoramento, consultoría, investigación e ditames técnicos.

Saídas profesionais e académicas

O grado en Paisaxe está dirixido a crear competencias específicas en paisaxe, no marco do Convenio Europeo da paisaxe, da lexislación nacional e autonómica (Lei 7/2008, de Protección da Paisaxe de Galicia e os seus instrumentos de xestión), incorporando as capacidades docentes e investigadoras de dous centros diferentes especializados na arquitectura e na enxeñaría agroforestal respectivamente: a Escola Técnica Superior de Arquitectura (UDC) e a Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (USC) incorporando as prácticas en empresa dun xeito obrigatorio.

Empresas e institucións colaboradoras

Establecéronse diversos convenios de colaboración con entidades públicas, administracións e empresas para o desenvolvemento das prácticas externas obrigatorias. - Instituto de Estudos do Territorio - FEGAMP - Fundación Juana de Vega entre outras

Planificación do ensino

La titulación, con un total de 240 créditos distribuidos en 60 créditos de formación básica, 150 de materias obligatorias, 6 créditos optativos, 6 créditos en prácticas externas obligatorias e 18 créditos en el Trabajo Fin de Grado. La docencia se articula en dos sedes buscando la máxima coherencia académica, por eso se programa la docencia del 1º y 2º curso en la EPS de Enxeñaría (Campus Terra, Lugo) con desplazamientos programados y organizados a la ETSAC (Campus Sostenible, A Coruña).Los cursos de 3º y 4º curso se desarrollan en la ETSAC (Campus Sostenible, A Coruña). Además, se contempla la participación de profesorado del Departamento de Geografía de la USC.

Estrutura do estudo

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Debuxo da Paisaxe Formación básica 6 ECTS
Xeografía Física e Humana Formación básica 6 ECTS
Fundamentos da Economía da Paisaxe Formación básica 6 ECTS
Informática Aplicada á Paisaxe Formación básica 6 ECTS
Arte e Paisaxe Obrigatorio 6 ECTS
Técnicas Matemáticas Formación básica 6 ECTS
Sistemas de Información Xeográfica 1 Obrigatorio 6 ECTS
Bioloxía das Plantas Formación básica 6 ECTS
Xeoinformática Formación básica 6 ECTS
Proxecto da Paisaxe 1 Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Representación da Paisaxe Formación básica 6 ECTS
Xeoloxía e Edafoloxía Formación básica 6 ECTS
Vexetación Aplicada á Paisaxe 1 Obrigatorio 6 ECTS
Sistemas de Información Xeográfica Aplicada Obrigatorio 6 ECTS
Proxecto da Paisaxe 2 Obrigatorio 6 ECTS
Ecoloxía da Paisaxe Formación básica 6 ECTS
Sistemas Forestais Obrigatorio 6 ECTS
Vexetación Aplicada á Paisaxe 2 Obrigatorio 6 ECTS
Teoría da Paisaxe Obrigatorio 6 ECTS
Proxecto da Paisaxe 3 Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Enxeñaría da Paisaxe Obrigatorio 6 ECTS
Construción Aplicada 1 Obrigatorio 6 ECTS
Paisaxe Cultural Obrigatorio 6 ECTS
Proxecto da Paisaxe 4 Obrigatorio 12 ECTS
Planificación e Sostibilidade da Paisaxe Obrigatorio 6 ECTS
Construción Aplicada 2 Obrigatorio 6 ECTS
Xestión Social da Paisaxe Obrigatorio 6 ECTS
Proxecto da Paisaxe 5 Obrigatorio 12 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Ecoxeografía Obrigatorio 6 ECTS
Lexislación Aplicada Obrigatorio 6 ECTS
Xeotecnia e Contención Obrigatorio 6 ECTS
Proxecto da Paisaxe 6 Obrigatorio 12 ECTS
Prácticas Externas Obrigatorio 6 ECTS
Atlas e Catálogos da Paisaxe Optativo 6 ECTS
Cartografía da Paisaxe Optativo 6 ECTS
Fauna e Paisaxe Optativo 6 ECTS
Filosofía e Percepción da Paisaxe Optativo 6 ECTS
Paisaxe Rural Optativo 3 ECTS
Paisaxe Urbano Optativo 3 ECTS
Traballo Fin de Grao Obrigatorio 18 ECTS

 BOE co plan de estudos (PDF)

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo de docentes dos departamentos de: Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e Aeronáuticas, Expresión Gráfica Arquitectónica, Matemáticas e Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición.

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.

Accións concretas do centro

Tanto a Escola Técnica Superior de Arquitectura (UDC) como a Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (USC) dispoñen de numerosos convenios con universidades europeas o que facilita a realización de programas de intercambio (Erasmus, Bilaterais ou SICUE). As Practicas externas son obrigatorias para o que se dispón dun convenio con diferentes empresas, organismos públicos e coa Federación Galega de Municipios e Provincias. Ademais, se contempla a realización de prácticas extracurriculares.