Logo da Universidade da Coruña

Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte

2015/2016 · 240 créditos

Que se aprende

Os graduados en Ciencias da Actividade Física e do Deporte pola UDC formaranse para ter dominios e competencias de itinerarios e procedementos específicos de intervención profesional flexible nos ámbitos de: a) O ensino da educación física b) A actividade física para a saúde, e o lecer saudable c) O deporte de iniciación e de rendemento d) A dirección e a xestión da actividade física e do deporte

Competencias completas do estudo

Competencias específicas

Integran as propias do saber e do saber facer, que conforman o campo disciplinar da titulación. Son competencias relacionadas directamente coa ocupación/profesión. Na nosa titulación, estas veñen definidas no Libro Branco (Varios, 2005) consensuadas por todos os decanos e directores dos centros públicos e privados que imparten esta titulación. Están dividas, á súa vez, nos catro ámbitos profesionais que este documento recolle: - Educación - Deporte - Saúde - Xestión Podes velas na ligazón de competencias completas do estudo.

Competencias transversais

Refírense ás transferibles a multitude de situacións e tarefas. Integran as propias do saber ser e estar que non son exclusivas dun único ámbito disciplinar, senón que son comúns a todos eles. Son determinadas pola propia Universidade Podes velas na ligazón de competencias completas do estudo.

Saídas profesionais e académicas

A profesión de profesor de educación física foi entendida polo Tribunal Constitucional como unha profesión de interese público, con base no dereito constitucional á educación física e ao ocio saudable (CE art.º 43). Os cidadáns teñen dereito ás prácticas físico-deportivas, e a Administración deberá garantir a calidade e seguridade das persoas participantes. Un factor de garantía de calidade e seguridade para os consumidores de prácticas físico-deportivas constitúeo a formación universitaria dos seus técnicos responsables. A demanda dos estudos de Ciencias da Actividade Física e do Deporte en España está claramente consolidada. Nas 30 universidades que imparten a licenciatura de orixe ou o grao (2011), rexístrase unha porcentaxe de relación demanda/oferta por enriba do 200%, o que garante un futuro optimista da titulación, malia o aumento considerable de centros universitarios que imparten o título de Ciencias da Actividade Física e do Deporte (8 centros en 1990). Atendendo á evolución das necesidades sociais, e en cumprimento da normativa aplicable da Xunta de Galicia e do Conselo de Goberno da UDC, ofértase unha formación específica ampla, que garante que un/ha egresado/a como "profesional flexible" nas súas intervencións en calquera dos sectores aos que a súa titulación lle permitirá acceder. Deste modo, o grao non oferta apenas optatividade, tampouco itinerarios específicos, mencións ou "minor".

Contorno profesional no que se sitúa

O/a graduado/a en Ciencias da Actividade Física e do Deporte pola UDC ten a formación específica suficiente para o exercicio profesional flexible nos diversos sectores como: ensinante de educación física, adestrador deportivo, promotor/animador ou monitor de actividade física saudable e recreativa, e director e xestor deportivo. Os sectores profesionais nos que se exerce co título de licenciado/a e de graduado/a, en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, están en continua evolución, mesmo existen ámbitos profesionais emerxentes. Os ámbitos profesionais nos que desenvolve a súa actividade o licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte son: . Ensino oficial regulado . Adestramento deportivo . Xestión e dirección deportiva . Ocio e recreación deportiva . Actividade física, saúde e calidade de vida

Saídas profesionais e académicas

1º PERFIL de ENSINANTE: Para acceder á profesión regulada de profesor/a de ensino secundario e bacharelato, no sistema público de ensino, hai que posuír o título de Mestrado Oficial Universitario de Profesorado de Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. 2º PERFIL de PROMOTOR/A de ACTIVIDADE FÍSICA para a SAÚDE: Os futuros profesionais egresados dos estudos de grao, a expensas da formación especializada de posgrao que se requira, terán o coñecemento das adaptacións fisiolóxicas e estruturais de calquera tipo de poboación sometida a diferentes estímulos de exercicio, así como a elaboración e o control dos programas de intervención específica e rigorosa que requira cada situación en colaboración con equipos multidisciplinares ou interdisciplinares. 3º PERFIL de ADESTRADOR/A: O exercicio profesional directo, a través do título de grao, seguirá tendo que complementarse coa suficiente preparación específica e, ás veces, por certa resistencia estrutural, con outros títulos de réxime especial ou federativos. 4º PERFIL de DIRECTOR/A DEPORTIVO: A evolución da sociedade é vertixinosa e precisa de profesionais que teñan as competencias de dirección e xestión que requiren as novas esixencias do mercado, buscando, especialmente, unha maior calidade dos servizos e unha mellor eficacia e eficiencia dos recursos humanos, técnicos e económicos utilizados.

Empresas e institucións colaboradoras

A Facultade consta en cada unha destas áreas profesionais dun gran número de convenios de colaboración para as prácticas do seu alumnado. Este contacto coas devanditas empresas/clubs/institucións implican unha primeira experiencia pre-profesional

Planificación do ensino

Seguindo as recomendaciones do libro branco da titulación, 60 créditos serán de formación básica. Deses 60, 36 serán de materias da rama de coñecemento Ciencias Sociais e Xurídicas, repartidos en 4 materias: Educación, Psicoloxía, Socioloxía e Historia, que se impartirán na primeira metade do grao; os 24 restantes ata 60 estarán configurados por 2 materias básicas da rama de coñecemento de Ciencias da Saúde: Anatomía e Fisiología. Os 60 créditos de formación básica complétanse con outros 72 compostos polas materias obrigatorias Fundamentos dos Deportes (54 créditos) e Manifestacións da Motricidade (18 créditos). Destes contidos, na primeira metade do grao cursaranse 66 créditos. Na segunda metade do grao, 90 créditos corresponden ás materias obrigatorias de formación específica, de acordo coas principais saídas profesionais: Ensino da Educación Física e o Deporte (24 créditos), Adestramento e Rendemento Deportivo (12), Actividade Física Saudable e Calidade de Vida (12), Xestión e Dirección Deportiva (12); así como 30 créditos correspondentes a materias obrigatorias de contidos instrumentais e de competencias transversais como son: Metodoloxía de Investigación en Actividade Física e Deporte (6), Tecnoloxía en Actividade Física e Deporte (6), Practicum (12) e Traballo de Fin de Grao (6). Nesta segunda metade do grao amplíanse os fundamentos dos deportes con 36 créditos optativos de iniciación en deportes, do que resulta un total de 90 créditos ECTS, que garanten ao futuro profesional das ciencias da act

Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

Estrutura do estudo

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Pedagoxía da Actividade Física e do Deporte Formación básica 6 ECTS
Bases da Educación Física e Deportiva Formación básica 6 ECTS
Xogos e Recreación Deportiva Obrigatorio 6 ECTS
Habilidades Ximnásticas e a súa Didáctica Obrigatorio 6 ECTS
Fútbol e a súa Didáctica Obrigatorio 6 ECTS
Anatomía e Cinesioloxía do Movemento Humano Formación básica 6 ECTS
Teoría e Historia da Actividade Física e do Deporte Formación básica 6 ECTS
Habilidades Atléticas e a súa Didáctica Obrigatorio 6 ECTS
Habilidades Acuáticas e a súa Didáctica Obrigatorio 6 ECTS
Voleibol e a súa Didáctica Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Psicoloxía da Actividade Física e do Deporte Formación básica 6 ECTS
Aprendizaxe e Control Motor Formación básica 6 ECTS
Fisioloxía do Exercicio I Formación básica 6 ECTS
Balonmán e a súa Didáctica Obrigatorio 6 ECTS
Habilidades de Loita e a súa Didáctica Obrigatorio 6 ECTS
Biomecánica do Movemento Humano Formación básica 6 ECTS
Socioloxía da Actividade Física e do Deporte Formación básica 6 ECTS
Teoría e Práctica do Exercicio Obrigatorio 6 ECTS
Baloncesto e a súa Didáctica Obrigatorio 6 ECTS
Habilidades de Deslizamento e a súa Didáctica Obrigatorio 6 ECTS

 BOE co plan de estudos (PDF)

Referentes externos

Para a elaboración deste documento hanse ter moi en conta as propostas e os contidos do Libro Branco do Título de Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, elaborado e aprobado pola asemblea de todas as universidades que impartían o título de licenciado entre 2002 e 2003, e aprobado pola Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación no ano 2005. Posteriormente á entrada en vigor do RD 1393/2007, de ordenación das ensinanzas universitarias, a Conferencia Española de Institutos e Facultades de Ciencias da Actividade Física e do Deporte aprobou por unanimidade un documento de adecuación do Libro Branco ao espírito e á letra do RD 1393/2007. Este documento foi o máis utilizado para a elaboración do plan que agora se achega desde a UDC, xa que foi aprobado por unanimidade (25 universidades, públicas e privadas) e foi avalado pola sociedade científica multidisciplinar (Asociación Española de Ciencias do Deporte) e polo Consello Xeral de Colexios Oficiais de Licenciados en Educación Física e en Ciencias da Actividade Física e do Deporte. Os estudos do Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte están fortemente asentados nos países da Unión Europea, aínda que con diferentes orientacións e denominacións segundo a tradición en cada un deles. En canto á orientación dos contidos dos programas obsérvase unha polarización cara ao ensino dos deportes ou cara ao coñecemento das ciencias básicas e aplicadas. No primeiro caso atópanse países como Grecia e Bélxica cun 50% e un 30% dos créditos totais respectivos dedicados aos deportes. Pola contra, no Reino Unido e en Portugal, a orientación é máis xeneralista e aplicada, cun 60% dos créditos dirixidos ás ciencias básicas e aplicadas no caso do Reino Unido e dun 55% cara ao coñecemento profesional aplicado no de Portugal.

Procedementos de consulta empregados

A UDC veu realizando diversas accións de aproximación á converxencia europea: formación do profesorado, ensaios docentes, reflexións etc. Logo da publicación do Real decreto 1393/2007, a Xunta de Galicia e a UDC publicaron dúas guías para o desenvolvemento das novas titulacións no contexto do EEES que foron postas a disposición dos responsables académicos dos centros. Estas guías conteñen unha introdución ao contexto do EEES, os elementos chave da converxencia europea, as directrices para a elaboración dun título en Galicia e na UDC, e as fases e cronoloxía para a elaboración dos títulos. A UDC convocou unha comisión de centros e cepartamentos da rama de ciencias sociais e xurídicas. Esta comisión, logo de diversas reunións en que se elaboraron distintos documentos, consensuou as materias básicas para cada un dos graos, entre os que se atopa o de Ciencias da Actividade Física e do Deporte. A Xunta de Facultade aprobou a Comisión Redactora do Plan de Estudos do Grao. A partir do modelo proposto nas directrices da Universidade da Coruña, aprobadas en Consello de Goberno o 23 de novembro de 2007, incluír a Comisión de Garantía de Calidade do Centro, de modo que a Comisión do Plan de Estudos quedou composta polos membros seguintes: decano da facultade, secretario da facultade, vicedecano de Organización Académica e Calidade da facultade, director do Departamento de Educación Física e Deportiva, 1 profesor en representación do Departamento de Educación Física e Deportiva, 5 profesores membros da Comisión de Garantía de Calidade, 1 profesor en representación dos departamentos de Economía Aplicada II e de Medicina, 1 representante de persoal de administración e servizos e 2 representantes do estudantado. Utilizáronse os seguintes contrastes externos de tipo institucional e profesional: 1. Normativas institucionais e legais: 2. Estudos de mercado e de inserción laboral 3. Encontro de contraste con expertos e entidades.

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo de docentes dos departamentos de: Análise Económica e Administración de Empresas, Ciencias da Saúde, Computación, Didácticas Específicas, Economía Aplicada 1, Economía Financeira e Contabilidade, Educación Física e Deportiva, Filosofía e Métodos de Investigación en Educación, Física, Fisioterapia, Matemáticas, Medicina, Pedagoxía e Didáctica, Psicoloxía, Psicoloxía Evolutiva e da Educación e Socioloxía e Ciencia Política da Administración.

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.

Accións concretas do centro

A Facultade en temas de mobilidade desenvolve as seguintes accións: 1º Acolle alumnos que proveñen doutras universidades europeas e americanas. 2º Envía alumnos a outras universidades sobre a base de tres tipos de programas: - SICUE-SENECA (mobilidade en territorio nacional) - ERASMUS (programa de intercambio internacional) - CONTRATOS BILATERAIS (con universidades de hispano-américa)