Logo da Universidade da Coruña

Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios

2017/2018 · 240 créditos

Que se aprende

Este grao proporciona unha formación ampla nos estudos sobre a lingua, a literatura e a cultura no ámbito ánglófono. Estúdanse as diferentes ramas do saber filolóxico (gramática, pragmática, sociolingüística, historia da lingua, movementos e xéneros literarios, autoras e autores da literatura etc.) aplicadas ao inglés. Desta forma, o alumnado fica preparado para desenvolver con éxito as responsabilidades da súa actividade laboral.

Ao mesmo tempo, permite adquirir unha moi boa competencia plurilingüe (inglés, galego e español, aínda que tamén opcionalmente francés, italiano ou portugués), o que redunda de xeito positivo nas súas competencias profesionais.

Competencias completas do estudo

Competencias xenéricas

Entre as habilidades xenéricas que adquire o estudantado cómpre sinalarmos a capacidade de aplicar os coñecementos lingüísticos literarios á práctica; a competencia para analizar e comentar textos e discursos literarios e non-literarios utilizando as técnicas modernas da análise textual; a habilidade para aplicar as novas tecnoloxías ao estudo do fenómeno lingüístico e literario; a capacidade para apreciar os valores artísticos, culturais e estéticos nos textos literarios e a habilidade para pór en relación a lingua, a literatura, a historia e a cultura.

Competencias específicas

Ao se graduar no Grao en Inglés: Estudos Linguüísticos e Literarios, o alumnado fica totalmente cualificado nas seguintes competencias concretas:

  • Coñecer e aplicar os métodos e técnicas da análise lingüística e literaria no marco dos estudos anglófonos.
  • Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria anglófona.
  • Dominar a gramática da lingua inglesa.
  • Ter un dominio instrumental avanzado da lingua galega e da lingua española.
  • Ter un coñecemento avanzado da literatura inglesa.
  • Ter capacidade para analizar, avalia, e sintetizar criticamente información lingüística e literaria do ámbito anglófono.
  • Coñecer a variación lingüística no dominio anglófono.
  • Coñecer a historia interna e externa da lingua inglesa.
  • Coñecer as tipoloxías textuais e formular propostas de corrección lingüística e/ou textual para o inglés.

Competencias transversais

Ao acabar a titulación, cada estudante terá interiorizadas como competencias transversais, entre outras, as seguintes:

Saídas profesionais e académicas

As saídas laborais deste grao enmárcanse preferentemente no campo humanístico, lingüístico-literario e cultural.

Contorno profesional no que se sitúa

O alumnado que se graduar no Grao en Inglés: Estudos Linguüísticos e Literarios disporá dunha especialización moi alta no ámbito lingüístico e literario anglófono. Por iso, conectará cun universo profesional tamén especializado en que o ensino no ámbito público e privado (academias, colexios, facultades, institutos, lectorados en universidades estranxeiras etc.), o asesoramento lingüístico, a tradución e a dinamización cultural se perfilan como os principais itinerarios laborais.

Saídas profesionais e académicas

Entre os principais perfís de saídas académico-laborais, cabe salientarmos os seguintes: docencia, tradución e interpretación; asesoramento e mediación lingüística, cultural e editorial; asesoramento cultural e lingüístico no mundo empresarial; crítica literaria; medios de comunicación; xestión cultural; promoción lingüística e literaria; terapia lingüística; publicidade; librarías especializadas etc.

O estudantado pode, igualmente, continuar a súa formación superior e acceder aos varios mestrados que se imparten na nosa facultade.

Empresas e institucións colaboradoras

A Facultade de Filoloxía mantén convenios de colaboración con máis de vinte entidades para que o alumnado poida entrar en contacto co ámbito laboral. Neses convenios, que se renovan cada ano, organízanse as prácticas externas extracurriculares. Así, o estudantado entra en contacto co mundo editorial, centros tecnolóxicos, bibliotecas, institucións culturais etc. e pode comprobar en primeira persoa as posibilidades profesionais con que conta despois dos estudos.

Algúns dos organismos en que se realizan as prácticas son os seguintes: Biblioteca Pública Miguel González Garcés (A Coruña), Casa Museo de Emilia Pardo Bazán (A Coruña), Consello da Cultura Galega (Santiago de Compostela), Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Betanzos etc.

Planificación do ensino

O plan de estudos do Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios estrutúrase en catro anos académicos organizados por cuadrimestres, excepto no segundo curso, en que dúas materias teñen carácter anual.

Nos dous primeiros cursos, todas as materias teñen carácter obrigatorio e son comúns aos graos en galego-portugués e español. A partir desta formación común, no terceiro e cuarto ano cada estudante poderá afondar no estudo da lingua inglesa e das literaturas correspondentes (británica, angloirlandesa, nortemericana etc.), apoiándose tamén nas materias complementarias e transversais.

O plan de estudos distribúese en 240 créditos, dos cales 120 son cursados no primeiro e no segundo ano académico nas materias comúns; no terceiro e cuarto ano, cursaranse 78 créditos nas materias obrigatorias, un mínimo de 18 nas materias específicas, un máximo de 18 nas materias optativas xerais e 6 no Traballo de Fin de Grao.

Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

Estrutura do estudo

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Lingua Española 1 Formación básica 6 ECTS
Lingua Galega 1 Formación básica 6 ECTS
Lingua Inglesa 1 Formación básica 6 ECTS
Lingüística Xeral Formación básica 6 ECTS
Introdución aos Estudos Literarios Formación básica 6 ECTS
Lingua e Cultura Clásica Formación básica 6 ECTS
Tecnoloxías da Información e da Comunicación Formación básica 6 ECTS
Lingua Inglesa 2 Formación básica 6 ECTS
Historia Formación básica 6 ECTS
Literatura Inglesa 1 Formación básica 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Literatura Española Obrigatorio anual 9 ECTS
Literatura Galega Obrigatorio anual 9 ECTS
Lingua Española 2 Obrigatorio 6 ECTS
Lingua Galega 2 Obrigatorio 6 ECTS
Lingua Inglesa 3 Obrigatorio 6 ECTS
Idioma Moderno: Francés Obrigatorio 6 ECTS
Idioma Moderno: Italiano Obrigatorio 6 ECTS
Idioma Moderno: Portugués Obrigatorio 6 ECTS
Literatura Inglesa 2 Obrigatorio 6 ECTS
Técnicas de Tradución Obrigatorio 6 ECTS
Lingua Inglesa 4 Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Linguas do Mundo Optativo 4,5 ECTS
Historia e Cultura de Galicia Optativo 4,5 ECTS
Lingua Inglesa e os seus Usos 1 Obrigatorio 6 ECTS
Literatura Inglesa (XVI-XVII) Obrigatorio 6 ECTS
Cultura e Civilización dos Países de Fala Inglesa Obrigatorio 6 ECTS
Fonética da Lingua Inglesa Obrigatorio 6 ECTS
Técnicas de Redacción e Argumentación Optativo 4,5 ECTS
Inglés Científico-Técnico Optativo 4,5 ECTS
Idioma Moderno 2: Francés Optativo 4,5 ECTS
Filosofía e Literatura Optativo 4,5 ECTS
Idioma Moderno 2: Italiano Optativo 4,5 ECTS
Idioma Moderno 2: Portugués Optativo 4,5 ECTS
Literatura Galega Contemporánea Optativo 4,5 ECTS
Estruturas e Variedades do Latín Optativo 4,5 ECTS
Cultura Latina Medieval Optativo 4,5 ECTS
As Linguas Románicas Optativo 4,5 ECTS
Literatura Norteamericana 1 Obrigatorio 6 ECTS
Gramática Inglesa Obrigatorio 6 ECTS
Literatura Poscolonial Obrigatorio 6 ECTS
Cuestións de Lingua Inglesa Optativo 4,5 ECTS
A Literatura Inglesa e a súa Crítica Optativo 4,5 ECTS
Idioma Moderno 3: Francés Optativo 4,5 ECTS
Linguaxe, Discurso e Comunicación Optativo 4,5 ECTS
Idioma Moderno 3: Italiano Optativo 4,5 ECTS
Idioma Moderno 3: Portugués Optativo 4,5 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Contactos Lingüísticos e Literarios na Tradición Románica Optativo 4,5 ECTS
Literatura Latina Optativo 4,5 ECTS
Literatura Comparada Optativo 4,5 ECTS
Linguas e Tecnoloxías Optativo 4,5 ECTS
Literatura Norteamericana 2 Obrigatorio 6 ECTS
Literatura Inglesa (Séculos XVIII e XIX) Obrigatorio 6 ECTS
Lingua Inglesa e os seus Usos 2 Obrigatorio 6 ECTS
Historia da Lingua Inglesa Obrigatorio 6 ECTS
Variedades do Inglés Optativo 4,5 ECTS
Literatura Inglesa e Xénero Optativo 4,5 ECTS
Literatura e Artes Visuais Optativo 4,5 ECTS
Lingua Galega e Usos Optativo 4,5 ECTS
Lingua e Sociedade Optativo 4,5 ECTS
Literatura e Cultura Optativo 4,5 ECTS
Lecturas de Literatura Española e Hispanoamericana Optativo 4,5 ECTS
Literaturas Románicas Optativo 4,5 ECTS
Estudos de Lingua Inglesa Obrigatorio 6 ECTS
Literatura Inglesa (Séculos XX e XXI) Obrigatorio 6 ECTS
Traballo Fin de Grao Obrigatorio 6 ECTS
Literatura Irlandesa Optativo 4,5 ECTS
Literatura Norteamericana nos seus Textos Optativo 4,5 ECTS
Español como L2 Optativo 4,5 ECTS
Idioma Moderno 4: Francés Optativo 4,5 ECTS
Idioma Moderno 4: Italiano Optativo 4,5 ECTS
Idioma Moderno 4: Portugués Optativo 4,5 ECTS

 BOE co plan de estudos (PDF)

Referentes externos

A titulación Grao en Ingles: Estudos Linguísticos e Literarios foi pensada tendo en conta a anterior licenciatura en Filoloxía Inglesa. Ao tempo, tamén se tiveron presentes os estudos lingüísticos e literarios de diferentes universidades europeas, onde é moi frecuente que se estuden cando menos dúas linguas de maneira conxunta (Francia, Italia, Portugal...) e as súas literaturas respectivas, ben como materias de lingüística, teoría literaria e tradución.

Procedementos de consulta empregados

A elaboración do plan de estudos desta titulación realizouse ao abeiro das Directrices para a elaboración de títulos de grao na UDC, aprobadas polo Consello de Goberno desta universidade en 2007. Contou cunha comisión redactora composta por nove membros, na cal todos os sectores da comunidade universitaria estiveron representados (alumnado, profesorado e PAS). O anteproxecto foi exposto publicamente, debatido e, por último, aprobado pola Xunta de Facultade.

Ao longo do proceso de planificacion do grao mantivéronse diversas reunións cos decanos doutros centros (Facultade de Humanidades da UDC, Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo etc.).

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo de docentes dos departamentos de: Computación, Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación, Humanidades e Letras.

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.

Accións concretas do centro

A Facultade de Filoloxía da UDC conta cunha longa tradición de participación e cooperación na elaboración de estratexias de mobilidade do estudantado, particularmente no ámbito europeo. Isto favorece o contacto con outras realidades lingüísticas, literarias, culturais e sociais en diferentes países, co evidente enriquecemento cultural e persoal para o alumnado.

Así, grazas aos convenios existentes, as persoas que cursaren o Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios teñen a posibilidade de completaren parte da titulación nunha universidade estranxeira. Así mesmo, mediante o programa Erasmus-Sócrates, existe a posibilidade de estudar durante un cuadrimestre ou mesmo durante un ano enteiro nas universidades de Cork, Galway, Wolwerhampton, Worcester etc.