Logo da Universidade da Coruña

Programa de simultaneidade do Grao en Administración e Dirección de Empresas e o Grao en Dereito

2017/2018 · 402 créditos

Que se aprende

Ao finalizar este programas, os estudantes converteranse en profesionais cunha dupla formación:

  • Por unha parte, serán capaces de desempeñar labores de xestión, asesoramento e avaliación nas organizacións empresariais tanto na área xurídica como na área empresarial. Concretamente, estarán en condicións de manexaren os conceptos e técnicas empregados nas diferentes áreas funcionais da empresa, así como de xestionaren as relacións que existen entre elas e os obxectivos xerais da organización (proceso de quebra, concurso de acredores, fusións, adquisicións, transmisión e xestión de patrimonios...).
  • Por outra parte, serán capaces, cun perfil eminentemente xurídico e un coñecemento global de todas as áreas relacionadas co mundo do dereito, de lideraren o desenvolvemento de proxectos e se adaptaren de forma eficiente a un ámbito de rápida evolución.

De igual maneira, adquírese un coñecemento teórico e práctico do noso sistema xurídico, tanto de ámbito nacional como autonómico e o europeo, alén de se aprender a argumentar e a manexar as ferramentas básicas para actuar nos tribunais, nos despachos de avogados, administracións públicas etc.

Podes obter máis información premendo aquí.

Competencias xenéricas

Entre outras, as competencias xenéricas que se adquiren co Grao en Dereito son as seguintes:

  • Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas e formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
  • Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas que deben enfrontarse.
  • Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Entre outras, as competencias xenéricas que se adquiren co Grao en ADE son as seguintes:

  • Saber identificar e anticipar oportunidades, asignar recursos, organizar a información, seleccionar e motivar as personas, tomar decisións en condicións de incerteza, acadar os obxectivos propostos e avaliar resultados.
  • Ser capaz de tomar decisións e, en xeral, asumir tarefas directivas.
  • Manexar os conceptos e técnicas empregados nas diferentes áreas funcionais da empresa, así como entender as relacións que existen entre elas e os obxectivos xerais da organización.

Competencias específicas

Entre outras, as competencias específicas que se adquiren co Grao en Dereito son as seguintes:

  • Coñecemento das principais institucións xurídicas.
  • Coñecemento dos principios e valores constitucionais.
  • Coñecemento das estruturas xurídico-políticas de ámbito nacional e internacional.
  • Capacidade de interpretar e analizar críticamente o ordenamento xurídico.
  • Capacidade de comprender e de redactar documentos xurídicos.
  • Manexo da oratoria xurídica.

Entre outras, as competencias específicas que se adquiren co Grao en ADE son as seguintes:

  • Xestionar e administrar unha empresa ou organización de pequeno tamaño, entendendo a súa posición competitiva e institucional e identificando as súas fortalezas e debilidades.
  • Integrarse en calquera área funcional dunha empresa ou organización mediana ou grande e desempeñar con soltura calquera labor de xestión nela encomendada.
  • Valorar a partir dos rexistros relevantes de información a situación e previsible evolución dunha empresa.

Competencias transversais

Entre outras, as competencias transversais que se adquiren co Grao en Dereito son as seguintes:

  • Resolver problemas de forma efectiva, valorando a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
  • Traballar de forma colaborativa.
  • Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadáns e profesionais.

Entre outras, as competencias transversais que se adquiren co Grao en ADE son as seguintes:

  • Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras
  • Asumir como profesionais e cidadáns a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
  • Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas que deben enfrontarse.

Saídas profesionais e académicas

O título de graduado/a en Dereito fornece unha formación teórica e práctica no noso sistema xurídico, tanto de ámbito nacional como autonómico e europeo. Os graduados serán capaces de comprender o funcionamento do sistema xurídico, saberán argumentar en dereito e coñecerán as ferramentas básicas para actuar nos tribunais.

Os graduados en ADE deberán manexar os conceptos e técnicas empregados nas diferentes áreas funcionais da empresa, así como entender as relacións que existen entre elas e os obxectivos xerais da organización. Así mesmo, están capacitados para tomar decisións e asumir tarefas directivas.

Contorno profesional no que se sitúa

Do punto de vista da inserción laboral, os graduados en Dereito contan cunhas perspectivas altas de accederen a un emprego, pois a versatilidade dos estudos posibilita que desempeñen unha actividade xurídica tanto no campo privado como no público.

Alén disto, as características socioeconómicas da cidade da Coruña e a súa área metropolitana inclúen un importante desenvolvemento dos sectores de servizos e industria, que precisan de profesionais do ámbito xurídico. Doutra banda, na cidade ten a súa sede o máximo órgano xudicial da Comunidade Autónoma, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a Audiencia Provincial e un importante número de xulgados, isto, ademais da Delegación do Goberno en Galicia e un bo número de organismos autonómicos, o que determina unha gran demanda de postos na administración pública.

Polo que respecta á iniciativa privada, son especialmente significativas as empresas dedicadas ao mundo da banca e o sector téxtil, todas elas cunha clara necesidade de contar con gabinetes ou servizos xurídicos.

Os graduados en ADE poden acadar postos de traballo como directivos con responsabilidades (de tipo medio ou alta dirección) nun contexto económico e empresarial caracterizado pola súa crecente complexidade e dinamismo. Os procesos de globalización económica, coas súas repercusións no ámbito da internacionalización das empresas, determinarán o contorno de traballo destes titulados.

Saídas profesionais e académicas

As principais saídas profesionais son as seguintes:

  • Avogado/a (exercicio libre da profesión ou avogado/a do Estado)
  • Xuíz/a
  • Fiscal
  • Notario/a
  • Profesor/a de universidade
  • Procurador/a dos tribunais
  • Asesor/a fiscal
  • Axente de cambio e bolsa
  • Rexistrador/a da propiedade inmobiliaria
  • Corpo diplomático
  • Secretario/a de concellos
  • Corpos da Administración da Unión Europea e organismos internacionais, do Estado, das comunidades autónomas e da Administración local
  • Asesoría xurídica, fiscal e laboral de empresas privadas

Ademais, como graduados en ADE poden desempeñar postos directivos nas áreas de contabilidade, márketing-comercialización, vendas, finanzas, loxística, recursos humanos, organización, estratexia, dirección, sistemas de información etc. A modo de exemplo, cítanse os seguintes perfís:

  • Directivo/a empresarial de nivel medio
  • Alta dirección
  • Analista empresarial
  • Consultoría
  • Auditoría
  • Administración pública
  • Autoemprego, emprendedorismo
  • Analista de mercados
  • Exercicio profesional libre
  • Ensino universitario, ESO, FP e bacharelato

Como graduados en Dereito e como graduados en ADE, ao finalizaren os estudos da simultaneidade os alumnos poden cursar os mestrados universitarios que se imparten nas dúas facultades (dos oito mestrados poden citarse por exemplo os relativos á banca e as finanzas; o asesoramento xurídico empresarial; a dirección e administración de empresas e a avogacía).

Posteriormente, tamén poderán acceder aos programas de doutoramento impartidos nestes centros para realizar a tese de doutoramento.

Empresas e institucións colaboradoras

As principais empresas e institucións que colaboran coa Facultade de Dereito e a Facultade de Economía e Empresa son as seguintes:

  • Inditex
  • La Voz de Galicia
  • Veira y Vilariño Abogados
  • Nova Galicia Banco
  • Giráldez y Garrido Abogados, SC
  • Caamaño, Concheiro & Seoane, Abogados y Asesores de Empresa
  • Avogacía Gabinete de Estudos Xurídicos
  • Dobarro y Sanesteban Abogados
  • Galileo Networks Consultoría
  • Grupo Clave Servicios
  • GADISA
  • Decathlon
  • Einsa Print
  • GT Motive Einsa SAU
  • FREMAP, Mutua de Accidentes de Trabajo
  • Avogacía do Estado
  • Consello Galego da Competencia
  • Asesoría Xurídica do Servizo Galego de Saúde (SERGAS
  • Autoridade Portuaria
  • Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA)
  • Centro de Inserción Social Carmela Arias y Díaz de Rábago
  • Centro de Reeducación de Menores Concepción Arenal
  • Decanato de Registradores de la Propiedad, Mercantiles y Bienes Inmuebles de Galicia
  • Delegación del Gobierno en Galicia
  • Deputación da Coruña
  • Ilustre Colegio Notarial de Galicia
  • Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Audiencia Provincial e xulgados da Coruña
  • Concello da Coruña

Planificación do ensino

O Programa de simultaneidade terá unha duración de once cuadrimestres. O número de créditos necesario para superar o programa é de 396 ECTS, distribuídos da forma que se indica no Anexo I da Normativa específica para a simultaneidade do Grao en ADE e o Grao en Dereito.

Na fase final dos plans de estudos deste programa, unha vez superados cando menos un total de 288 créditos, incluídos todos os dos tres primeiros cursos, realizarase o Traballo de Fin de Grao (12 créditos ECTS), en que serán de aplicación os coñecementos adquiridos en cursos anteriores.

Canto ao centro responsable das xestións administrativas do Duplo Grao ADE-Dereito: co fin de facilitar as distintas xestións administrativas relacionadas co expediente académico dos estudantes, acordouse designar a Facultade de Dereito como centro responsable da súa tramitación e custodia, sen prexuízo do disposto no artigo 12 da normativa para o procedemento de expedición de títulos oficiais.

No referente á impartición do ensino, este terá lugar cada cuadrimestre de forma alterna no centro que corresponder segundo as materias que se foren impartir.

O detalle do plan de estudos está na seguinte ligazón.

Estrutura do estudo

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Principios de Microeconomía Formación básica 6 ECTS
Historia Económica Formación básica 6 ECTS
Análise das Operacións Financeiras Formación básica 6 ECTS
Principios de Macroeconomía Formación básica 6 ECTS
Economía da Empresa: Dirección e Organización Formación básica 6 ECTS
Matemáticas I Formación básica 6 ECTS
Fundamentos Romanísticos da Cultura Xurídica Occidental Formación básica 6 ECTS
España na Configuración Histórico-Xurídica de Europa Formación básica 6 ECTS
Dereito Constitucional: Fontes e Dereitos Formación básica 6 ECTS
Teoría do Dereito Formación básica 6 ECTS
Dereito da Persoa Formación básica 6 ECTS
Dereito Penal. Parte Xeral Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Organización Constitucional do Estado Obrigatorio 6 ECTS
Dereito da Empresa Formación básica 6 ECTS
Dereito Eclesiástico do Estado Formación básica 6 ECTS
Dereito de Familia Obrigatorio 6 ECTS
Constitución e Poder Xudicial Obrigatorio 6 ECTS
Institucións e Ordenamento Xurídico-Administrativo Obrigatorio 6 ECTS
Estatística I Formación básica 6 ECTS
Matemáticas II Formación básica 6 ECTS
Economía Mundial e Española Obrigatorio 6 ECTS
Microeconomía. Mercados e Competencia Obrigatorio 6 ECTS
Contabilidade Financeira I Obrigatorio 6 ECTS
Introdución ao Marketing Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Dereito de Obrigas e Danos Obrigatorio 6 ECTS
Actuación e Bens das Administracións Públicas Obrigatorio 6 ECTS
Fundamentos de Dereito Financeiro Obrigatorio 6 ECTS
Dereito Internacional Público Obrigatorio 6 ECTS
Dereito Sancionador Obrigatorio 6 ECTS
Dereito do Traballo Obrigatorio 6 ECTS
Estatística e Introdución á Econometría Obrigatorio 6 ECTS
Política Económica Obrigatorio 6 ECTS
Macroeconomía e Contorno Empresarial Obrigatorio 6 ECTS
Contabilidade Financeira II Obrigatorio 6 ECTS
Teoría do Investimento Obrigatorio 6 ECTS
Facenda Pública. Sistema Fiscal Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Dereito da Unión Europea Obrigatorio 6 ECTS
Dereito Mercantil: Dereito de Sociedades e de Títulos-Valores Obrigatorio 6 ECTS
Dereito da Contratación Obrigatorio 6 ECTS
Dereito Penal. Parte Especial Obrigatorio 6 ECTS
Dereito Procesual Penal Obrigatorio 6 ECTS
Dereito Tributario Obrigatorio 6 ECTS
Econometría Obrigatorio 6 ECTS
Teoría do Financiamento Obrigatorio 6 ECTS
Contabilidade de Xestión Obrigatorio 6 ECTS
Análise Económica das Organizacións Obrigatorio 6 ECTS
Investigación de Mercados Obrigatorio 6 ECTS
Dirección Estratéxica e Política Empresarial I Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Filosofía do Dereito Obrigatorio 6 ECTS
Dereitos Reais Obrigatorio 6 ECTS
Dereito Público Autonómico Obrigatorio 6 ECTS
Dereito Internacional Privado Obrigatorio 6 ECTS
Dereito Procesual Civil Obrigatorio 6 ECTS
Dereito Mercantil: Contratos Empresariais, Dereito Concursal e Dereito Marítimo Obrigatorio 6 ECTS
Contabilidade das Operacións Societarias Obrigatorio 6 ECTS
Sistemas de Información para a Xestión Financeira da Empresa Obrigatorio 6 ECTS
Deseño Organizativo Obrigatorio 6 ECTS
Distribución Comercial Obrigatorio 6 ECTS
Contabilidade Directiva Obrigatorio 6 ECTS
Planificación Financeira Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Facenda Pública Española. Sistema Fiscal Obrigatorio 6 ECTS
Dirección Estratéxica e Política Empresarial II Obrigatorio 6 ECTS
Dirección Comercial Obrigatorio 6 ECTS
Dereito de Sucesións Obrigatorio 6 ECTS
Traballo Fin de Grao Obrigatorio 12 ECTS
Traballo Fin de Grao Obrigatorio 6 ECTS

 BOE co plan de estudos (PDF)

Referentes externos

A posta en marcha e o plan de estudos do Grao en Dereito obtivo o informe favorable de toda unha serie de axentes externos, en concreto da Fiscalía de Galicia, o Decanato de Rexistradores de Galicia, a Academia Galega de Administración Pública, o Colexio Notarial de Galicia e o Colexio de Procuradores de Galicia.

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo de docentes dos departamentos de: Computación, Dereito Privado, Dereito Público, Economía, Empresa, Letras, Matemáticas e Socioloxía e Ciencias da Comunicación.

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.

Accións concretas do centro

a) Programa Erasmus.

Os estudantes teñen a posibilidade de ampliaren os seus estudos en universidades de Alemaña, Bélxica, Italia, Portugal, Francia, Romanía, Eslovenia, Lituania, Malta, a República Checa, Polonia e Turquía.

b) Programa SICUE-Séneca.

É un sistema de mobilidade destinado a aqueles alumnos que desexen realizar un curso académico noutra universidade española. Inclúe o programa de intercambio SICUE e a convocatoria de bolsas Séneca.

c) Así mesmo, a Universidade da Coruña dispón dun programa de intercambio de estudantes no marco de convenios bilaterais con outras universidades de países estranxeiros como o Brasil, Chile, Costa Rica, Cuba, Uruguai, México, Arxentina, os Estados Unidos e o Reino Unido.