Logo da Universidade da Coruña

Grao en Economía

2015/2016 · 240 créditos

Que se aprende

O plan de estudos combina materias básicas, obrigatorias e optativas até acadar os 240 ECTS nos ámbitos das técnicas instrumentais (matemáticas, estatística, econometría etc.), formación económica (teoria micro e macroeconómica, estrutura económica, política económica, historia económica, economía industrial, mercados, Facenda Pública, espazos económicos etc.), formación xurídica e social (dereito, socioloxía etc.) e formación empresarial (economía da empresa). O plan de estudos inclúe a realización de prácticas en empresas e un traballo de fin de grao.

O detalle do plan de estudos está na seguinte ligazón:

Plan de estudos

A información sobre a docencia no grupo plurilingüe pode atoparse no seguinte enderezo:

Organización da opción plurilingüe

Competencias completas do estudo

Saídas profesionais e académicas

Os graduados en Economía deberán posuír un fondo coñecemento do pensamento económico e manexar os conceptos e técnicas empregados na análise económica das sociedades, territorios e organizacións, na estrutura económica e na formulación e implantación das políticas económicas. Así mesmo, deberán entender as relacións que existen entre os axentes económicos (empresas, institucións, familias etc.), os espazos económicos, os fluxos reais e financeiros que se establecen a nivel mundial. Así mesmo, están capacitados para definiren políticas económicas e decisións empresariais dende nivel directivo.

Contorno profesional no que se sitúa

Os graduados en Economía deberán desenvolver a súa profesión nun contexto económico e empresarial caracterizado pola súa crecente complexidade e dinamismo. Os procesos de globalización económica, coas súas repercusións no ámbito da apertura e internacionalización das economías determinarán o contorno de traballo destes titulados.

Saídas profesionais e académicas

Os graduados en Economía teñen preferencia para acceder aos mestrados universitarios que se imparten na Facultade de Economía e Empresa da UDC. Posteriormente, poderán acceder ao programa de doutoramento impartido neste centro.

Estes titulados están preparados para acceder a postos de traballo de responsabilidade media ou alta en calquera institución pública ou empresa privada. A súa formación polivalente permítelles a súa inserción nos niveis directivos das administracións públicas, de empresas privadas ou de entidades sen ánimo de lucro.

Os titulados poderán desenvolver a súa actividade profesional, a modo de exemplo, nos seguintes ámbitos e orientacións:

  • Directivo empresarial nivel medio
  • Alta dirección
  • Analista empresarial
  • Consultoría privada e pública
  • Auditoría
  • Administración pública
  • Autoemprego e emprendedorismo
  • Analista de mercados
  • Exercicio profesional libre
  • Ensino universitario, ESO, FP e bacharelato

Empresas e institucións colaboradoras

A Facultade de Economía e Empresa ten convenios asinados con empresas de diferentes sectores de actividade para a realización de prácticas con recoñecemento académico.

O centro ofrece información detallada sobre esta cuestión en:

Prácticas académicas externas

Planificación do ensino

Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

Estrutura do estudo

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Principios de Microeconomía Formación básica 6 ECTS
Historia Económica Formación básica 6 ECTS
Socioloxía Formación básica 6 ECTS
Análise das Operacións Financeiras Formación básica 6 ECTS
Matemáticas I Formación básica 6 ECTS
Principios de Macroeconomía Formación básica 6 ECTS
Estatística I Formación básica 6 ECTS
Dereito da Empresa Formación básica 6 ECTS
Economía da Empresa: Dirección e Organización Formación básica 6 ECTS
Matemáticas II Formación básica 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Economía Mundial Obrigatorio 6 ECTS
Microeconomía e Mercados Obrigatorio 6 ECTS
Política Económica Obrigatorio 6 ECTS
Estatística II Obrigatorio 6 ECTS
Historia Económica de España Obrigatorio 6 ECTS
Economía Española Obrigatorio 6 ECTS
Macroeconomía Obrigatorio 6 ECTS
Políticas Económicas Sectoriais Obrigatorio 6 ECTS
Métodos Estatísticos e Introdución á Econometría Obrigatorio 6 ECTS
Contabilidade Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Principios de Facenda Pública Obrigatorio 6 ECTS
Econometría I Obrigatorio 6 ECTS
Teoría Microeconómica Obrigatorio 6 ECTS
Política Monetaria e Sistema Financeiro Obrigatorio 6 ECTS
Integración Económica e Economía Europea Obrigatorio 6 ECTS
Facenda Pública Obrigatorio 6 ECTS
Econometría II Obrigatorio 6 ECTS
Macreoeconomía. Crecemento e Dinámica Obrigatorio 6 ECTS
Teoría Económica Internacional Obrigatorio 6 ECTS
Economía Rexional: Economía de Galicia Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Prácticas en Empresas Optativo anual 18 ECTS
Facenda Pública Española. Sistema Fiscal Obrigatorio 6 ECTS
Análise Económica das Organizacións Obrigatorio 6 ECTS
Organización Industrial Europea Obrigatorio 6 ECTS
Finanzas Obrigatorio 6 ECTS
Marketing Obrigatorio 6 ECTS
Desenvolvemento e Técnicas de Contabilidade Social Optativo 6 ECTS
Finanzas Internacionais Optativo 6 ECTS
Mercados e Intermediarios Financeiros Optativo 6 ECTS
Investigación de Mercados Optativo 6 ECTS
Fiscalidade das Operacións Financeiras Optativo 6 ECTS
Historia Económica de Galicia Optativo 6 ECTS
Dereito da Intermediación Financeira Optativo 6 ECTS
Traballo Fin de Grao Obrigatorio 12 ECTS

 BOE co plan de estudos (PDF)

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo de docentes dos departamentos de: Análise Económica e Administración de Empresas, Computación, Dereito Privado, Dereito Público, Dereito Público Especial, Economía Aplicada 1, Economía Aplicada 2, Economía Financeira e Contabilidade, Filoloxía Inglesa, Matemáticas, Métodos Matemáticos e de Representación e Socioloxía e Ciencia Política da Administración.

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.

Accións concretas do centro

Existen convenios con universidades europeas (Erasmus), iberoamericanas (bilaterais) e españolas (Sicue) para cursar materias da titulación con recoñecemento académico.

A facultade ofrece o detalle sobre estas accións de mobilidade en:

Mobilidade e intercambio