Logo da Universidade da Coruña

Programa de simultaneidade do Grao en Bioloxía e o Grao en Química

2015/2016 · 369 créditos

Que se aprende

No estudo simultáneo de ambos graos os estudantes adquirirán coñecementos sobre a diversidade dos organismos vivos, aprendendo a identificalos e a comprender a súa organización e funcionamento. Entenderán os modos, mecanismos de interacción e reaccións dos seres vivos co medio que os rodea, e analizarán as estruturas biolóxicas dende as macromoléculas até os organismos máis complexos. Adquirirán unha base sólida e equilibrada de coñecementos químicos teórico-prácticos, que inclúen a investigación de estruturas e mecanismos das transformacións química e a síntese de novos compostos ou sustancias. Aprenderán a resolver problemas biolóxicos, químicos e bioquímicos de forma efectiva, desenvolvendo un pensamento construtivo e traballando en colaboración. Así mesmo, desenvolverán as habilidades e destrezas necesarias para aplicar os coñecementos adquiridos na resolución de problemas e para emitir unha opinión crítica. Finalmente saberán valorar a importancia que teñen a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socio-económico e cultural da sociedade, e expresarse nas linguas oficiais da nosa comunidade.

Saídas profesionais e académicas

Saídas profesionais e académicas

As sinerxias entre a Bioloxía e a Química fan que un especialista en ambas ciencias teñan por diante un futuro prometedor, pudendo atopar saídas profesionais en multitude de postos de calquera sector, sendo algúns dos máis salientables:

• Acuicultura.

• Administración, en postos de competencia profesional e nivel académico de Biólogo e/ou Químico.

• Asesoramento científico-técnico.

• Bioquímica.

• Biotecnoloxía.

• Clínicas, hospitais e laboratorios.

• Comercialización e asistencia técnica ao cliente, comprador ou usuario do produto, equipo, etc.

• Control de calidade, auditoría e acreditación.

• Control, xestión, avaliación e auditoría ambiental.

• Ensino da Bioloxía, da Química e das ciencias en xeral.

• Explotación industrial racional e sustentable dos recursos naturais (petroquímicas, siderúrxicas, metalúrxicas, madereiras, papeleiras, cementeiras, cerámicas, etc.).

• Industria agroquímica (fertilizantes, plaguicidas, etc.)

• Industria de perfumería, cosmética, produtos de hixiene persoal e produtos de limpeza.

• Industria electrónica, de plásticos, de fibras sintéticas, de caucho, etc.

• Industrias farmacéuticas e alimentarias.

• Investigación.

• Parques zoolóxicos.

• Policía científica.

• Prevención de Riscos Laborais e Hixiene Industrial.

• Produtos auxiliares para a industria (disolventes, aditivos, catalizadores, lubricantes, pinturas, etc.).

• Produtos radioquímicos.

• Proxección, instalación, dirección, xestión e control de laboratorios e plantas.

• Química biolóxica, xenómica e proteómica.

• Química Forense.

• Transporte de mercadorías perigosas.

• Tratamento e potabilización da auga.

• Tratamento, almacenaxe e/ou eliminación de residuos.

• Xardíns botánicos.

Planificación do ensino

Estrutura do estudo

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Matemáticas 1 Formación básica 6 ECTS
Química 1 Formación básica 6 ECTS
Xeografía: Xeografía Física Formación básica 6 ECTS
Citoloxía Formación básica 6 ECTS
Iniciación á Botánica: Botánica Xeral Obrigatorio 6 ECTS
Química 2 Formación básica 6 ECTS
Química 3 Formación básica 6 ECTS
Física Formación básica 6 ECTS
Estatística Formación básica 6 ECTS
Histoloxía Formación básica 6 ECTS
Bioquímica: Bioquímica I Formación básica 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Química Analítica 1 Obrigatorio 6 ECTS
Química Física 1 Obrigatorio 6 ECTS
Química Orgánica 1 Obrigatorio 6 ECTS
Bioquímica: Bioquímica II Formación básica 6 ECTS
Botánica Sistemática: Criptogamia Formación básica 6 ECTS
Zooloxía: Zooloxía I Formación básica 6 ECTS
Química Analítica 2 Obrigatorio 6 ECTS
Química Física 2 Obrigatorio 6 ECTS
Química Orgánica 2 Obrigatorio 6 ECTS
Laboratorio de Química Obrigatorio 6 ECTS
Organografía Microscópica Obrigatorio 6 ECTS
Zooloxía: Zooloxía II Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Química Analítica Instrumental 1 Obrigatorio 6 ECTS
Química Física 3 Obrigatorio 6 ECTS
Química Inorgánica 1 Obrigatorio 6 ECTS
Enxeñaría Química Obrigatorio 6 ECTS
Microbioloxía Obrigatorio 6 ECTS
Fisioloxía Vexetal: Fisioloxía Vexetal I Obrigatorio 6 ECTS
Experimentación en Química Física Obrigatorio 6 ECTS
Química Inorgánica 2 Obrigatorio 6 ECTS
Microbioloxía Aplicada e Control Microbiolóxico Obrigatorio 6 ECTS
Xenética Obrigatorio 6 ECTS
Fisioloxía Vexetal: Fisioloxía Vexetal II Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Química Inorgánica 3 Obrigatorio 6 ECTS
Ampliación de Química Orgánica Obrigatorio 6 ECTS
Técnicas en Microbioloxía Obrigatorio 6 ECTS
Xenética Molecular Obrigatorio 6 ECTS
Fisioloxía Vexetal Aplicada Obrigatorio 6 ECTS
Fisioloxía Animal: Fisioloxía Animal I Obrigatorio 6 ECTS
Química Analítica Instrumental 2 Obrigatorio 6 ECTS
Química Inorgánica 4 Obrigatorio 6 ECTS
Experimentación en Química Orgánica Obrigatorio 6 ECTS
Botánica Sistemática: Fanerogamia Obrigatorio 6 ECTS
Fisioloxía Animal: Fisioloxía Animal II Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Ciencia de Materiais Obrigatorio 6 ECTS
Ecoloxía Humana Obrigatorio 6 ECTS
Traballo Fin de Grao Obrigatorio 15 ECTS
Traballo Fin de Grao Obrigatorio 6 ECTS

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo de docentes dos departamentos de: Bioloxía Animal, Bioloxía Vexetal e Ecoloxía, Bioloxía Celular e Molecular, Ciencias da Navegación e da Terra, Computación, Enxeñaría Industrial 2, Física, Matemáticas, Métodos Matemáticos e de Representación, Química Analítica, Química Física e Enxeñaría Química 1 e Química Fundamental.

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.