Logo da Universidade da Coruña

Grao en Bioloxía

2016/2017 · 240 créditos

Que se aprende

Neste grao os estudantes acadarán coñecementos sobre a diversidade dos organismos vivos, aprendendo a identificalos e a comprender a súa organización e funcionamento. Entenderán os modos e mecanismos de interacción destes co medio que os rodea e analizarán as estruturas biolóxicas dende as macromoléculas ata os organismos máis complexos. Aprenderán a resolver problemas biolóxicos de forma efectiva desenvolvendo un pensamento construtivo e traballando en colaboración. Adquirirán as destrezas necesarias para exercer unha opinión crítica científica tanto nas linguas oficiais da nosa comunidade como en inglés. Finalmente, saberán valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Competencias completas do estudo

Saídas profesionais e académicas

Saídas profesionais e académicas

Pódense atopar estes titulados en diferentes sectores e en multitude de postos. Algúns dos posibles postos de traballo onde tipicamente se atopan profesionais da bioloxía son:

• Industria farmacéutica e agroalimentaria.

• Industria da perfumaría, cosmética e produtos de hixiene persoal.

• Industria agroquímica (fertilizantes, praguicidas etc.)

• Biotecnoloxía.

• Acuicultura.

• Matadoiros.

• Parques zoolóxicos.

• Xardíns botánicos.

• Medio ambiente.

• Clínicas, hospitais e laboratorios

• Policia científica

• Tratamento, almacenaxe e/ou eliminación de residuos.

• Investigación.

• Ensino da bioloxía e das ciencias en xeral.

• Administración, en postos da súa competencia profesional e nivel académico.

• Asesoramento científico-técnico.

Planificación do ensino

Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

Estrutura do estudo

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Química Formación básica 6 ECTS
Matemáticas Formación básica 6 ECTS
Xeoloxía Formación básica 6 ECTS
Citoloxía Formación básica 6 ECTS
Introdución á Botánica: Botánica Xeral Obrigatorio 6 ECTS
Física Formación básica 6 ECTS
Estatística Formación básica 6 ECTS
Xeografía Física Formación básica 6 ECTS
Histoloxía Formación básica 6 ECTS
Bioquímica I Formación básica 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Bioquímica II Formación básica 6 ECTS
Microbioloxía Obrigatorio 6 ECTS
Botánica Sistemática: Criptogamia Obrigatorio 6 ECTS
Fisioloxía Vexetal I Obrigatorio 6 ECTS
Zooloxía I Obrigatorio 6 ECTS
Organografía Microscópica Obrigatorio 6 ECTS
Microbioloxía Aplicada e Control Microbiolóxico Obrigatorio 6 ECTS
Xenética Obrigatorio 6 ECTS
Fisioloxía Vexetal II Obrigatorio 6 ECTS
Zooloxía II Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Técnicas en Microbioloxía Obrigatorio 6 ECTS
Xenética Molecular Obrigatorio 6 ECTS
Fisioloxía Vexetal Aplicada Obrigatorio 6 ECTS
Fisioloxía Animal I Obrigatorio 6 ECTS
Ecoloxía I: Individuos e Ecosistemas Obrigatorio 6 ECTS
Bioquímica e Bioloxía Molecular Obrigatorio 6 ECTS
Xenética de Poboacións e Evolución Obrigatorio 6 ECTS
Botánica Sistemática: Fanerogamia Obrigatorio 6 ECTS
Fisioloxía Animal II Obrigatorio 6 ECTS
Ecoloxía II: Poboacións e Comunidades Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Fundamentos Bioquímicos de Biotecnoloxía Optativo 6 ECTS
Citoxenética Optativo 6 ECTS
Biodiversidade Animal e Medio Ambiente Obrigatorio 6 ECTS
Etoloxía Optativo 6 ECTS
Ecoloxía Humana Obrigatorio 6 ECTS
Ecotoxicoloxía Optativo 6 ECTS
Paleobioloxía Optativo 6 ECTS
Análise de Datos en Bioloxía Optativo 6 ECTS
Prácticas externas I Optativo 6 ECTS
Bioloxía do Desenvolvemento Optativo 6 ECTS
Microbioloxía e Biotecnoloxía Ambiental Optativo 6 ECTS
Xeografía Botánica: Xeobotánica Optativo 6 ECTS
Resposta das Plantas en Condicións Adversas Optativo 6 ECTS
Sustentabilidade e Conservación da Fauna Optativo 6 ECTS
Adaptacións Funcionais da Fauna ao Medio Obrigatorio 6 ECTS
Edafoloxía Optativo 6 ECTS
Traballo Fin de Grao Obrigatorio 6 ECTS
Prácticas externas II Optativo 6 ECTS

 BOE co plan de estudos (PDF)

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo de docentes dos departamentos de: Computación, Educación Física e Deportiva e Matemáticas.

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.