Programa Oficial de Doutoramento en Ciencias Mariñas, Tecnoloxía e Xestión

2023/2024

Que se aprende

DO*MAR inclúe liñas de investigación que abranguen os catro clústeres de investigación (e 12 áreas de especialización) do CEI Campus do Mar:

  • Clúster de I+D Observación do Océano e Cambio Global. Áreas de especialización: observación do océano; cambio global.
  • Clúster de I+D Uso Sostible dos Recursos Mariños. Áreas de especialización: xestión e uso dos recursos; acuicultura; transformación e valorización.
  • Clúster de I+D Xestión Integral do Mar. Áreas de especialización: análise e avaliación ambiental da zona costeira; planificación litoral; protección costeira e seguridade mariña: enxenaría e regulación.
  • Clúster de I+D Progreso Tecnolóxico, Enxeñaría e Xestión Empresarial. Áreas de especialización: tecnoloxía naval e sistemas; infraestruturas portuarias, xestión e transporte marítimo; xestión, dereito e competitividade; enerxía.

Esta amplitude de oferta fai que DO*MAR inclúa varios centos de investigadores dispostos a supervisaren teses de doutoramento en ciencia, tecnoloxía e xestión do medio mariño. Unha listaxe exhaustiva deses investigadores con descriptores das súas liñas de interese pódese atopar aquí.

Competencias xenéricas

Competencia xeral 1 (CX1) Desenvolvemento da habilidade de elaboración, presentación e defensa de traballos científicos.

Competencia xeral 2 (CX2) Desenvolvemento das capacidades de reflexión sobre implicacións da xestión sobre o desenvolvemento sostible.

Competencia xeral 3 (CG3) Desenvolvemento de habilidades no manexo e desenvolvemento de ferramentas analíticas complexas, como as matemáticas, estatísticas ou informáticas.

Competencias específicas

Competencia específica 1 (CE1) Adquisición de habilidades na análise e resolución de problemas complexos relacionados co ámbito mariño.

Competencia específica 2 (CE2) Capacidade para a dirección e execución de proxectos de investigación e transferencia tecnolóxica relativos ao medio mariño.

Saídas profesionais e académicas

Saídas profesionais e académicas

DO*MAR forma especialistas en todos os ámbitos das ciencias, tecnoloxía e xestión do mar, dende a bioloxía mariña ata a enxeñaría naval, pasando pola economía pesqueira.

Empresas e institucións colaboradoras

-Centro Tecnolóxico do Mar – Fundación CETMAR

-Centro Técnico Nacional de Conservación de Produtos da Pesca da Asociación Nacional de Conservas de Peixe e Mariscos (ANFACO-CECOPESCA)

-Centro de Investigacións Mariñas (CIMA)

-Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (INTECMAR)

-Agencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (AESAN)

-Centro Tecnolóxico Galego da Acuicultura (CETGA)

-Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA)

-Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (Gradiant)

-Centro Tecnolóxico de Eficiencia e Sustentabilidade Enerxética (EnergyLab)

-Centro Tecnolóxico do Naval (CETNAGA)

-Centro Tecnolóxico AIMEN (Asociación de Investigación Metalúrxica do Noroeste)

-Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG)

-Centro Interdisciplinar de Investigación Mariña e Ambiental (CIIMAR)

-Plataforma TECNOPEIXE

-Plataforma Tecnolóxica Galega Agroalimentaria (PTGAL)

Liñas de investigación

Estas son as liñas de investigación principáis deste programa de doutoramento:

  • Observación do océano e cambio global
  • Progreso Tecnolóxico, Enxeñería e Xestión Empresarial
  • Uso sostible dos recursos
  • Xestión integral do mar

Planificación do ensino

Complementos de formación específicos

No caso de que o doutorando careza da formación previa completa esixida no programa, a súa admisión no programa poderá quedar condicionada á superación de complementos de formación específicos, que poderán ser materias ou módulos de máster e grao. Os complementos asignados a un mesmo doutorando non poderán superar os 15 créditos ECTS e poderán realizarse de forma previa ou simultánea á matrícula en tutela académica no programa.

No caso de realización simultánea o alumnado deberá matricularse destes complementos no momento de formalizar a matrícula de tutela académica no programa, que deberán superarse no prazo máximo de tres cuadrimestres consecutivos. De non facelo así, o alumnado causará baixa no programa.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 16: Admisión.

Actividades formativas da EIDUDC

Actividades formativas da EIDUDC

Actividades formativas do programa

DO*MAR inclúe actividades formativas en forma de cursos e seminarios multidisciplinares e flexibles de tal xeito que cada alumno, supervisado polos seus directores ou directoras, poida escoller os cursos que vai realizar de toda a oferta formativa do programa de doutoramento.

A oferta formativa estrutúrase en tres tipos de cursos dos que o alumno deberá superar un mínimo de 8 ECTS de cursos de formación avanzada e un mínimo de 14 ECTS do conxunto de cursos de formación avanzada + cursos de formación transversal.

A oferta anual de cursos pode verse aquí.

Compromiso documental de supervisión

Especifica a relación académica entre o doutorando e a Universidade, os seus dereitos e deberes, incluídos os posibles dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial derivados da investigación, así como a aceptación do procedemento de resolución de conflitos e a súa duración. Inclúe tamén os deberes do/a titor/a do doutorando e do seu director ou directora de tese.

O devandito compromiso será asinado por unha representación específica designada pola universidade, o/a titor/a e o doutorando, nun prazo máximo dun mes que comezará a contar desde a data da matrícula, mentres que a sinatura do/a director/a se incorporará no momento da súa designación.

Este compromiso de supervisión engadirase ao documento de actividades do doutorando no momento da súa sinatura por todas as persoas implicadas.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 31: Compromiso de supervisión.

Plan de investigación

Nun prazo de seis meses logo da matrícula, o estudante elaborará un Plan de Investigación que incluirá a metodoloxía, os obxectivos, os medios e a planificación temporal. O plan presentarase avalado co informe do director e/ou titor e deberá ser aprobado pola CAPD. Este plan poderá mellorarse no proceso de avaliación anual contando co aval do director e/ou titor.

Anualmente, a CAPD avaliará o Plan de Investigación, xunto cos informes que a tal efecto deberán emitir o titor/a e/ou o director/a, e o documento de actividades. A avaliación positiva será requisito indispensable para continuar no programa. En caso de avaliación negativa, o estudante elaborará un novo Plan que será avaliado no prazo de seis meses. En caso de nova avaliación negativa, causará baixa definitiva no programa.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 30: Plan de investigación.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.