Programa Oficial de Doutoramento en Desenvolvemento Psicolóxico, Aprendizaxe e Saúde

2023/2024

Que se aprende

A Liña A aglutina cinco equipos de investigación que centran a súa actividade investigadora en: a) a adquisición da linguaxe e a avaliación e intervención nos seus trastornos; b) a mellora dos procesos de aprendizaxe, a avaliación das súas dificultades e a intervención psicolóxica en necesidades educativas específicas que delas se derivan; c) os factores que condicionan o desenvolvemento psicosocial e o rendemento académico na adultez emerxente ou mocidade e a prevención de desaxustes neste período; e d) a avaliación e intervención na deterioración cognitiva e funcional no envellecemento e as demencias, particularmente, o Alzheimer. A liña B está constituída por investigadores/as das áreas de coñecemento de Metodoloxía das ciencias do comportamento; Personalidade, avaliación e tratamentos psicolóxicos; Psicobioloxía; Psicoloxía básica; e Psicoloxía social. Estes/as investigadores/as desenvolven a súa actividade, entre outros, nos ámbitos dos movementos sociais, os efectos neuropsicolóxicos das toxinas, a análise dos movementos sociais e os comportamentos de risco, a Psicoloxía ambiental e a terapia familiar.

Competencias xenéricas

CB11 - Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co devandito campo.

CB12 - Capacidade de concibir, deseñar ou crear, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.

CB13 - Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.

CB14 - Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.

CB15 - Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.

CB16 - Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.

CA01 - Desenvolverse en contextos nos que hai pouca información específica.

CA02 - Atopar as preguntas craves que hai que responder para resolver un problema complexo.

CA03 - Deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos novos e innovadores no seu ámbito de coñecemento.

CA04 - Traballar tanto en equipo como de maneira autónoma nun contexto internacional ou multidisciplinar.

CA05 - Integrar coñecementos, enfrontarse á complexidade e formular xuízos con información limitada.

CA06 - A crítica e defensa intelectual de solucións.

Competencias específicas

ET01 - Capacidade para adecuar ao compromiso ético establecido no Código Deontolóxico do psicólogo o proxecto de investigación e os informes científicos xerados na práctica investigadora.

ET02 - Capacidade para analizar e comprender de maneira crítica, e expor sintéticamente, oralmente e por escrito nos idiomas que habitualmente se usan na comunidade científica, as múltiples e complexas achegas teóricas sobre o tópico de investigación elixido no ámbito do desenvolvemento psicolóxico, a aprendizaxe e/ou a saúde.

ET03 - Capacidade para elaborar e pór en práctica un deseño metodolóxico completo dunha investigación nova, tanto en equipo como de maneira autónoma nun contexto internacional ou multidisciplinar, a través dunha investigación orixinal que permita xerar innovación e emprendimiento no ámbito do desenvolvemento psicolóxico, a aprendizaxe e/ou a saúde.

ET05 - Capacidade para responder a preguntas crave, enfrontarse á resolución de problemas complexos de maneira nova e innovadora e defender as solucións propostas no ámbito do desenvolvemento psicolóxico, a aprendizaxe e/ou a saúde.

ET04 - Dispor da habilidade para realizar procuras de información relevante e xerar coñecemento científico en ámbitos do desenvolvemento psicolóxico, a aprendizaxe e/ou a saúde na que esta escasea e ser capaz de comunicala á comunidade científica e á sociedade, e formular xuízos con información limitada.

Saídas profesionais e académicas

Saídas profesionais e académicas

O título de doutor pode mellorar a situación profesional do estudante, dando acceso a unha actividade investigadora autónoma. Facilita a dirección de proxectos e o acceso a convocatorias de captación de fondos públicos exclusiva para doutores.

Empresas e institucións colaboradoras

INGEMA, integrante de diferentes redes internacionais e dependente da Fundación Matia, ten asinado convenio de investigación coa USC no que se regula a colaboración con outro dos equipos de investigación do Programa para o estudo do envellecemento e que se acaba de concretar no Proxecto ELES (Estudo Longitudinal Envellecer en España; http://proyectoeles.es) e na participación de investigadores do Programa en diferentes proxectos europeos.

Liñas de investigación

Estas son as liñas de investigación principáis deste programa de doutoramento:

  • Desenvolvemento da linguaxe: Adquisición e trastornos
  • Desenvolvemento psicosocial e rendemento academico na adultez emerxente
  • Dificultades de aprendizaxe e necesidades educativas específicas
  • Investigación psicolóxica en envellecemento e demencias
  • Investigación sobre a aprendizaxe académica e as súas dificultades en contextos educativos
  • Psicoloxía da Saúde

Planificación do ensino

Complementos de formación específicos

No caso de que o doutorando careza da formación previa completa esixida no programa, a súa admisión no programa poderá quedar condicionada á superación de complementos de formación específicos, que poderán ser materias ou módulos de máster e grao. Os complementos asignados a un mesmo doutorando non poderán superar os 15 créditos ECTS e poderán realizarse de forma previa ou simultánea á matrícula en tutela académica no programa.

No caso de realización simultánea o alumnado deberá matricularse destes complementos no momento de formalizar a matrícula de tutela académica no programa, que deberán superarse no prazo máximo de tres cuadrimestres consecutivos. De non facelo así, o alumnado causará baixa no programa.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 16: Admisión.

complementos créditos
Métodos e deseño na investigación da linguaxe 3
Metodoloxía da Investigación en Xerontoloxía 6
Análise de casos prácticos a través dun paquete estatístico 3
Documentación, organización e presentación dun traballo de investigación 3
Métodos e técnicas de recollida de información en psicoloxía aplicada 3

Actividades formativas da EIDUDC

Actividades formativas da EIDUDC

Actividades formativas do programa

1. ACTIVIDADE: Manexo de bases de datos e recursos documentais electrónicos (na USC: Cursos de especializados; na UdC: Cursos de Formación de Usuarios ) DATOS BÁSICOS Nº DE HORAS 6 2. ACTIVIDADE: Presentación pública do traballo de revisión sobre o estado da cuestión no tópico de investigación. DATOS BÁSICOS Nº DE HORAS 20 3. ACTIVIDADE: Elaboración e presentación de comunicación científica oral e/ou poster en reunión científica de ámbito nacional ou internacional con temática relacionada co tópico de investigación DATOS BÁSICOS Nº DE HORAS 20 4. ACTIVIDADE: Elaboración e presentación de comunicación científica oral en reunión científica de ámbito internacional con temática relacionada co tópico de investigación. DATOS BÁSICOS Nº DE HORAS 25 5. ACTIVIDADE: Presentación pública dos avances no traballo de investigación. DATOS BÁSICOS Nº DE HORAS 25 6. ACTIVIDADE: Estancias en centros de investigación nacionais ou estranxeiros con investigadores/as de prestixio no ámbito de investigación elixido. DATOS BÁSICOS Nº DE HORAS 480 7. ACTIVIDADE: Elaboración e aceptación de artigo científico en publicación con impacto JCR. DATOS BÁSICOS Nº DE HORAS 60 COMPLEMENTOS DE FORMACIÓN No caso de que o doutorando careza da formación previa completa esixida no programa, a súa admisión no programa poderá quedar condicionada á superación de complementos de formación específicos, que poderán ser materias ou módulos de mestrado. Os complementos asignados a un mesmo doutorando non poderán superar os 15 créditos ECTS e poderán realizarse de forma previa ou simultánea á matrícula en tutela académica no programa. Os complementos de formación serán establecidos pola CAPD para cada doctorando/a tendo en conta tres ámbitos básicos de formación: Deseños e métodos de investigación, Análise de datos, e Manexo de bases de datos e elaboración de informes científicos. A continuación preséntanse os ámbitos formativos e algunhas das materias dispoñibles na USC e a UdC susceptibles de ser propostas para ser cursadas polos/as doctorandos/as: Universidade de Santiago de Compostela CF1: Metodoloxía e deontología -P3321101 - Métodos e deseños na investigación da linguaxe (Máster Universitario en Estudos Avanzados sobre a Linguaxe, a Comunicación e as súas Patoloxías): 3 ECTS. - P2021218 Metodoloxía da Investigación en Gerontología (Máster Universitario en Gerontología): 5 ECTS -P2151201 - Deseños de investigación aplicados á psicoloxía da saúde (Master en Psicoloxía Xeral Sanitaria). CF2: Análise de datos, manexo de bases de datos e elaboración de informes científicos. -P3321102 - Análise de casos prácticos a través dun paquete estatístico (Máster Universitario en Estudos Avanzados sobre a Linguaxe, a Comunicación e as súas Patoloxías): 3 ECTS. P2151202 - Modelos multivariados de análises de datos aplicados á psicoloxía da saúde (Master en Psicoloxía Xeral Sanitaria). Universidade da Coruña CF1: Metodoloxía e deontología -P3321101 - Métodos e deseños na investigación da linguaxe (Máster Universitario en Estudos Avanzados sobre a Linguaxe, a Comunicación e as súas Patoloxías): 3 ECTS. -491004 Metodoloxía da Investigación en Gerontología (Máster Universitario en Gerontología): 6 ECTS CF2: Análise de datos, manexo de bases de datos e elaboración de informes científicos -P3321102 - Análise de casos prácticos a través dun paquete estatístico (Máster Universitario en Estudos Avanzados sobre a Linguaxe, a Comunicación e as súas Patoloxías): 3 ECTS. -652438001 Documentación, organización e presentación dun traballo de investigación (Máster Universitario en Psicoloxía Aplicada): 3 ECTS. -652438002 Métodos e técnicas de recollida de información en psicoloxía aplicada (Máster Universitario en Psicoloxía Aplicada): 3 ECTS. A CAPD analizará o perfil formativo dos doctorandos tendo en conta a súa formación de grao e posgrao e, en virtude da liña de investigación na que se matricule, establecerá os Complementos Formativos (CF) concretos que debe cursar o/a doctorando/a dentro da oferta dispoñible en cada un do catro ámbitos establecidos. Na seguinte táboa móstranse os ámbitos nos que deben establecerse complementos formativos para completar a formación dos estudantes de doutoramento en virtude do posgrao de procedencia e titulación: MU. Gerontología MU. Psicopedagogía MU. Int. Discapacidad y Dependencia MU. Lenguaje, Com.y Patologías MU. Prof. Secundaria MU. Psicología Aplicada MU. Psicogerontología MU. Psicología General Sanitaria MU. Psicología Educativa, Des. y Aprendizaje Psicología XXX XXX XXX XXX XXX XXX XXX XXX XXX Logopedia CF2 CF1 CF1, CF2 XXX CF1, CF2 XXX XXX XXX XXX Psicopedag. CF2 CF1 CF1, CF2 XXX CF1, CF2 XXX XXX XXX XXX Maestro CF2 CF1 CF1, CF2 XXX CF1, CF2 XXX XXX XXX XXX

Compromiso documental de supervisión

Especifica a relación académica entre o doutorando e a Universidade, os seus dereitos e deberes, incluídos os posibles dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial derivados da investigación, así como a aceptación do procedemento de resolución de conflitos e a súa duración. Inclúe tamén os deberes do/a titor/a do doutorando e do seu director ou directora de tese.

O devandito compromiso será asinado por unha representación específica designada pola universidade, o/a titor/a e o doutorando, nun prazo máximo dun mes que comezará a contar desde a data da matrícula, mentres que a sinatura do/a director/a se incorporará no momento da súa designación.

Este compromiso de supervisión engadirase ao documento de actividades do doutorando no momento da súa sinatura por todas as persoas implicadas.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 31: Compromiso de supervisión.

Plan de investigación

Nun prazo de seis meses logo da matrícula, o estudante elaborará un Plan de Investigación que incluirá a metodoloxía, os obxectivos, os medios e a planificación temporal. O plan presentarase avalado co informe do director e/ou titor e deberá ser aprobado pola CAPD. Este plan poderá mellorarse no proceso de avaliación anual contando co aval do director e/ou titor.

Anualmente, a CAPD avaliará o Plan de Investigación, xunto cos informes que a tal efecto deberán emitir o titor/a e/ou o director/a, e o documento de actividades. A avaliación positiva será requisito indispensable para continuar no programa. En caso de avaliación negativa, o estudante elaborará un novo Plan que será avaliado no prazo de seis meses. En caso de nova avaliación negativa, causará baixa definitiva no programa.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 30: Plan de investigación.

Profesorado

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.