Logo da Universidade da Coruña

Programa Oficial de Doutoramento en Lóxica e Filosofía da Ciencia

2016/2017

Que se aprende

O Programa propónse formar investigadores capacitados para responder ás seguintes demandas sociais:

  • Profundizar no papel da Ciencia e a Tecnoloxía na sociedade contemporánea, analizando os seus supostos, contidos e límites.
  • A resolución de conflitos por medio da discusión racional, para a intermediación e crítica cultural.
  • Responder á crecente demanda social de información acerca do funcionamento e estrutura dos sistemas científico-tecnolóxicos, a súa xestión e o seu impacto dentro dos diferentes ámbitos sociais, económicos e políticos.
  • A análise da relación entre linguaxe e mundo, os modelos cognitivos e as súas aplicacións á intelixencia artificial así coma os problemas relativos á comunicación, os actos de fala e a pragmática, o significado, a intencionalidade, e as teorías da representación mental.
  • O manexo das diversas Tecnoloxías da Información e os seus problemas formales de desenvolvemento: Intelixencia Artificial, web semántica, computabilidade, etc. Así mesmo, coma para o desenvolvemento de Lóxicas clásicas e non clásicas, a súa historia e a súa filosofía.

Segúndo o RD 99/2011, a obtención do título de Doutor debe proporcionar unha alta capacitación profesional en ámbitos diversos, especialmente naqueles que requiren creatividade e innovación. Os doutores terán adquirido, polo menos, as seguintes competencias básicas, capacidades e destrezas personales.

Competencias xenéricas

Competencia Básica 11 (CB11): Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co dito campo.

Competencia Básica 12 (CB12): Capacidade de concebir, deseñar ou crear, poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.

Competencia Básica 13 (CB13): Capacidade para contribuir á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.

Competencia Básica 14 (CB14): Capacidade de realizar unha análise crítica e de evaluación e síntese de ideas novas e complexas.

Competencia Básica 15 (CB15): Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.

Competencia Básica 16 (CB16): Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionales, a avance científica, tecnológica, social, artística ou cultural dentro dunha sociedade basada no coñecemento.

Competencias específicas

Competencia Específica 1 (CE1): Desenvolverse en contextos nos que hai pouca información específica.

Competencia Específica 2 (CE2): Encontrar as preguntas claves que hai que responder para resolver un problema complexo.

Competencia Específica 3 (CE3): Deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos novedosos e innovadores no seu ámbito de coñecemento.

Competencia Específica 4 (CE4): Traballar tanto en equipo coma de maneira autónoma nun contexto internacional ou multidisciplinar.

Competencia Específica 5 (CE5): Integrar coñecementos, enfrentarse á complexidade e formular xuicios con información limitada.

Competencia Específica 6 (CE6): A crítica e defensa intelectual de solucións.

Outras competencias

CM1. Capacidade para adquirir coñecementos avanzados nos campos da argumentación e a Lóxica, a Filosofía da Linguaxe , a Filosofía da Ciencia e da Tecnoloxía.

CM2. Capacidade para deseñar un proxecto de investigación co que analizar e avaliar críticamente aportacións anteriores e no que poidan aplicar os seus coñecementos e metodoloxía de traballo.

CM3. Capacidade para realizar unha síntese de ideas novas e complexas que produzan un coñecemento máis profundo do contexto investigador no que se traballe.

CM4. Capacidade para elaborar materiais sobre a súa propia investigación e difundir os resultados.

Saídas profesionais e académicas

Saídas profesionais e académicas

  • Integración en grupos e proxectos de investigación, tanto nacionales coma internacionales, nos distintos ámbitos da especialidade.
  • Optar ao desenvolvemento de actividade académica docente e investigadora en centros de Educación Superior.
  • Profesionales xeneralistas moi cualificados e con gran capacidade de adaptación a diversos postos de traballo, dende o sector empresarial dos recursos humanos á xestión cultural, científica e tecnolóxica, así coma a comunicación científica.

Empresas e institucións colaboradoras

Este Programa de Doutoramento está coordinado pola Universidad de Salamanca en colaboración coas siguiente entidades: Instituto de Filosofía del CSIC, Universidade da Coruña, Universidad de La Laguna, Universidade de Santiago de Compostela, Universidad de Valencia e Universidad de Valladolid. Conta, ademáis, con profesorado de outras moitas Universidades españolas: Universidad Autónoma de Madrid, Universidad Autónoma de Barcelona, UOC, UNED, Universidad de Sevilla y Universidad de Granada. No noso claustro hai tamén profesores de varias universidades do Reino Unido, Italia, Portugal, Dinamarca, Brasil e México. Os nosos alumnos proceden de diversos países de Europa e Iberoamérica. As universidades que impulsan este programa de doutoramento contan con acordos de intercambio coas principales universidades do mundo.

Liñas de investigación

Estas son as liñas de investigación principáis deste programa de doutoramento:

  • Argumentación e lóxica
  • Estudios sociales de la ciencia y la tecnología
  • Filosofía da linguaxe
  • Filosofía de la Ciencia

Planificación do ensino

Complementos de formación específicos

No caso de que o doutorando careza da formación previa completa esixida no programa, a súa admisión no programa poderá quedar condicionada á superación de complementos de formación específicos, que poderán ser materias ou módulos de mestrado e grao. Os complementos asignados a un mesmo doutorando non poderán superar os 15 créditos ECTS e poderán realizarse de forma previa ou simultánea á matrícula en tutela académica no programa.

No caso de realización simultánea o alumnado deberá matricularse destes complementos no momento de formalizar a matrícula de tutela académica no programa, que deberán superarse no prazo máximo de tres cuadrimestres consecutivos. De non facelo así, o alumnado causará baixa no programa.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 16: Admisión.

Actividades formativas da EIDUDC

 

Actividades formativas da EIDUDC

Actividades formativas do programa

As sete actividades de formación transversal e específicas deste Programa de Doutoramento de carácter estable e dirixidas ao conxunto de doutorandos, son:

1) Seminarios de investigación.

2) Reuniones de seguemento de proxectos, traballos ou resultados de investigación.

3) Cursos de formación metodolóxicos, especializados ou prácticos.

4) Asistencia a congresos nacionales ou internacionales.

5) Publicacións científicas.

6) Estancias en outros centros de investigación.

7) Actuacións e criterios de movilidade.

Complementos de formación

A Comisión Académica do Programa de Doutoramento decidirá para cada estudante admitido, en función do seu perfil de ingreso e a formación previa adquirida, a necesidade ou non de realizar determinada formación en investigación. En particular, no caso de estudantes que no tiveran cursado nin o “Máster en Lógica y Filosofía de la Ciencia” nin o “Máster en Estudios Sociales de la Ciencia y la Tecnología”, pero que, sen embargo, reuniesen os requisitos de acceso, a Comisión Académica do Programa de Doutoramento poderá establecer que o aspirante curse ata un máximo de cinco asignaturas (total: 25 Créditos ECTS) de un dos Másteres mencionados. En particular, terán que cursar complementos de formación aqueles estudantes que non tiveran cursado algunha titulación que lles proporcionara coñecementos suficientes na Área de Lóxica e Filosofía da Ciencia.

Compromiso documental de supervisión

Especifica a relación académica entre o doutorando e a Universidade, os seus dereitos e deberes, incluídos os posibles dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial derivados da investigación, así como a aceptación do procedemento de resolución de conflitos e a súa duración. Inclúe tamén os deberes do/a titor/a do doutorando e do seu director ou directora de tese.

O devandito compromiso será asinado por unha representación específica designada pola universidade, o/a titor/a e o doutorando, nun prazo máximo dun mes que comezará a contar desde a data da matrícula, mentres que a sinatura do/a director/a se incorporará no momento da súa designación.

Este compromiso de supervisión engadirase ao documento de actividades do doutorando no momento da súa sinatura por todas as persoas implicadas.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 31: Compromiso de supervisión.

Plan de investigación

Nun prazo de seis meses logo da matrícula, o estudante elaborará un Plan de Investigación que incluirá a metodoloxía, os obxectivos, os medios e a planificación temporal. O plan presentarase avalado co informe do director e/ou titor e deberá ser aprobado pola CAPD. Este plan poderá mellorarse no proceso de avaliación anual contando co aval do director e/ou titor.

Anualmente, a CAPD avaliará o Plan de Investigación, xunto cos informes que a tal efecto deberán emitir o titor/a e/ou o director/a, e o documento de actividades. A avaliación positiva será requisito indispensable para continuar no programa. En caso de avaliación negativa, o estudante elaborará un novo Plan que será avaliado no prazo de seis meses. En caso de nova avaliación negativa, causará baixa definitiva no programa.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 30: Plan de investigación.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.