Logo da Universidade da Coruña

Programa Oficial de Doutoramento en Láser, Fotónica e Visión

2016/2017

Que se aprende

O programa estrutúrase en dúas liñas de investigación:

  • Tecnoloxías do láser e visión.
  • Láser e fotónica.

Ambas as liñas están representadas polos grupos de investigación de UVigo "Metroloxía Óptica", da USC "Microóptica e Sensores de Fronte de Onda", e da UDC "Aplicacións Industriais do Láser". A actividade do grupo UDC participante céntrase no emprego de láseres de alta potencia para o procesamento de materiais (corte, perforado, soldadura, recargue, fabricación directa..) e de láseres pulsados en procesos de marcado, mecanizado, limpeza...

Competencias xenéricas

BÁSICAS

  • Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación do devandito campo
  • Capacidade de concibir, deseñar ou crear, poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación
  • Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal
  • Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas
  • Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.
  • Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.

CAPACIDADES e DESTREZAS PERSOAIS

  • Desenvolverse en contextos nos que hai pouca información específica
  • Encontrar as preguntas chave que hai que responder para resolver un problema complexo
  • Deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos novidosos e innovadores no seu ámbito de coñecemento
  • Traballar tanto en equipo como de xeito autónomo nun contexto internacional ou multidisciplinar
  • Integrar coñecementos, enfrontarse á complexidade e formular xuízos con información limitada
  • A crítica e defensa intelectual de solucións.

Competencias específicas

OTRAS COMPETENCIAS

  • Coñecer os contidos científico-técnicos e saber formular os avances máis recentes e os retos máis destacados da tecnoloxía láser, fotónica e visión
  • Coñecer as medidas de seguridade no uso do láser, e en xeral as normativas de protección, incluíndo tamén aspectos relacionados coa medida da contaminación lumínica, e en xeral a radiometría e fotometría de fontes e láseres, co obxecto de saber manexar equipamentos con diferentes fontes de luz de forma eficiente e segura.
  • Coñecer aqueles conceptos, modelos e teorías fundamentais das liñas específicas de investigación sobre tecnoloxías do láser e visión, e sobre láser e fotónica, que dote o alumno dunha visión de conxunto, servíndolle ademais de base para posteriores aprendizaxes.
  • Adquirir a capacidade para realizar unha comprensión rápida e sistemática e, sobre todo, actualizada nas distintas disciplinas nas que o alumno se especializase, tanto nas relacionadas coas tecnoloxías do láser e a visión como láser e fotónica

Saídas profesionais e académicas

Saídas profesionais e académicas

Ademais de no ámbito docente e investigador en Universidades, Institutos e Centros públicos de investigación, estímase que existen na U.E. en torno a 300.000 empregos directos na industria da tecnoloxía Láser, Fotónica e Visión e outros tantos en empresas que a utilizan ou comercializan.

O desenvolvemento, fabricación e comercialización de materiais, compoñentes e sistemas ópticos, de sensores, elementos de vixilancia e medida abarca multitude de sectores como poden ser:

  • Información e Comunicación ( Comunicacións e redes baseadas en fibra óptica)
  • Fabricación industrial e Sistemas de calidade (Procesado de materiais con láser, supervisión e control de procesos, enerxía fotovoltaica...)
  • Saúde e Asistencia Sanitaria: (Sistemas de diagnóstico por imaxe,Endoscopía e microscopía, sistemas láser terapéuticos, elementos de oftalmoloxía, biosensores...)
  • Iluminación e pantallas ( Tecnoloxía LED,OLED, pantallas flexibles..)
  • Defensa e Seguridade (Videovixilancia,biométrica,monitorización de contaminación ambientais, elementos de asistencia á condución...
  • Materiais e Tecnoloxías de vangarda (novos materiais para láser, fibras e outros elementos ópticos,nanofotónica...)

Empresas e institucións colaboradoras

Os profesores do Programa mantemos colaboracións con distintas entidades e empresas en materia de investigación, docencia e intercambio de alumnos:

  • Universidades e Organismos Públicos Españois: Universidad Jaume I de Castellón, Universidad de Murcia, Universidad de Zaragoza, UNED, Universidad de Oviedo, Universidad de Valencia, Universidad de Salamanca, Instituto de Ciencia de Materiales de Aragón (ICMA-CSIC), Instituto de Cerámica y Vidrio (ICV-CSIC)
  • Universidades Extranxeiras: University of Loughborough (UK), Australian National University (AU), University of Arizona (US), University of Limoges (FR), University Pierre and Marie Curie Paris 6 (FR), University of Bristol (UK), University of Central Florida (US)
  • Outros Centros de Investigación: CNR_IFAC (Consiglio Nazionale delle Ricerche, IT), NEC-Labs (NEC Laboratories America, USA), AIN (Asociación de la Industria de Navarra, ES), AIMEN (Asociación de Industrias del Metal, ES), INDO (Indo Lens Group,ES), INL (Iberian Nanotechnology Laboratory,PT-ES), LOMG (Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia), CTAG(Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia)

Liñas de investigación

Estas son as liñas de investigación principáis deste programa de doutoramento:

  • Láser y Fotónica
  • Tecnologías de Láser y Visión

Planificación do ensino

Complementos de formación específicos

No caso de que o doutorando careza da formación previa completa esixida no programa, a súa admisión no programa poderá quedar condicionada á superación de complementos de formación específicos, que poderán ser materias ou módulos de mestrado e grao. Os complementos asignados a un mesmo doutorando non poderán superar os 15 créditos ECTS e poderán realizarse de forma previa ou simultánea á matrícula en tutela académica no programa.

No caso de realización simultánea o alumnado deberá matricularse destes complementos no momento de formalizar a matrícula de tutela académica no programa, que deberán superarse no prazo máximo de tres cuadrimestres consecutivos. De non facelo así, o alumnado causará baixa no programa.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 16: Admisión.

complementos créditos
Aplicacións Biomédicas dos Láseres: Fundamentos Físicos 6
Óptica Coherente 6
Física dos Láseres 6
Aplicacións Industriais dos Láseres 6
Sensores Láser:Fundamentos e Aplicacións 6
Óptica Cuántica 6
Métodos Computacionais 6
Aplicacións Metrolóxicas dos Láseres 6
Comunicacións Ópticas 6
Aplicacións Medioambientais dos Láseres 6
Laboratorio de Fotónica 6
Laboratorio de Fundamentos do Láser 6

Actividades formativas da EIDUDC

Actividades formativas da EIDUDC

Actividades formativas do programa

Seminarios formativos en temas específicos de láser, fotónica e visión Seminario sobre temas de interese e actualidade impartidos por profesorado do programa, profesores/investigadores visitantes ou profesionais externos Obrigatoria. 20 horas

Xornadas sobre valorización e transferencia de tecnoloxía. Asistencia a xornadas organizadas polas respectivas OTRI de cada universidade sobre temas de xestión e transferenciade I+D: solicitude de patentes, solicitude de proxectos, creación de spin-off, EBT,... Obrigatoria. 20 horas.

Organización de workshops de estudantes do programa Reunións dos estudantes do programa para exposición e discusión dos resultados do seu traballo. Obrigatoria. 20horas

Estadías curtas de investigación Estadía para completar e intercambiar experiencias nun centro distinto daquel en se estea realizando a tese de doutoramento. Recomendable realizar unha estadía de, polo menos, 3 meses.

Actividade formativa de investigación Publicación de artigos científicos en revistas indexadas JCR e asistencia a congresos de ámbito nacional ou internacional Esixirase un mínimo de dous artigos JCR como autor ou co-autor e a asistencia a un congreso.

Compromiso documental de supervisión

Especifica a relación académica entre o doutorando e a Universidade, os seus dereitos e deberes, incluídos os posibles dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial derivados da investigación, así como a aceptación do procedemento de resolución de conflitos e a súa duración. Inclúe tamén os deberes do/a titor/a do doutorando e do seu director ou directora de tese.

O devandito compromiso será asinado por unha representación específica designada pola universidade, o/a titor/a e o doutorando, nun prazo máximo dun mes que comezará a contar desde a data da matrícula, mentres que a sinatura do/a director/a se incorporará no momento da súa designación.

Este compromiso de supervisión engadirase ao documento de actividades do doutorando no momento da súa sinatura por todas as persoas implicadas.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 31: Compromiso de supervisión.

Plan de investigación

Nun prazo de seis meses logo da matrícula, o estudante elaborará un Plan de Investigación que incluirá a metodoloxía, os obxectivos, os medios e a planificación temporal. O plan presentarase avalado co informe do director e/ou titor e deberá ser aprobado pola CAPD. Este plan poderá mellorarse no proceso de avaliación anual contando co aval do director e/ou titor.

Anualmente, a CAPD avaliará o Plan de Investigación, xunto cos informes que a tal efecto deberán emitir o titor/a e/ou o director/a, e o documento de actividades. A avaliación positiva será requisito indispensable para continuar no programa. En caso de avaliación negativa, o estudante elaborará un novo Plan que será avaliado no prazo de seis meses. En caso de nova avaliación negativa, causará baixa definitiva no programa.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 30: Plan de investigación.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.