Logo da Universidade da Coruña

Programa Oficial de Doutoramento en Estudos Literarios

2016/2017

Que se aprende

A investigación intégrase en dúas grandes liñas, a primeira orientada ás literaturas en lingua española e a literatura comparada, e a segunda centrada en literaturas e culturas galega e portuguesa e literatura medieval. O programa conta con diferentes grupos de investigación nas dúas universidades colaboradoras, que constitúen un contexto idóneo para a incorporación de novos doutorandos: Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega (ILLA) e Grupo de Investigación Literatura e Cultura Hispánica (LCH), Estudos sobre Literatura Española (FE1), Literatura Española de e sobre a Idade Media (LM1) e Grupo de Análise e Estudo da Literatura e da Tradutoloxía (GAELI FG3).

Competencias xenéricas

CX1. Profundar nas aplicacións dos coñecementos teóricos e na ampliación de contidos, así como nas ferramentas e técnicas de investigación necesarias para a súa óptima posta en práctica, co fin de lograr una especialización interdisciplinar, científica e profesional. CX2 - Conseguir unha formación avanzada e especializada nos estudos literarios do español, o galego e o portugués, así como naquelas técnicas aplicadas a este campo. CX3 - Dominar os métodos e técnicas de investigación literaria. CX4 - Obter un coñecemento avanzado sobre a diversidade cultural por medio dos estudos culturais.

Competencias específicas

CE1 - Demostrar unha comprensión sistemática dun campo de estudo e o dominio de habilidades e métodos de investigación relacionados co ámbito dos estudos literarios. CE2 - Demostrar a capacidade de concibir, deseñar, por en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación con rigor académico. CE3 - Realizar unha contribución a través dunha investigación orixinal que amplíe as fronteiras do coñecemento, a partir do desenvolvemento dun corpus substancial, cuxos logros merezan a publicación referenciada a nivel nacional ou internacional. CE4 - Coñecer o modo de relacionarse coa comunidade científica, dar a coñecer as súas investigacións e lograr resultados na difusión do coñecemento.

Saídas profesionais e académicas

Saídas profesionais e académicas

O Programa de Doutoramento en Estudos Literarios ofrece unha formación avanzada que prepara para aquelas profesións nas que se esixa un doutoramento, como profesor universitario ou investigador. Resulta igualmente adecuado para o acceso a postos de liderado en empresas dedicadas á industria editorial, á comunicación e, en xeral, para todas as industrias culturais.

Empresas e institucións colaboradoras

O Programa de Doutoramento de Estudos Literarios está desenvolvendo diversas estratexias conducentes a potenciar a internacionalización.

Liñas de investigación

Estas son as liñas de investigación principáis deste programa de doutoramento:

  • Literatura en lengua española y Literatura comparada
  • Literaturas e culturas galega e portuguesa e Literatura medieval

Planificación do ensino

Complementos de formación específicos

No caso de que o doutorando careza da formación previa completa esixida no programa, a súa admisión no programa poderá quedar condicionada á superación de complementos de formación específicos, que poderán ser materias ou módulos de mestrado e grao. Os complementos asignados a un mesmo doutorando non poderán superar os 15 créditos ECTS e poderán realizarse de forma previa ou simultánea á matrícula en tutela académica no programa.

No caso de realización simultánea o alumnado deberá matricularse destes complementos no momento de formalizar a matrícula de tutela académica no programa, que deberán superarse no prazo máximo de tres cuadrimestres consecutivos. De non facelo así, o alumnado causará baixa no programa.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 16: Admisión.

complementos créditos
Métodos e técnicas para elaboración de traballos de investigación 3
Recursos para a investigación en Literatura 3
Literatura Galega Contemporánea 6
Literatura Portuguesa 2 6
Literatura hispanoamericana 6
Literatura española del siglo XX y XXI 6

Actividades formativas da EIDUDC

 

Actividades formativas da EIDUDC

Actividades formativas do programa

.

Compromiso documental de supervisión

Especifica a relación académica entre o doutorando e a Universidade, os seus dereitos e deberes, incluídos os posibles dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial derivados da investigación, así como a aceptación do procedemento de resolución de conflitos e a súa duración. Inclúe tamén os deberes do/a titor/a do doutorando e do seu director ou directora de tese.

O devandito compromiso será asinado por unha representación específica designada pola universidade, o/a titor/a e o doutorando, nun prazo máximo dun mes que comezará a contar desde a data da matrícula, mentres que a sinatura do/a director/a se incorporará no momento da súa designación.

Este compromiso de supervisión engadirase ao documento de actividades do doutorando no momento da súa sinatura por todas as persoas implicadas.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 31: Compromiso de supervisión.

Plan de investigación

Nun prazo de seis meses logo da matrícula, o estudante elaborará un Plan de Investigación que incluirá a metodoloxía, os obxectivos, os medios e a planificación temporal. O plan presentarase avalado co informe do director e/ou titor e deberá ser aprobado pola CAPD. Este plan poderá mellorarse no proceso de avaliación anual contando co aval do director e/ou titor.

Anualmente, a CAPD avaliará o Plan de Investigación, xunto cos informes que a tal efecto deberán emitir o titor/a e/ou o director/a, e o documento de actividades. A avaliación positiva será requisito indispensable para continuar no programa. En caso de avaliación negativa, o estudante elaborará un novo Plan que será avaliado no prazo de seis meses. En caso de nova avaliación negativa, causará baixa definitiva no programa.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 30: Plan de investigación.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.