Logo da Universidade da Coruña

Programa Oficial de Doutoramento en Equidade e Innovación en Educación

2017/2018

Que se aprende

O programa ten dúas liñas básicas de investigación, en cuxo interior se diferencian varias subliñas: 1. Procesos de inclusión e exclusión socio-educativa: - Equidade e inclusión para a mellora escolar. - Abandono e fracaso escolar. - Materias curriculares e equidade. - O enfoque do xénero nos procesos de exclusión e inclusión. - Plurilingüismo:inclusión e equidade de línguas. - Equidade, cambio social e desenvolvemento sustentable. - Benestar, infancia e mocidade. - Colectivos en situación ou risco de exclusión social. - Educación intercultural. 2. Innovación para a equidade educativa: - Procesos de ensino-aprendizaxe para a equidade. - Educación mediática e competencia dixital para a equidade. - Desenvolvemento de competencias docentes para a equidade. - Asesoramento e orientación como apoio para a calidade e equidade en educación. - Innovación nas materias curriculares. - Políticas educativas innovadoras e xustiza social. - A construcción histórica dunha cultura escolar inclusiva e innovadora. O profesorado da UDC que traballa na liña 1 é a seguinte (entre paréntese a área de coñecemento á que pertence): -Jesús Miguel Muñoz Cantero (Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación). - Xulio Pardo de Neyra (Didáctica da Língua e da Literatura). - María Luísa Rodicio García (Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación). - Concepción Sánchez Blanco (Didáctica e Organización Escolar). - Jurjo Torres Santomé (Didáctica e Educación Escolar). - Narciso de Gabriel Fernández (Teoría e H8storia da Educación), - Renée de Palma Ungaro (Didáctica e Organización Escolar) - Pedro Vega Marcote (Didáctica das Ciencias Experimentais). - Alfredo Rodríguez López-Vázquez (Didáctica da Língua e da Literatura). - Juan José Bueno Aguilar (Didáctica e Organización Escolar). O profesorado da UDC que traballa na liña 2 é: - Cristina Martínez Losada (Didáctica das Ciencias Experimentais). - Jesús Miguel Muñoz Cantero (Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación). - Juan José Bueno Aguilar (Didáctica e Organización Escolar). - Jurjo Torres Santomé (Didáctica e Organización Escolar). - María Luísa Rodicio García (Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación). - Mar Rodicio Romero (Didáctica e Organización Escolar). - Mercedes González Sanmamed (Didáctica e Organización Escolar). - Narciso de Gabriel Fernández (Teoría e Historia da Educación). - Susana García Barros (Didáctica das Ciencias Experimentais). - Xulio Pardo de Neyra (Didáctica da Língua e da Literatura). - Alfredo Rodríguez López-Vázquez (Didáctica da Língua e da Literatura).

Competencias específicas

1. Capacidade de utilizar e aplicar os coñecementos adquiridos nos ámbitos profesionais e disciplinares en relación directa coa equidade en educación. 2. Capacidade para deseñar e denvolver alternativas orixinais e innovadoras para dar resposta ás distintas demandas e problemáticas educativas desde a perspectiva da equidade e a xustiza social. 3. Contribuír a través dunha investigación orixinal que amplíe fronteiras do coñecemento desenvuelto un corpus substancial, en torno aos campos da equidade na educación e a innovación. 4. Capacidade de deseñar un proxecto de investigación para desenvolver unha análise crítica e avaliativa de situación complexas e innovadoras utilizando coñecementos/metodoloxía de traballo para avanzar nas fronteiras do coñecemento no ámbito temático de estudo. 5. Desenvolvemento de capacidades comprensivas, de análise e síntese. 6. Desenvolvemento de capacidades de aplicación de coñecementos a contornas novas, para formular e resolver novas preguntas, para suscitar e contrastar novas hipótesis. 7. Desenvolver habilidades para debater, integrando coñecementos con responsabilidade social e científica, demostrando o dominio de distintas habilidades e métodos de investigación que posibiliten analizar os procesos educativos no actual marco de sociedades cosmopolitas. 8. Realizar unha análise crítica de avaliación e síntese de ideas novas e complexas, sobre proxectos de investigación en desenvolvemento na área de coñecemento de educación e equidade, valorando as súas posibilidades de transferencia e mellora das prácticas educativas.

Saídas profesionais e académicas

Saídas profesionais e académicas

Profesorado dos diversos niveis do sistema educativo e investigadores no campo da educación.

Liñas de investigación

Estas son as liñas de investigación principáis deste programa de doutoramento:

  • Innovación para la Equidad Educativa
  • Procesos de inclusión y exclusión socio-educativa

Planificación do ensino

Complementos de formación específicos

No caso de que o doutorando careza da formación previa completa esixida no programa, a súa admisión no programa poderá quedar condicionada á superación de complementos de formación específicos, que poderán ser materias ou módulos de mestrado e grao. Os complementos asignados a un mesmo doutorando non poderán superar os 15 créditos ECTS e poderán realizarse de forma previa ou simultánea á matrícula en tutela académica no programa.

No caso de realización simultánea o alumnado deberá matricularse destes complementos no momento de formalizar a matrícula de tutela académica no programa, que deberán superarse no prazo máximo de tres cuadrimestres consecutivos. De non facelo así, o alumnado causará baixa no programa.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 16: Admisión.

complementos créditos
Análisis Estadístico de datos en la investigación educativa 6
Investigación interpretativa postparadigmática en educación: de la etnografía a la cartografía social 3
La investigación educativa desde una perspectiva cuantitativa 3
La investigación histórico-educativa 3
La Investigación-acción e innovación educativa 3
La investigación en la orientación 3
Metodología de investigación educativa: los estudios de caso 3
Metodología de investigación en dramatización, historia y sociedad 3
Metodologías de evaluación de la calidad en centros educativos 3
Controversias e imaxes na educación nunha sociedade multicultural 3
A educación dos medios de comunciación na sociedade multipantalla 3
Tecnoloxías da información e comunicación (TIC) en educación: cales, quen e como se integran en centros e aulas. Proxectos de traballo. 3
Da integración á inclusión educativa do alumnado con necesiades educativas especiais 3
A educación permanente nas sociedades da información 3
Educación e políticas de igualdade 3
Política, cultura, educación e xustiza curricular en sociedades democráticas 3
A orientación profesional no marco da aprendizaxe ao longo da vida 3
Investigación avaliativa en programas e servizos educativos 3
Metodoloxía da investigación en artes escénicas 3
Educación física, educación para a saúde e calidade de vida 3
Lecer e deporte: perspectivas para a acción socioeducativa na infancia 3
Educación matemática e compoñentes sociais e culturais do currículo. 3
As actitudes na aprendizaxe de matemáticas 3
Problemática da aprendizaxe nas ciencias da naturaleza 3
Estratexias de ensino en ciencias e en educación ambiental 3
Xénese e evolución do sistema educativo en Galicia no período contemporáneo 3
Problemas sociais. xustiza xuvenil e educación 3
Municipio e acción educativa 3
Reformas e innovacións educativas: entre a política educativa e a práctica escolar 3
Investigación-Acción e Innovación 4,5
Instrumentos para a avaliación de programas e servizos 4,5
Tratamento da información na xestión e avaliación das institucións 4,5
Inclusión educativa e práctica psicopedagóxica 4,5
Metodoloxías de investigación orientadas á innovación 3
Estudo de necesidades e avaliación de programas 3
Proxecos e informes de investigación 3
Investigación e innovación en didáctica da lingua e a literatura estranxeira 3
Investigación cuantitativa orientada a innovación 3
Investigación cualitativa orientada a innovación 3
Metodoloxía Cualitativa 3
Metodoloxía Cuantitativa 3
Métodos e técnicas de recollida de información en psicoloxía aplicada 3

Actividades formativas da EIDUDC

 

Actividades formativas da EIDUDC

Actividades formativas do programa

Están previstas unha serie de actividades común para garantir a coordinación entre universidades e a interrelación entre estudantes e profesorado, a través de actividades iguais, feitas de xeito rotatorio e secuenciado nas distintas universidades, tamén a través de estancias nas universidades do Programa e, noutras coas que se negociarán convenios. Estas actividades darán conta tamén das 2 liñas de investigación do programa, e así, os alumnos escollerán (axudados polos seus directores e titores) aquelas actividades da oferta formativa que se correspondan coa liña de investigación da súa tese. En canto a secuenciación do plan de estudos, as 48 h. de actividades específicas que deberá cursar cada estudante, distribuirase ao longo de 3 anos do programa (dedicación a tempo completo) e ao longo de 5 anos (a tempo parcial), polo que o proxecto formativo complétase así: 1)Xornadas de orientación. Obrigatorias o 1º ano: 4 horas. 2) Encontros con investigadores do programa. 5 por ano de 4 h. de duración. Deberán asistir a 2/ano, o que supón 6 encontros/3anos e un total de 24h. de formación/alumno. O alumnado con dedicación parcial asistirán ao mesmo número de encontros nos 5 anos. 3)Seminarios monográficos, alomenos 1/ano. Obrigatorios 3 de 4h. Todo isto nos 3 ou cinco anos, segundo dedicación. 4) Encontros con mozos investigadores. Un de 8h./ano (nos 3 ou 5 anos). Ademáis, a finais do 1º semester do 1º ano, todos os alumnus deberán elaborar e defender o seu Proxecto de Tese. Ao final do 1º e 2º ano todos os alumnos deberán presentar o seu Plan Anual de Investigación, e a finais do 3º, defender a súa Tese de Doutoramento. Estes prazos amplíanse en 2 anos (alumnado a tempo parcial). Procedementos de control: 1. Os asistentes terán que contestar un cuestionario que indagará os seus intereses e obxectivos de investigación, recursos bibliográficos e materiais dos que dispoñen, planificación do seu traballo de investigación, previsión de mobilidade interuniversitaria, etc. Isto formará parte do documento de actividades do doutorando (DADE) que revisarán tanto o director da tese como o titor, e avaliará a Comisión. 2. O alumnado participante elaborará, en grupo, un documento de reflexión e análise crítica, de síntese de novas ideas e, propostas sobre o proxecto presentado seguindo un guión con cuestión suscitadas polo IP do proxecto. Será avaliado polo IP e os membros designados por Universidade. 3. Control individual de asistencia á actividade. Os asistentes presentarán un resumo das sesión ás que asistiron cunha valoración persoal segundo a liña da súa investigación. 4. O alumnado realizará un traballo baseado nos contidos do seminario, polo que se comprobará o seu grado de comprensión e capacidade para deseñar de crear alternativas innovadoras e críticas ás investigación suscitadas polos expertos. Aqueles que participen activa e satisfactoriamente, recibirán un certificado avalado polo programa.

Compromiso documental de supervisión

Especifica a relación académica entre o doutorando e a Universidade, os seus dereitos e deberes, incluídos os posibles dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial derivados da investigación, así como a aceptación do procedemento de resolución de conflitos e a súa duración. Inclúe tamén os deberes do/a titor/a do doutorando e do seu director ou directora de tese.

O devandito compromiso será asinado por unha representación específica designada pola universidade, o/a titor/a e o doutorando, nun prazo máximo dun mes que comezará a contar desde a data da matrícula, mentres que a sinatura do/a director/a se incorporará no momento da súa designación.

Este compromiso de supervisión engadirase ao documento de actividades do doutorando no momento da súa sinatura por todas as persoas implicadas.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 31: Compromiso de supervisión.

Plan de investigación

Nun prazo de seis meses logo da matrícula, o estudante elaborará un Plan de Investigación que incluirá a metodoloxía, os obxectivos, os medios e a planificación temporal. O plan presentarase avalado co informe do director e/ou titor e deberá ser aprobado pola CAPD. Este plan poderá mellorarse no proceso de avaliación anual contando co aval do director e/ou titor.

Anualmente, a CAPD avaliará o Plan de Investigación, xunto cos informes que a tal efecto deberán emitir o titor/a e/ou o director/a, e o documento de actividades. A avaliación positiva será requisito indispensable para continuar no programa. En caso de avaliación negativa, o estudante elaborará un novo Plan que será avaliado no prazo de seis meses. En caso de nova avaliación negativa, causará baixa definitiva no programa.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 30: Plan de investigación.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.