Programa Oficial de Doutoramento en Biotecnoloxía Avanzada

2023/2024

Que se aprende

O ámbito de investigación centrarase nos tres sectores máis importantes da biotecnoloxía (ambiental, sanitario e agralimentario).

Entre as liñas de investigación do programa atópanse as seguintes:

  • Tratamento e biotransformación de efluentes industriais (augas, gases) en bioprodutos
  • Xestión e tratamento de residuos orgánicos, compostaxe, minimización de residuos e tecnoloxías limpas
  • Biobancos
  • Procura, expresión, produción e enxeñaría de proteínas con aplicacións biotecnolóxicas
  • Tratamento biotecnolóxico de residuos industriais
  • Mecanismos fisiolóxicos da resistencia a enfermidades e ao desenvolvemento das plantas
  • Estudo de compostos nutracéuticos en cultivos hortícolas
  • Bioloxía de sistemas
  • Investigación interdisciplinaria relacionada co control de calidade e avaliación de características fisicoquímicas de combustibles e lubricantes
  • Aplicación da xestión da calidade total e a prevención de riscos a distintos ámbitos
  • Desenvolvemento e emprego de marcadores moleculares e estudos cromosómicos para análises de poboacións
  • Reconstrución de xenealoxías e filoxenias
  • Biotecnoloxía microbiana
  • Biotecnoloxía vexetal
  • Biotecnoloxía sanitaria
  • Bioprocesos aplicados á química verde e ao medio ambiente
  • Ferramentas analíticas para a análise e confirmación de compostos químicos de interese biotecnolóxico
  • Bioelectroanálise: eléctrodos modificados, bionanotecnoloxia e aplicacións
  • Obtención de novos compostos e nanomateriais con aplicación a nivel biolóxico

O Programa de Doutoramento de Biotecnoloxía Avanzada é un programa interuniversitario, no que participan 36 doutores, distribuídos nos seguintes equipos:

  • Equipo de Bioquímica. Universidade da Coruña
  • Equipo de Biotecnoloxía . Universidade da Coruña
  • Equipo de Fisioloxía Vexetal. Universidade da Coruña
  • Equipo de Química Orgánica e Bioloxía Molecular. Universidade da Coruña
  • Equipo de Combustibles. Universidade da Coruña
  • Equipo de Xenética. Universidade da Coruña
  • Equipo de Biotecnoloxía. Universidade de Vigo
  • Equipo de Bioprocesos. Universidade de Vigo
  • Equipo de Análise e Novas Tecnoloxías. Universidade de Vigo
O programa ten unha dimensión

interuniversitaria e internacional, que se sustenta nas diversas colaboracións establecidas polos grupos de investigación a nivel nacional e internacional.

Competencias xenéricas

  • CB11 - Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co devandito campo.
  • CB12 - Capacidade de concibir, deseñar ou crear, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.
  • CB13 - Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.
  • CB14 - Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
  • CB15 - Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.
  • CB16 - Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.
  • CA01 - Desenvolverse en contextos nos que hai pouca información específica.
  • CA02 - Atopar as preguntas chave que hai que responder para resolver un problema complexo.
  • CA03 - Deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos novos e innovadores no seu ámbito de coñecemento.
  • CA04 - Traballar tanto en equipo como de maneira autónoma nun contexto internacional ou multidisciplinar.
  • CA05 - Integrar coñecementos, enfrontarse á complexidade e formular xuízos con información limitada.
  • CA06 - A crítica e defensa intelectual de solucións.

Competencias específicas

  • CE1 - Demostrar unha comprensión sistemática nalgunha das especialidades da biotecnoloxía: branca (ambiental), verde (agroalimentaria) e/ou vermella (biomédica/sanitaria), así como co dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados coas devanditas especialidades.
  • CE2 - Concibir, deseñar, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación con seriedade académica.
  • CE3 - Realizar unha contribución a través dunha investigación orixinal que amplíe as fronteiras do coñecemento nalgunha das liñas de investigación en biotecnoloxía, desenvolvendo un corpus substancial do que, polo menos parte, mereza a publicación referenciada a nivel nacional ou internacional.
  • CE4 - Ser capaz de divulgar a propia investigación en publicacións referenciadas a nivel nacional ou internacional.
  • CE5 - Demostrar capacidade para realizar e dirixir investigacións e desenvolvementos relacionados co sector biotecnolóxico.

Saídas profesionais e académicas

Saídas profesionais e académicas

Preténdese formar profesionais altamente cualificados preparados para cubrir a demanda do crecente número de empresas biotecnolóxicas e que sexan capaces de realizar unha tarefa investigadora de calidade, de proxección internacional e que lideren no futuro os grupos de investigación e os departamentos de I+D+i de centros públicos e empresas privadas.

Empresas e institucións colaboradoras

  • Instituto de Investigación Biomédica (INIBIC)
  • Centro Investigacións, Agrarias (CIAM)
  • CSIC-Instituto de Investigacións Mariñas (IIM)
  • Existen convenios de colaboración asinados entre estas entidades e a UDC.

Liñas de investigación

Estas son as liñas de investigación principáis deste programa de doutoramento:

  • Aplicación de la Gestión de la calidad total y la prevención de riesgos a distintos ámbitos
  • Biobancos
  • Bioelectroanálisis: electrodos modificados, bionanotecnologia y aplicaciones
  • Biología de sistemas
  • Bioprocesos aplicados a la química verde y al medio ambiente
  • Biotecnología Microbiana
  • Biotecnología Sanitaria
  • Biotecnología Vegetal
  • Búsqueda, expresión, producción e ingeniería de proteínas con aplicaciones biotecnológicas
  • Desarrollo y empleo de marcadores moleculares y estudios cromosómicos para análisis de poblaciones
  • Estudio de compuestos nutracéuticos en cultivos hortícolas
  • Gestión y tratamiento de residuos orgánicos, Compostaje, Minimización de residuos y tecnologías limpias
  • Herramientas analíticas para el análisis y confirmación de compuestos químicos de interés biotecnológico
  • Investigación interdisciplinaria relacionada con el control de calidad y evaluación de características fisicoquímicas de combustibles y lubricantes
  • Mecanismos fisiológicos de la resistencia a enfermedades y el desarrollo de las plantas
  • Obtención de nuevos compuestos y nanomateriales con aplicación a nivel biológico
  • Reconstrucción de genealogías y filogenias
  • Tratamiento Biotecnológico de residuos industriales
  • Tratamiento y biotransformación de efluentes industriales (aguas, gases) en bioproductos

Planificación do ensino

Complementos de formación específicos

No caso de que o doutorando careza da formación previa completa esixida no programa, a súa admisión no programa poderá quedar condicionada á superación de complementos de formación específicos, que poderán ser materias ou módulos de máster e grao. Os complementos asignados a un mesmo doutorando non poderán superar os 15 créditos ECTS e poderán realizarse de forma previa ou simultánea á matrícula en tutela académica no programa.

No caso de realización simultánea o alumnado deberá matricularse destes complementos no momento de formalizar a matrícula de tutela académica no programa, que deberán superarse no prazo máximo de tres cuadrimestres consecutivos. De non facelo así, o alumnado causará baixa no programa.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 16: Admisión.

complementos créditos
Enxeñería Xenética e Transxénica 4,5
Enxeñería Celular e Tisular 3
Xenómica e Proteómica 4,5
Biotecnoloxía Industrial 6
Procesos e Produtos Biotecnolóxicos 3
Técnicas de aplicación en Biotecnoloxía 6

Actividades formativas da EIDUDC

Actividades formativas da EIDUDC

Actividades formativas do programa

ACTIVIDADES OBRIGATORIAS

  • Seminarios: un seminario anual, mínimo, de 10 horas, organizado polo programa de doutoramento/Universidade.
  • Congresos científicos: participación en polo menos un congreso, preferentemente durante o segundo ou terceiro curso.
  • Artigo/capítulo de libro científico: un artigo/capítulo de libro, mínimo, redactado preferentemente durante o segundo ou terceiro curso.

ACTIVIDADES OPTATIVAS

  • Estancias en centros de investigación: realización de estancias en centros de investigación estranxeiros, preferentemente de tres meses como mínimo.

Compromiso documental de supervisión

Especifica a relación académica entre o doutorando e a Universidade, os seus dereitos e deberes, incluídos os posibles dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial derivados da investigación, así como a aceptación do procedemento de resolución de conflitos e a súa duración. Inclúe tamén os deberes do/a titor/a do doutorando e do seu director ou directora de tese.

O devandito compromiso será asinado por unha representación específica designada pola universidade, o/a titor/a e o doutorando, nun prazo máximo dun mes que comezará a contar desde a data da matrícula, mentres que a sinatura do/a director/a se incorporará no momento da súa designación.

Este compromiso de supervisión engadirase ao documento de actividades do doutorando no momento da súa sinatura por todas as persoas implicadas.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 31: Compromiso de supervisión.

Plan de investigación

Nun prazo de seis meses logo da matrícula, o estudante elaborará un Plan de Investigación que incluirá a metodoloxía, os obxectivos, os medios e a planificación temporal. O plan presentarase avalado co informe do director e/ou titor e deberá ser aprobado pola CAPD. Este plan poderá mellorarse no proceso de avaliación anual contando co aval do director e/ou titor.

Anualmente, a CAPD avaliará o Plan de Investigación, xunto cos informes que a tal efecto deberán emitir o titor/a e/ou o director/a, e o documento de actividades. A avaliación positiva será requisito indispensable para continuar no programa. En caso de avaliación negativa, o estudante elaborará un novo Plan que será avaliado no prazo de seis meses. En caso de nova avaliación negativa, causará baixa definitiva no programa.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 30: Plan de investigación.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.