Logo da Universidade da Coruña

Programa Oficial de Doutoramento en Ciencias da Saúde

2016/2017

Que se aprende

Os últimos avances na investigación en ciencias da saúde: metodoloxía, resultados, aplicación clínicas etc.

A formación de cada estudante é establecida polos directores, responsables das actividades que o alumno debe desenvolver ao longo da preparación do seu traballo de tese.

Competencias xenéricas

Competencias

  • Comprensión sistemática dun campo de estudo do ámbito das ciencias da saúde e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados
  • Capacidade de concibir, deseñar ou crear, poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación
  • Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal
  • Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas
  • Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.
  • Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento
  • Desenvolverse en contextos nos que hai pouca información específica
  • Atopar as preguntas chave que hai que responder para resolver un problema complexo no ámbito das ciencias da saúde.
  • Deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos novos e innovadores no seu ámbito de coñecemento
  • Traballar tanto en equipo como de xeito autónomo nun contexto internacional ou multidisciplinar
  • Integrar coñecementos, enfrontarse á complexidade e formular xuízos con información limitada
  • A crítica e defensa intelectual de solucións
  • Saber identificar a pregunta de investigación correcta para realizar un proxecto de investigación con resultados significativos
  • Saber determinar a metodoloxía de investigación correcta para abordar unha investigación no ámbito das ciencias da saúde
  • Saber afrontar un proceso de investigación prestando especial atención a aspectos ético-legais, incluíndo a confidencialidade dos dados no marco da investigación no ámbito das ciencias da saúde
  • Saber realizar unha contribución orixinal e significativa

Competencias específicas

  • Comprender a investigación no ámbito das ciencias da saúde: saber manexar os datos característicos da investigación en saúde
  • Saber obter e analizar datos epidemiolóxicos para resolver cuestións de investigación no ámbito das ciencias da saúde/li>
  • Coñecer e saber aplicar as principais técnicas estatísticas (descritiva e inferencia) para a obtención de datos significativos no ámbito das ciencias da saúde/li>
  • Ser competente en avaliar a evidencia científica e en aplicala na adecuada atención sanitaria dos pacientes./li>
  • Ser capaz de integrarse en equipos interdisciplinais para a abordaxe de problemas complexos/li>
  • Saber utilizar todos os medios técnicos dispoñibles e necesarios para realizar un traballo de investigación/li>
  • Coñecer e saber empregar as principais ferramentas informáticas de apoio a investigación

Saídas profesionais e académicas

Saídas profesionais e académicas

O título de doutor pode mellorar a situación profesional do estudante, dando acceso a unha actividade investigadora autónoma.

Facilita a dirección de proxectos e o acceso a convocatorias de captación de fondos públicos exclusiva para doutores.

Empresas e institucións colaboradoras

Este programa é desenvolvido conxuntamente entre a Universidade da Coruña, o Instituto de Investigación Biomédica de A Coruña (INIBIC) e o Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC) para o cal hai convenios de colaboración entre as institucións.

O profesorado do programa pertence a algunha destas tres institucións.

Liñas de investigación

Estas son as liñas de investigación principáis deste programa de doutoramento:

  • Bases moleculares de la resistencia a los antimicrobianos
  • Biomarcadores de las enfermedades cardiovasculares
  • Búsqueda de biomarcadores diagnóstico y pronóstico terapéutico en la Artritis Reumatoide y Artrosis
  • Cardiopatía isquémica
  • Cardiopatías familiares y genética cardiovascular
  • Cirugía oral y maxilofacial
  • Daño del ADN (Toxicogenética)
  • Dermatosis crónica y tumores cutáneos malignos
  • Ecografía de stress y enfermedad coronaria
  • Endocrinología y Metabolismo (especial interés en obesidad y en neuroendocrinología)
  • Epidemiología Clinica y poblacional e investigación de resultados en el área cardiovascular
  • Epidemiología y Salud Pública
  • Espondiloartritis, Espondilitis Anquilosante y Artritis Psoriásica
  • Expresión proteica de daño cardiaco en modelos animales
  • Gerontología y Geriatría
  • Hepatología: Hepatocarcinoma, Hepatopatía Virus C - Enfermedad hepática por depósito de grasa
  • Imagen médica diagnóstica
  • Infecciones corneales y glaucoma
  • Insuficiencia cardiaca y transplante cardiaco
  • Investigación en Ciencias Sociosanitarias
  • Lesiones carotídeas como marcador de enfermedad y comorbilidad
  • Mecanismos de daño y reparación de los tejidos en enfermedades asociadas al envejecimiento. Efectos de una dieta antioxidante
  • Mecanismos moleculares implicados en la progresión tumoral de carcinomas
  • Post-procesado de imagen médica digital
  • Reparación de las lesiones de cartílago y óseas mediante el implante de células madre
  • SIDA
  • Sulfuro de hidrógeno y aguas mineromedicinales como agentes antiinflamatorios y antioxidantes
  • TIC y discapacidad. Desarrollo de tecnologías de apoyo
  • Trastornos de la hemostasia
  • Tratamiento de la información visual en el estudio y diagnóstico clínico

Planificación do ensino

Complementos de formación específicos

No caso de que o doutorando careza da formación previa completa esixida no programa, a súa admisión no programa poderá quedar condicionada á superación de complementos de formación específicos, que poderán ser materias ou módulos de mestrado e grao. Os complementos asignados a un mesmo doutorando non poderán superar os 15 créditos ECTS e poderán realizarse de forma previa ou simultánea á matrícula en tutela académica no programa.

No caso de realización simultánea o alumnado deberá matricularse destes complementos no momento de formalizar a matrícula de tutela académica no programa, que deberán superarse no prazo máximo de tres cuadrimestres consecutivos. De non facelo así, o alumnado causará baixa no programa.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 16: Admisión.

complementos créditos
Preparación dun Proxecto de Investigación I: Busca de Información 3
Preparación dun Proxecto de Investigación II: Desenvolvemento 3
Xestión da Investigación sanitaria 3
Aspectos éticos e xurídicos na investigación en Ciencias da Saúde 3
Metodoloxía da Investigación en Xerontoloxía 6
O proxecto de investigación en Xerontoloxía 3
Preparación dun Proxecto de Investigación I 3
Preparación dun Proxecto de Investigación II 3

Actividades formativas da EIDUDC

 

Actividades formativas da EIDUDC

Actividades formativas do programa

Compromiso documental de supervisión

Especifica a relación académica entre o doutorando e a Universidade, os seus dereitos e deberes, incluídos os posibles dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial derivados da investigación, así como a aceptación do procedemento de resolución de conflitos e a súa duración. Inclúe tamén os deberes do/a titor/a do doutorando e do seu director ou directora de tese.

O devandito compromiso será asinado por unha representación específica designada pola universidade, o/a titor/a e o doutorando, nun prazo máximo dun mes que comezará a contar desde a data da matrícula, mentres que a sinatura do/a director/a se incorporará no momento da súa designación.

Este compromiso de supervisión engadirase ao documento de actividades do doutorando no momento da súa sinatura por todas as persoas implicadas.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 31: Compromiso de supervisión.

Plan de investigación

Nun prazo de seis meses logo da matrícula, o estudante elaborará un Plan de Investigación que incluirá a metodoloxía, os obxectivos, os medios e a planificación temporal. O plan presentarase avalado co informe do director e/ou titor e deberá ser aprobado pola CAPD. Este plan poderá mellorarse no proceso de avaliación anual contando co aval do director e/ou titor.

Anualmente, a CAPD avaliará o Plan de Investigación, xunto cos informes que a tal efecto deberán emitir o titor/a e/ou o director/a, e o documento de actividades. A avaliación positiva será requisito indispensable para continuar no programa. En caso de avaliación negativa, o estudante elaborará un novo Plan que será avaliado no prazo de seis meses. En caso de nova avaliación negativa, causará baixa definitiva no programa.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 30: Plan de investigación.

Profesorado

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.