Logo da Universidade da Coruña

Programa Oficial de Doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Ambiental

2015/2016

Que se aprende

No Programa de Doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Ambiental é posible abordar a investigación en todos os ámbitos científico-tecnolóxicos relacionados co medio como se amosa na seguinte relación de liñas de investigación:

  • Caracterización e monitorización de contaminantes ambientais. Calidade do ar, augas, medio mariño. Seguridade alimentaria.
  • Educación ambiental: aspectos químico-analíticos.
  • Vixilancia radiolóxica ambiental.
  • Radón nas vivendas en Galicia.
  • Aplicación de zonas húmidas construidas para tratamento de efluentes domésticos e industriais.
  • Aproveitamento químico de biomasa vexetal.
  • Dereito ambiental.
  • Calidade do solo.
  • Estudo da resposta a metais pesados en microalgas.
  • Eliminación/recuperación de metais ecotóxicos en efluentes mediante combinación de técnicas electroquímicas e biolóxicas.
  • Cálculos de especiación química no ámbito da xeoquímica, oceanografía e augas naturais en xeral.
  • Degradación de compostos de interese ambiental.
  • Elucidación de mecanismos de oxidación de compostos de interese ambiental.
  • Enerxías renovables.
  • Tecnoloxías biopelícula de depuración de augas residuais.
  • Tecnoloxías de depuración de augas residuais en pequenos núcleos.
  • Modelización de procesos de depuración de augas residuais.

Todas estas liñas de investigación encádranse perfectamente no programa Horizon 2020 da Unión Europea.

A realización da tese de doutoramento nas citadas liñas de investigación e/ou variacións súas pode levarse a cabo no seo dos seguintes grupos de investigación:

  • Química Analítica Aplicada -QANAP-
  • Enxeñaría Química Ambiental –EnQA-
  • Xeoloxía
  • Microalgas -MICROALGAE-
  • Fisicoquímica de Augas Naturais -QUIFISAGUA-
  • Mesturas -MESTURAS-
  • Reactividade Química e Fotorreactividade -REAFOTOCON-
  • Dereito Ambiental
  • Radioactividade Ambiental
  • Enxeñaría da Auga e do Medio Ambiente -GEAMA-

Competencias xenéricas

CB1 - Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co devandito campo.

CB2 - Capacidade de concibir, deseñar ou crear, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.

CB3 - Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.

CB4 - Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.

CB5 - Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica, e coa sociedade en xeral, acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.

CB6 - Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.

CA01 - Desenvolverse en contextos nos que hai pouca información específica.

CA02 - Atopar as preguntas chave que hai que responder para resolver un problema complexo.

CA03 - Deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos novos e innovadores no seu ámbito de coñecemento.

CA04 - Traballar tanto en equipo como de maneira autónoma nun contexto internacional ou multidisciplinar.

CA05 - Integrar coñecementos, enfrontarse á complexidade e formular xuízos con información limitada.

CA06 - A crítica e defensa intelectual de solucións.

Competencias específicas

CE1. Comprender e diagnosticar as distintas problemáticas ambientais asociadas cos compartimentos ambientais obxecto do traballo de investigación, así como propor posibles solucións.

CE2. Comprender e/ou profundar no coñecemento dos fenómenos de transporte, difusión e transformación de contaminantes en relación co obxecto de investigación do traballo.

CE3. Comprender, dominar e/ou innovar nas distintas técnicas avanzadas de análises e/ou caracterización de contaminantes presentes no medio.

CE4. Comprender, dominar e/ou innovar nas tecnoloxías avanzadas de eliminación ou diminución da contaminación.

CE5. Comprender, dominar e/ou innovar nas técnicas avanzadas de redución do impacto ambiental, así como para realizar estudos sobre este, e/ou sobre o control da calidade ambiental.

CE6. Coñecer, comprender e sabe aplicar a lexislación e normativa relacionada co medio ambiente.

CE7. Ser capaz de asesorar e innovar científica e tecnolóxicamente, e realizar transferencia de coñecemento no ámbito das empresas e administracións.

CE8 - Ser capaz de deseñar, dirixir e xestionar estudos orientados a resolver problemas ambientais.

CE9 - Ser capaz de traballar de forma segura nos laboratorios de investigación avanzados, coñecer e aplicar as normas de hixiene, así como de saber actuar ante os posibles incidentes de risco.

Saídas profesionais e académicas

Saídas profesionais e académicas

Como resultado da formación científico-tecnolóxica recibida, os/as doctores/as formados no programa de doutoramento Ciencia e Tecnoloxía Ambiental estarán preparados para acceder o mercado laboral tanto no eido profesional como no académico.

Saídas profesionais

  • Incorporación, e no seu caso dirección, en empresas do sector ambiental (nivel local, autonómico, nacional e/ou internacional).
  • Integración, e no seu su caso dirección, no departamento de I+D+i tanto de empresas do sector ambiental como da administración pública (nivel local, autonómico, nacional e/ou internacional).
  • Incorporación, e no seu su caso dirección, no departamento de xestión ambiental de empresas de diversos sectores produtivos (nivel local, autonómico, nacional e/ou internacional).
  • Integración, e no seu caso dirección, no departamento de xestión ambiental de organismos públicos (nivel local, autonómico, nacional e/ou internacional).
  • Emprendemento no eido da ciencia e da tecnoloxía ambiental (nivel local, autonómico, nacional e/ou internacional).
  • Dirección e/ou asesoramento técnico de ONGs orientadas á protección do medio ambiente (nivel local, autonómico, nacional e/ou internacional).
  • Incorporación a grupos de investigación de institucións de I+D+i do sector ambiental, tanto públicas como privadas (nivel autonómico, nacional e/ou internacional).
  • Dirección e desenvolvemento de proxectos I+D+i no eido da ciencia e da tecnoloxía ambiental (nivel autonómico, nacional e/ou internacional).

Saídas académicas

  • Profesor universitario en diferentes departamentos.
  • Profesor de ensinanza primaria e/ou secundaria.

Empresas e institucións colaboradoras

Entidades que colaboran no programa de doutoramento coas que existe un convenio de colaboración asinado:

  • Colexio de Químicos de Galicia
  • Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC)
  • Universitatea din Bucuresti (Romanía)
  • Fatih Universitesi (Turquía)
  • Vrije Universiteit Brussel (Bélxica)
  • Université de Bretagne Occidentale (Francia)
  • Universitatea de Vest din Timisoara (Romanía)
  • Universidad Nacional del Litoral (Santa Fe - Arxentina)
  • Universidade do Estado de Santa Catarina (Brasil)

Participación en redes de investigación:

  • Red Española de Compostaje (REC)
  • Rede Galega de Líquidos Iónicos (REGALIS)

Grupos de investigación/investigadores que colaboran no programa de doutoramento:

  • Colaboración co grupo Grupo QANAP. Coordinador: Dr. Darío Prada Rodríguez
    • Instituto del Agua de la Región Norte de Portugal-IAREN y Universidad de Porto (Portugal)
    • Departamento de Calidade das Augas-Universidade Técnica de Berlín e Instituto de Investigación Ambiental-UFZ, Leipzig (Alemaña)
    • Department of Chemistry and Biosciences, Chalmers University of Technology, Göteborg (Suecia)
    • Institute for Nuclear Sciences (INW), Gante, (Bélxica)
    • Università degli Sutdi di Friese- Dipartimento di Biología Animale e Genetica “Leopardi” (Italia)
    • Organization for the Development of the Western Crete (Grecia)
    • Instituto Sant’Anna Pisa (Italia)
    • Laboratorio de Ensayos de Desarrollo Farmacéutico-Universidad Nacional Autónoma de México (UNAM) (México)
    • Australian Center for Research on Separation Science (ACROSS-University of Tasmania (Australia)
    • Departamento de Química-Universidade Nova de Lisboa (Portugal)
    • Dipartimento di

Liñas de investigación

Estas son as liñas de investigación principáis deste programa de doutoramento:

  • Aplicación de humedales construidos para tratamiento de efluentes domésticos e industriales
  • Aprovechamiento químico de biomasa vegetal
  • Cálculos de especiación química en el ámbito de la geoquímica,oceanografía y aguas naturales en general.
  • Calidad del suelo
  • Caracterización y monitorización de contaminantes ambientales. Calidad de aire, aguas, medio marino. Seguridad alimentaria
  • Degradación de compuestos de interés ambiental
  • Derecho ambiental
  • Educación Ambiental: Aspectos químico-analíticos
  • Eliminación/Recuperación metales ecotóxicos en efluentes mediante combinación de técnicas electroquímicas y biológicas.
  • Elucidación de mecanismos de oxidación de compuestos de interés ambiental
  • Energías renovables
  • Estudio de la respuesta a metales pesados en microalgas
  • Modelación de procesos de depuración de aguas residuales
  • Radón en las viviendas en Galicia
  • Tecnologías biopelícula de depuración de aguas residuales
  • Tecnologías de depuración de aguas residuales en pequeños núcleos
  • Vigilancia radiológica ambiental

Planificación do ensino

Complementos de formación específicos

No caso de que o doutorando careza da formación previa completa esixida no programa, a súa admisión no programa poderá quedar condicionada á superación de complementos de formación específicos, que poderán ser materias ou módulos de mestrado e grao. Os complementos asignados a un mesmo doutorando non poderán superar os 15 créditos ECTS e poderán realizarse de forma previa ou simultánea á matrícula en tutela académica no programa.

No caso de realización simultánea o alumnado deberá matricularse destes complementos no momento de formalizar a matrícula de tutela académica no programa, que deberán superarse no prazo máximo de tres cuadrimestres consecutivos. De non facelo así, o alumnado causará baixa no programa.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 16: Admisión.

Actividades formativas da EIDUDC

Actividades formativas da EIDUDC

Actividades formativas do programa

1. Redacción e publicación de artigos e/ou publicacións científicas.

    Unha das actividades esenciais asociada á actividade investigadora é a comunicación dos resultados ao resto da comunidade científica. Unha vez obtidos os primeiros resultados de investigación suficientes para a elaboración dun artigo ou publicación científica indicaránselle ao estudante as directrices xerais para a súa redacción.

    De forma xenérica está prevista a publicación de polo menos tres publicacións durante o tempo de realización da tese de doutoramento, unha por ano; sendo o inglés o idioma preferente. Asúmese que esta actividade formativa implica unha ocupación horaria dunhas 300 horas (100 h por publicación).

    A validación desta actividade farase coa propia publicación, ou, no seu caso, a comunicación de aceptación definitiva por parte do editor da publicación.

2. Estadías en centros de I+D (+i).

    A estadía noutros centros de investigación é unha experiencia moi enriquecedora, que permite tanto a aprendizaxe de métodos e técnicas como facilitar o achegamento a outras formas na concepción da investigación. A estadía en centros estranxeiros pode permitir obter o doutoramento coa mención internacional, sempre que a súa duración sexa a esixida pola correspondente normativa.

    Esta actividade validarase coa presentación da correspondente certificación emitida polo doutor que supervise o/a doutorando/a no centro de acollida.

    Para o financiamento desta actividade acudirase a axudas públicas e/ou privadas.

3. Participación activa en seminarios (actividade obrigatoria).

    Estes seminarios, aos que se asignan un total de 42 horas, poden ser organizados por:

    • a comisión académica do programa de doutoramento (2 por ano),
    • persoal docente e investigador participante no programa de doutoramento (4 por ano),

Compromiso documental de supervisión

Especifica a relación académica entre o doutorando e a Universidade, os seus dereitos e deberes, incluídos os posibles dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial derivados da investigación, así como a aceptación do procedemento de resolución de conflitos e a súa duración. Inclúe tamén os deberes do/a titor/a do doutorando e do seu director ou directora de tese.

O devandito compromiso será asinado por unha representación específica designada pola universidade, o/a titor/a e o doutorando, nun prazo máximo dun mes que comezará a contar desde a data da matrícula, mentres que a sinatura do/a director/a se incorporará no momento da súa designación.

Este compromiso de supervisión engadirase ao documento de actividades do doutorando no momento da súa sinatura por todas as persoas implicadas.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 31: Compromiso de supervisión.

Plan de investigación

Nun prazo de seis meses logo da matrícula, o estudante elaborará un Plan de Investigación que incluirá a metodoloxía, os obxectivos, os medios e a planificación temporal. O plan presentarase avalado co informe do director e/ou titor e deberá ser aprobado pola CAPD. Este plan poderá mellorarse no proceso de avaliación anual contando co aval do director e/ou titor.

Anualmente, a CAPD avaliará o Plan de Investigación, xunto cos informes que a tal efecto deberán emitir o titor/a e/ou o director/a, e o documento de actividades. A avaliación positiva será requisito indispensable para continuar no programa. En caso de avaliación negativa, o estudante elaborará un novo Plan que será avaliado no prazo de seis meses. En caso de nova avaliación negativa, causará baixa definitiva no programa.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 30: Plan de investigación.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.