Logo da Universidade da Coruña

Programa Oficial de Doutoramento en Nanomedicina

2017/2018

Que se aprende

O plan de estudos deste programa inclúe:

Complementos de formación específicos:

  • • Bases fisiolóxicas e bioquímicas do organismo humano
  • • Desenvolvemento de novos materiais e as súas propiedades elementais
  • • Instrumentación nanomédica

Actividades formativas específicas:

  • • Introdución á nanotecnoloxía
  • • Asistencia a seminarios de investigación
  • • Promoción de mobilidade-estadía noutro centro de investigación
  • • Asistencia a congresos da especialidade
  • • Investigación translacional

LIÑAS DE INVESTIGACIÓN

  • • Estudo in vitro de procesos de oxidación celular-(UDC)
  • • Química de estado sólido e materiais (UDC)
  • • Modulación de transcrición e procesamento de RNA (UDC)
  • • Propiedades térmicas e reolóxicas de materiais (UDC)
  • • Magnetismo e nanotecnoloxía (USC)
  • • Nanomateriais e moléculas bioactivas (USC)
  • • Nanotecnoloxías aplicadas ao deseño de sistemas de liberación de fármacos (USC)
  • • Investigacións oncolóxicas (USC)
  • • Nanotoxicoloxía e inmunotoxicidade (UVIGO)
  • • Fabricación de nanoestruturas baseadas en nanopartículas metálicas para diagnóstico e detección (UVIGO)

Competencias xenéricas

BÁSICAS

  • CB11 - Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co dito campo.
  • CB12 - Capacidade de concibir, deseñar ou crear, poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.
  • CB13 - Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.
  • CB14 - Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
  • CB15 - Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica, e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na sua comunidade científica internacional.
  • CB16 - Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.

CAPACIDADES E DESTREZAS PERSOAIS

  • CA01 - Desenvolverse en contextos nos que haxa pouca información específica.
  • CA02 - Encontrar as preguntas chave que hai que responder para resolver un problema complexo.

    Competencias específicas

    • 1 - Ter unha visión interdisciplinaria especializada e actualizada de coñecementos e investigación no eido da nanomedicina
    • 2 - Manexar as técnicas cualitativas e cuantitativas necesarias para o deseño de experimentos no eido da nanomedicina
    • 3 - Coñecer en detalle a fronteira do coñecemento no eido da realización da tese de doutoramento e ser quen de identificar os principais retos de investigación dentro súa.
    • 4 - Ser capaz de divulgar a propia investigación en publicacións referenciadas a nivel internacional.
    • 5 - Ser capaz de se expresar e comunicarse con eficacia mediante o uso do inglés científico, tanto escrito como falado
    • 6 - Desenvolver unha cultura e actitude ética e responsable en aspectos como: a seguranza no laboratorio, a xestión de datos, publicacións, investigación animal ou humana
    • 7 - En xeral, preténdese fomentar no alumno o desenvolvemento das capacidades xenéricas e específicas necesarias para converterse nun investigador ético e cualificado capaz de realizar investigacóns de forma independente, todas elas recollidas de forma consensuada no Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior (MECES).
    • 8 - Ter coñecemento de como a nanomedicina contribúe ao desenvolvemento da industria farmacéutica
    • 9 - Ter coñecemento de como a nanomedicina contribúe á mellora asistencial dos doentes

    Saídas profesionais e académicas

    Saídas profesionais e académicas

    Como se indicou previamente a nanomedicina é unha área emerxente de grande importancia estratéxica que se agarda xogue un papel relevante no desenvolvemento, deseño e fabricación de novos equipos e materiais para o diagnóstico, tratamento e prevención de enfermidades. Require unha abordaxe multidisciplinar en que os profesionais da saúde propoñan os problemas que requiren solucións que poidan ser abordadas por profesionais da nanotecnoloxía nun dialogo permanente que permite ir axustando paso a paso os resultados obtidos aos obxectivos inicialmente formulados.

    Cabe esperar, por tanto, que nos vindeiros anos haxa demanda e oportunidades para doutores formados nesta nova disciplina, e de profesionais que podan aplicar as técnicas da nanomedicina á clínica.

    Empresas e institucións colaboradoras

    • • Instituto Ibérico de Nanotecnoloxía de Braga, co que a UDC ten asinado un convenio de colaboración
    • • Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica

    Liñas de investigación

    Estas son as liñas de investigación principáis deste programa de doutoramento:

    • Estudo in vitro de procesos de oxidación celular (UDC)
    • Fabricación de nanoestructuras basadas en nanopartículas metálicas para diagnóstico e detección
    • Interacción doos clusters atómicos cuanticos coa materia viva
    • Magnetismo e nanotecnoloxía (USC)
    • Modulación de transcripción e procesamiento de RNA (UDC)
    • Nanomateriais e moléculas bioactivas (USC)
    • Nanotecnoloxia e enfermedades infecciosas (USC)
    • Nanotoxicoloxía e inmunotoxicidade (UVigo)
    • Propiedades térmicas e reolóxicas de materiais (UDC)
    • Química de estado sólido e materiais (UDC)

    Planificación do ensino

    Complementos de formación específicos

    No caso de que o doutorando careza da formación previa completa esixida no programa, a súa admisión no programa poderá quedar condicionada á superación de complementos de formación específicos, que poderán ser materias ou módulos de mestrado e grao. Os complementos asignados a un mesmo doutorando non poderán superar os 15 créditos ECTS e poderán realizarse de forma previa ou simultánea á matrícula en tutela académica no programa.

    No caso de realización simultánea o alumnado deberá matricularse destes complementos no momento de formalizar a matrícula de tutela académica no programa, que deberán superarse no prazo máximo de tres cuadrimestres consecutivos. De non facelo así, o alumnado causará baixa no programa.

    Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 16: Admisión.

    complementos créditos
    Bases fisiolóxicas e bioquímicas do organismo humano 2
    Desenvolvemento de novos materiais e as súas propiedades elementais 2
    Instrumentación nanomédica 2

    Actividades formativas da EIDUDC

     

    Actividades formativas da EIDUDC

    Actividades formativas do programa

    • Complementos de formación:

    Dependendo da formación previa do alumno:

    • 1)bases fisiolóxicas e bioquímicas do organismo humano: 2 ECTS (estudantes das áreas: experimental e enxeñaría);
    • 2)desenvolvemento de novos materiais e as súas propiedades elementais: 2 ECTS (estudantes das áreas: sanitaria e enxeñaría);
    • 3)instrumentación nanomédica: 2 ECTS (estudantes das áreas sanitaria e experimental).

    • Actividades formativas específicas:

    - Introdución á nanotecnoloxía (40 horas). Obrigatorio.

    Curso dirixido aos estudantes do primeiro ano, e impartido en inglés no instituto INL de Braga durante unha semana con dedicación completa.

    - Asistencia a seminarios de investigación (20 horas). Obrigatorio.

    Seminarios relacionados coa temática do programa, impartidos preferentemente en inglés nas universidades participantes e noutras universidades ou institutos de investigación.

    - Promoción de mobilidade-estadía noutros centros de investigación (300 h). Obrigatorio.

    Estadía noutro centro de investigación (organismos participantes ou outras institucións) cunha duración mínima de 3 meses.

    -Asistencia a congresos da especialidade (20 horas). Optativo.

    Asistencia e presentación de resultados experimentais en eventos de comunicación científica dentro da comunidade investigadora á que pertenza o grupo de investigación ao que está adscrito o doutorando.

    - Investigación translacional (30 horas). Optativo.

    Estadías de investigación dunha semana e con dedicación completa na Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica (FPGMX) para coñecer de primeira man a aplicación da nanotecnoloxía no diagnóstico médico, e dirixidas aos estudantes con proxecto de tese relacionado con algunha das liñas de investigación desenvolvidas na dita fundación.

    Compromiso documental de supervisión

    Especifica a relación académica entre o doutorando e a Universidade, os seus dereitos e deberes, incluídos os posibles dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial derivados da investigación, así como a aceptación do procedemento de resolución de conflitos e a súa duración. Inclúe tamén os deberes do/a titor/a do doutorando e do seu director ou directora de tese.

    O devandito compromiso será asinado por unha representación específica designada pola universidade, o/a titor/a e o doutorando, nun prazo máximo dun mes que comezará a contar desde a data da matrícula, mentres que a sinatura do/a director/a se incorporará no momento da súa designación.

    Este compromiso de supervisión engadirase ao documento de actividades do doutorando no momento da súa sinatura por todas as persoas implicadas.

    Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 31: Compromiso de supervisión.

    Plan de investigación

    Nun prazo de seis meses logo da matrícula, o estudante elaborará un Plan de Investigación que incluirá a metodoloxía, os obxectivos, os medios e a planificación temporal. O plan presentarase avalado co informe do director e/ou titor e deberá ser aprobado pola CAPD. Este plan poderá mellorarse no proceso de avaliación anual contando co aval do director e/ou titor.

    Anualmente, a CAPD avaliará o Plan de Investigación, xunto cos informes que a tal efecto deberán emitir o titor/a e/ou o director/a, e o documento de actividades. A avaliación positiva será requisito indispensable para continuar no programa. En caso de avaliación negativa, o estudante elaborará un novo Plan que será avaliado no prazo de seis meses. En caso de nova avaliación negativa, causará baixa definitiva no programa.

    Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 30: Plan de investigación.

    Profesorado

    Accións para a mobilidade do estudantado

    A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

    Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

    As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

    As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.